Ven, 29/03/2019 - 15:46 — eoi.pontevedra
O prazo de MATRÍCULA LIBRE estará aberto do 13 de marzo ao 2 de abril de 2019. Consulta as instruccións nesta ligazón.
ATENCIÓN! A APLICACIÓN DE MATRÍCULA PECHARÁ O 2 DE ABRIL ÁS 12.00!
Ven, 29/03/2019 - 09:46 — eoi.pontevedra
O prazo de MATRÍCULA LIBRE estará aberto do 13 de marzo ao 2 de abril de 2019. Consulta as instruccións nesta ligazón.
ATENCIÓN! A APLICACIÓN DE MATRÍCULA PECHARÁ O 2 DE ABRIL ÁS 12.00!
Probas dirixidas á obtención de títulos oficiais.
DOCUMENTACIÓN:
ATENCIÓN! A partir do curso 20/21 a extensión dos textos de mediación escrita será a seguinte: Niveis B1 e B2: 60-80 palabras e Niveis C1 e C2: 80-100 palabras. Consulte a orde e os tempos das probas nas guías de cada nivel:
AVALIACIÓN:
MODALIDADE LIBRE: As probas correspondentes á modalidade libre terán lugar no mes de xuño. O prazo de matrícula abrirase con antelación e publicaranse os detalles do procedemento no taboleiro principal
MODALIDADE OFICIAL:
O alumnado que se matriculou por oficial nos niveis A2 / B1 / B1.2 / B2.2 / C1.2 / C2 terá dereito ás convocatorias ordinaria e extraordinaria de xuño e non terá que realizar ningún trámite de matrícula para estas probas.
MODALIDADE A DISTANCIA (THAT'S ENGLISH!):
Este alumnado non terá que realizar ningún trámite para acceder ás probas de certificación e terá dereito ás convocatorias ordinaria e á extraordinaria.
MODALIDADE CALC:
O alumnado CALC que desexe certificar o nivel que estea a cursar, deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido na circular correspondente á convocatoria en curso, indicando o idioma e nivel do curso CALC que está a cursar.
Este alumnado terá dereito ás convocatorias ordinaria e extraordinaria.