Skip to Content

Blogues

ACTIVIDADES 2º QUINCENA (25 /05/2020 - 7/06/2020)

ACTIVIDADES DA QUINCENA

(25 /05/2020 - 7/06/2020)

 

1º- ACTIVIDADES XERAIS.

  • Ler un pouquiño todos os días.

  • Contarlles algún conto e logo realizarlles preguntas sobre o mesmo, para traballar a comprensión.

  • Rodear nun calendario o día no que están, nomeando o mes, a estación do ano e o tempo atmosférico (podedes utilizar o calendario de Voz Natura que entregamos ás familias no Nadal)

  • Copiar unha oración aleatoria, tanto en minúscula coma en maiúscula (nunha libreta de pauta ancha ou nun folio realizando as liñas cunha regra, non é necesario imprimir).

  • Palabras cruzadas: escribir palabras a partir dunha primeira elexida polos nenos e nenas. Exemplo:

PELOTA

AMIGO

TOMATE

OSO

  • Realizar nun folio unha suma e unha resta sinxelas (non é necesario imprimir).

  • Debuxar.

  • Identificación das diferentes formas xeométricas (a través de imaxes, xogos, cousas que atopamos na casa…).

 

2º- ACTIVIDADE QUINCENAL: AS CONTORNAS FLUVIAIS.

Realización dunha actividade plástica sobre o ecosistema dun río, a súa fauna e a súa flora (aves, peixes, flores, árbores….), utilizando todo tipo de material que teñades na casa.

A actividade pode ser un mural con debuxos, recortes e fotografías, unha maqueta, bonecos con material de refugallo… Deixamos libre a vosa creatividade.

Ata pronto !!

 

 

AS NOSAS EMOCIÓNS

Bo día a todos e a todas! 

Hoxe achégovos uns xogos online para traballar as emocións, son varios xogos que van dende o máis sinxelo (saber recoñecelas) ata o último xogo que xa se trata de asociar emocións a determinadas situacións.

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=emociones 

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=cadaoveja

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=esfumate

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=ruleta 

 

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 6º "PROFESIÓNS NA RÚA"

Presentamos os traballos realizados polo alumnado de 5 anos sobre as profesións na rúa.

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (25 de maio - 5 de xuño)

Ola familias!

Queremos presentarvos as actividades desta próxima quincena, pero antes de nada gustarianos lembrarvos que fagades o que poidades dentro das vosas posibilidades e situacións, ante todo disfrutade cos vosos fillas e fillos da actividade.

Unha aperta moi grande,

Candi e Lucía

 

ACTIVIDADE "TODO O DÍA NA CASIÑA"

Nesta ocasión o punto de partida da actividade destas dúas semanas vai ser a canción de Magin Blanco “Todo o día na casiña”. (Data para enviar esta actividade ata o 5 de xuño).

 

O que teredes que facer é o seguinte:

1.Escoitar a canción.

2.Falar cos nenos e nenas de como se senten nesta nova situación (tristes, contentos,aburridos…) e que é o que máis lles gosta de estar na casa.

3. A continuación farán un debuxo da súa familia, facendo fincapé nas expresións das caras das persoas da familia ( se están enfadadas, contentas, con rabia, tristes…)

4.Dende que teñan o debuxo feito e coloreado escribirán o nome e parentesco dos debuxados, contarán as letras e porán o número.

 

FACEMOS PINTURA DE XEO!

A seguinte actividade que vos propoñermos é moooooi refrescante!!! Dado que estes días comeza a facer calor…que vos parece se facemos pintura de xeo? Só precisades auga, colorantes alimentarios das cores que vos apetezan, palillos e cubiteiras. Cando estén ben conxelados podedes poñervos mans a obra!

 

XOGAMOS Ó ESCONDITE!


Nesta actividade a persoa adulta ou irmán maior debe esconder pola casa entre 5 e 20 obxectos (dependendo  do interiorizado que teña o nena ou nena o concepto de número e cantidade). Cada obxecto deberá estar numerado e o neno ou nena, unha vez que os vaia atopando, deberá ir colocandoos en orde numérica ascendente (1-2-3...) ,ainda que se queredes facer unha actividade de ampliación, podedes facelo en orde descendente ( 10-9-8...).

Se vedes que presenta moita dificultade podédesvos axudar da recta numérica, escribindo vós os números no chan ou nun folio para que vaian asociando as grafías.

 

PREPARAMOS RICOS XEADOS!!

Neste enlace poderedes acceder a un xogo moi divertido para facer ricos xeados!

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/crea-helados-para-tus-clientas-1-5/

 

A CANTAR!

A horta de Balbina


 

SEGUIMOS A BAILAR E A CANTAR CO RAP DA LINGUA! (MIGALLAS)

MAQUETAS PROXECTO RÍOS.

Presentamos algunha das maquetas realizadas polos nosos nenos e nenas sobre o proxecto ríos.

MAQUETAS: MOVÉMONOS

Presentamos unha das maquetas realizada polo noso alumnado sobre a mobilidade sostible e segura.

Visita do experto en nutrición

Uns días antes do comezo do confinamento no mes de marzo deste ano 2020, tivemos unha visita por parte dun experto en nutrición e alimentación saudable e ecolóxica. Esta persoa explicounos tanto a nais/pais coma a mestres/as, por exemplo, a diferenza entre a leite fresca e a que non o é. Ou tamén, as desvantaxes dos produtos ultraprocesados, avogando deste xeito polo consumo de alimentos procedentes das hortas de proximidade. Así que, xa sabes, visita o mercado da túa vila!!!

 

 

Visita ó Eroski Center

O pasado mes de xaneiro, o alumnado de 5º curso (4 anos) visitou o Eroski, situado no centro da nosa vila. Deste xeito, a responsable que nos atendeu, acompañounos e explicounos como funcionaban as diferentes seccións: froitería, peixería, panadería, carnicería, a zona de frío, e o departamento de coidado persoal e estética. Tamén tivemos a oportunidade de realizar xogos para adiviñar alimentos, etc. Esperamos que vos gusten as imaxes!!!

Realidade aumentada

Nestes tempos de confinamento que estamos a vivir, nos que estamos desexando estar en contacto coa natureza, dende Aulas Galegas propóñennos poder visualizar animais a tamaño real, é dicir, en 3 dimensións, empregando o noso propio smartphone. Estes son os pasos:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D

  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

 

Dende Aulas Galegas tamén nos lembran que o teu móbil debe ser compatible con AR CORE e coa tecnoloxía 3D. A continuación, tes un enlace para comprobar se o teu dispositivo dispón da mesma:

https://andro4all.com/2018/07/moviles-compatibles-arcore-realidad-aumentada-google-android

Próbao e non te asustes se aparece un tigre no salón!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut