Taboleiro

DATAS E HORAS DE COMEZO DO CURSO 2024-25 NA EXTENSIÓN DE SARRIA

C1.1 xoves 12 de setembro ás 18:00. Aula 119.

B2.2 luns 16 de setembro ás 18:00. Aula 120.

B2.1 luns 16 de setembro ás 20:00. Aula 120.

A1-A2 luns 16 de setembro ás 20:00. Aula 119.

B1 SEMIPRESENCIAL martes 17 de setembro ás 16:00. Aula 120.

B1 martes 17 de setembro ás 20:00. Aula 120.

Monográfico destrezas orais B2 martes 17 de setembro ás 18:00. Aula 119.

Monográfico de destrezas orais C1 mércores 18 de setembro ás 18:00. Aula 119.

PROBAS DE CLASIFICACIÓN OU DE NIVEL

Na seguinte ligazón atópanse toda a información e ligazóns relativas ás probas de clasificación para as diferentes linguas (tamén coñecidas como probas de nivel) na EOI de Lugo: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2044 

Na Extensión de Sarria non se realizan estas probas, polo que as persoas interesadas en facelas débense desprazar á sede central da EOI en Lugo, previa matriculación en liña dende a web da EOI de Lugo.

A proba de clasificación de inglés terá lugar nas aulas 1,2,3,4 e 5 da EOI de Lugo o xoves 5 de setembro de 2024 ás 16:00 horas.

MATRÍCULA 2024-25 E NOVOS CURSOS EN SARRIA

Estimado alumnado da Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, parabéns a quen superou o curso e a todo o alumnado ánimo para seguir aprendendo ou mellorando o voso inglés connosco o próximo curso.

Ligazón á web para ver os cursos que se ofertan en Sarria: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/system/files/OFERTA%20CURSO%202024-%2025%20-%20Sarria.pdf

Ligazón á web para matricularse en cursos oficiais: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2004

Ligazón á web para matricularse nos monográficos (obradoiros de expresión e comprensión oral): https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/taxonomy/term/228

 

En Sarria temos novidades para 2024-25:

1. O nivel básico será unificado, polo que todas as persoas que estiveron matriculadas en A1 pódense matricular no novo curso chamado “A1-A2” co que poderán acadar o nivel A2.

2. Haberá tamén un grupo de B1 semipresencial. Nesta modalidade só hai unha clase presencial cada semana e o resto das tarefas fanse en liña sen horario fixo. Mantense un grupo de B1 presencial en horario de tarde.

3. Para as persoas que o que queren é mellorar as súas destrezas orais e practicar falando e escoitando inglés sobre unha variedade de temas interesantes temos dous cursos monográficos de 60 horas sen exames (1 día a semana de setembro a maio):

- Obradoiro de expresión e comprensión oral de nivel B2, para o que é recomendable ter superado un nivel B1. (martes ás 18:00 h.)

- Obradoiro de expresión e comprensión oral de nivel C1, para o que é recomendable ter superado o nivel B2. (mércores ás 18:00 h.)

Estes obradoiros son compatibles con outros cursos oficiais que non coincidan no seu horario.

Esperámosvos!

REVISIÓN DE PROBAS DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

O alumnado de inglés da Extensión de Sarria que o precise poderá revisar co profesorado as súas probas da convocatoria extraordinaria o venres 28 de xuño entre as 10 e as 11 da mañán. Atenderase individualmente e por orde de chegada na dependencia da EOI na planta baixa do IES Gregorio Fernández.

OFERTA DE CURSOS 2024-25

Esta é a nova oferta de cursos en SARRIA para 2024-25:

 

IN-A1-A2   20:00-22:00 luns e mércores. Un novo curso pensado para iniciarse no

inglés ou retomalo practicando as destrezas básicas para acadar nivel A2 en 1 ano.

 

IN-B1-SEMIPRESENCIAL-1   16:00-18:00 martes. Cursa e certifica en 1 ano o

nivel B1. Só unha sesión presencial semanal e o resto das actividades en liña.

 

IN-B1 20:00- 22:00 martes e xoves

 

IN-B2.1 20:00-22:00 luns e mércores

 

IN-B2.2 18:00-20:00 luns e mércores

 

IN-C1.1 18:00-20:00 luns e xoves

 

E este ano tamén obradoiros prácticos de 60 horas de setembro a maio sen

exames para mellorar o teu nivel a base de falar e escoitar sobre unha

variedade de temas interesantes:

 

MONOGRÁFICO EXP. ORAL B2 18:00-20:00 martes. Unha sesión semanal.

Recomendable ter superado o nivel B1.

 

MONOGRÁFICO EXP. ORAL C1 18:00-20:00 mércores. Unha sesión semanal.

Recomendable ter superado o nivel B2.

REVISIÓN DE PROBAS DA CONVOCATORIA ORDINARIA

O alumnado de inglés da Extensión de Sarria que o precise poderá revisar co profesorado as súas probas da convocatoria ordinaria o martes 18 de xuño entre as 10 e as 12 da mañán. Atenderase individualmente e por orde de chegada na dependencia da EOI na planta baixa do IES Gregorio Fernández.

Consulta dos resultados das probas finais de avaliación ordinaria (maio-xuño 2024)

Os resultados das probas finais de promoción e certificación da convocatoria ordinaria do curso 2023-24 estarán accesibles para o alumnado en CentrosNet ás 22:00 horas do luns 17 de xuño de 2024. 

Distribuir contido