Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 29, 2011

A semana do luns 25 de abril ao martes 3 de maio alumnado de intercambio dos institutos de Terni, Italia e Ronne, Dinamarca visitan o IES A Sangriña e a súa contorna. Realizando unha serie de actividades entre as que destacan a de piragüismo, visitas a Santiago, o monte Tegra e as illas Cíes.

Start: 29/04/2011 00:00

O venres 29, os alumnos dos proxectos Comenius de 1º e 2º de Bacharelato participaron, xunto cos seus correspondentes italianos e daneses, nunha excursión ás illas Cíes. A espléndida xornada rematou cunha animada cea no instituto organizada polas nais e pais participantes. Os daneses regresan a Bornholm o luns, mentres que os italianos aínda estarán no centro ata o martes, cando regresarán a Terni.

Start: 29/04/2011 20:30
End: 29/04/2011 22:30

O venres 29 de abril de 2011, ás oito e media da tarde, representouse a primeira obra da 5ª Mostra de Teatro do Miño, BRANDOS COSTUMES, da Assoc. Cult. da Juventude Povoense, de Póvoa de Lanhoso. Presentada por Borja Araújo e Ricardo Dorado, do Teatro do Falabarato.

Start: 29/04/2011 22:00
End: 29/04/2011 23:00

Sábado Abril 30, 2011

A semana do luns 25 de abril ao martes 3 de maio alumnado de intercambio dos institutos de Terni, Italia e Ronne, Dinamarca visitan o IES A Sangriña e a súa contorna. Realizando unha serie de actividades entre as que destacan a de piragüismo, visitas a Santiago, o monte Tegra e as illas Cíes.

Domingo Maio 01, 2011

Start: 26/04/2011 19:00
End: 01/05/2011 21:30
cartel mostra
Start: 01/05/2011 00:00
O pasado Domingo 1 de Maio, celebrouse na cidade de Ferrol o LXVIII campionato de España de bateis, no que competiron as comunidades de Galicia, Euskadi, Asturias e Cantabria. Na categoría de xuvenís feminas, a tripulación guardesa composta por Silvia Loureiro Lomba, Cristina Araújo Acevedo, Laura Lomba González, Ángela Castro Álvarez, Silvia Pérez Rodríguez, Carla Pombal Domínguez e como timonel Iván Verde Martínez, proclamouse campiona de España, aínda que é importante dicir que gañaron nunha boia que se atopába desprazada 8 metros cara atrás con respeto ás outras, que fan un total de 32 metros máis que esta tripulación tivo que remar. Nesta boia a embarcación guardesa foi a única do campionato que se proclamou vencedora. O equipo das xuvenís do C.R. Robaleira xa conseguira o ano pasado o campionato galego e o subcampionato de España, e este ano conseguiron ser vencedoras no territorial, gañadoras do campionato gaelgo, e por suposto o 1º posto no campionato de España.
O equipo de infantís deste club tamén acadou o segundo posto no campionato galego e a medalla de bronce no campionato de España.
 Noraboa a todo o equipo e noraboa ao C.R.Robaleira, por deixar a tan alto nivel o deporte guardés e á vila de A Guarda, esperamos que sigades con estes grandes logros!
Start: 01/05/2011 16:00
End: 01/05/2011 23:00

O 1 de maio, pechouse a 5ª MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO no IES A Sangriña.
 
Durante estes días, numeroso público tivo a ocasión de asistir ás representacións que se ofreceron en Goián, O Rosal e A Guarda. Todas as obras seleccionadas para esta Mostra, aínda sendo de teatro amador, deixáronnos impresionados pola súa extraordinaria calidade con traballos interpretativos dignos  dos mellores actores e actrices do teatro e cine profesional.
 
O sábado tivemos ocasión de ver OS PECADOS CAPITAIS,
do grupo Gargallada, do Barco de Valdeorras, que foi representada no auditorio d’O Rosal. Tamén A VISITA DA VELLA DAMA, de Vichelocrego Teatro, de Gondomar, no auditorio de Goián.
 
O domingo tivemos unha variada oferta, que comezou ás catro da tarde no auditorio de Goián, onde o alumnado do IES A Sangriña ofreceu, fóra de concurso, a obra A RAÍÑA CATARINA E AS SÚAS FILLAS,  baseada na adaptación de Eduardo Alonso e Cándido Pazó do REI LEAR  de Shakespeare.
A continuación puidemos asistir ás AVENTURAS E DESVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO DA PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS no auditorio d’O Rosal. A obra que pechou a Mostra foi RRHH (O MÉTODO), que representou n’A Sangriña o grupo de Narón O Aturuxo de Melpómene.
 
No acto de peche ofrecéronnos actuacións musicais alumnos e alumnas do IES A Sangriña cos profesores Alfredo Garrido e Nuria Vázquez. Tamén as pandeireteiras SAE A LÚA nos deleitaron con varias das súas cántigas.
 
Finalmente, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas anunciou o nome da obra que recibiu este ano o premio do público: AVENTURAS E DESVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO DA PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS, do IES Vilar Ponte de Viveiro.

Luns Maio 02, 2011

A semana do luns 25 de abril ao martes 3 de maio alumnado de intercambio dos institutos de Terni, Italia e Ronne, Dinamarca visitan o IES A Sangriña e a súa contorna. Realizando unha serie de actividades entre as que destacan a de piragüismo, visitas a Santiago, o monte Tegra e as illas Cíes.

Martes Maio 03, 2011
Start: 25/04/2011 21:00
End: 03/05/2011 08:20

A semana do luns 25 de abril ao martes 3 de maio alumnado de intercambio dos institutos de Terni, Italia e Ronne, Dinamarca visitan o IES A Sangriña e a súa contorna. Realizando unha serie de actividades entre as que destacan a de piragüismo, visitas a Santiago, o monte Tegra e as illas Cíes.

Mércores Maio 04, 2011
Xoves Maio 05, 2011
Venres Maio 06, 2011
Sábado Maio 07, 2011
Domingo Maio 08, 2011
Luns Maio 09, 2011
Martes Maio 10, 2011
Mércores Maio 11, 2011
Xoves Maio 12, 2011
Venres Maio 13, 2011
Start: 13/05/2011 11:00
End: 13/05/2011 14:00

O venres 13 de maio alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO participaron na charla en inglés que impartíu a profesora Fleur Wallington sobre unha viaxe a Etiopía. A actividade e promovida dende os departamentos participantes nas seccións bilingües: Dpto. Inglés, Dpto Debuxo, Dpto. Matemáticas, Dpto. Educación física e Dpto. Música.

Start: 13/05/2011 11:00
End: 13/05/2011 14:00

O venres 13 de maio alumnado de 1º de bacharelato asistiu a un obradoiro de danza africana e percusión que organizou o Departamento de Educación física en colaboración co programa PROA na liña de actividades.

Sábado Maio 14, 2011
Domingo Maio 15, 2011
Luns Maio 16, 2011
Martes Maio 17, 2011
Mércores Maio 18, 2011
Start: 27/04/2011 20:30
End: 18/05/2011 22:00

Start: 18/05/2011 09:00
End: 18/05/2011 14:00

Start: 18/05/2011 12:10
End: 18/05/2011 19:00

ACTIVIDADES DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA 18 DE MAIO

MURAL DE LOIS PEREIRO

LECTURA DO POEMA O IDIOMA É A CHAVE

No mural colocaremos unha imaxe de Lois Pereiro e o seu poema Que é Galicia? Cada un de nós escribirá un fragmento do poema. Cando coloquemos o mural pegámolos todos. Pedídelle as partes do poema a Marisa para facer a vosa colaboración.
Para a lectura do poema O IDIOMA É A CHAVE de Manuel María entregaremos copias do mesmo e convidaremos a participar a todas as persoas que o desexen. Leremos todos xuntos o poema en varios momentos ao longo do día 18.
  • Primeira lectura: no recibidor do instituto ás 12:10
  • Segunda lectura: no recibidor do instituto ás 18:50
Xoves Maio 19, 2011
Venres Maio 20, 2011
Sábado Maio 21, 2011
Domingo Maio 22, 2011
Luns Maio 23, 2011
Martes Maio 24, 2011
Mércores Maio 25, 2011
Xoves Maio 26, 2011
Venres Maio 27, 2011
Start: 13/05/2011 18:00
End: 27/05/2011 23:59
Distribuir contido

by Dr. Radut