Skip to Content

Blogues

O MAGOSTO

 

Nesta semana de novembro estamos a celebrar o "Magosto" disfrutando cun montón de actividades:

 

-Proxección na PDI das aulas do conto: A castaña que reventou de risa.

-Ilustración de diferentes refráns populares sobre as castañas e realización por aulas dun mural, para cada un dos refráns aprendidos.

-Realización de xogos do magosto coa utilización de castañas e outros froitos do outono: de lóxica.matemática (seriacións, tres en raia con noces…), puzzles para secuenciar sobre o conto traballado, o come castañas (para encestalas), os atrapa castañas (utilizando un vaso, unha corda e unha castaña), puzzles do ourizo coa súa castaña, xogos na mesa de luz...

-Realización de diferentes obras plásticas.

Que ben o pasamos!!

 

 

 

 

 

CANTIGA "XA VEN SAMAÍN"

Os nenos e nenas da aula do peixe globo cantando "Xa ven Samaín".

Vaia artistas!!

https://cs72.clideo.com/p/5XfvX1DgkAppimRbwHH7Jw/8890e0a993227d4ab8297fc...

O SAMAÍN DOS MÁIS PEQUES!

Durante o mes do medo os nenos e nenas de tres anos realizaron moitas actividades, entre elas un taller de cabazas e moitas manualidades que expuxeron no seu mural terrorífico!!

  

CANTIGA SAMAÍN

 As nenas e nenos da aula do peixe globo 6ºA cantan

"Xa ven Sanmaín".

 https://ospeixesglobo.blogspot.com/

MONSTROS TERRORÍFICOS

O alumnado de 6º A realizou un taller de monstros terroríficos.

Noraboa a todos!!

CANTIGAS E POEMAS DO MEDO

No Samaín os alumnos/as de 5 anos cantaron cantigas e recitaron poemas do medo.

ESCOITAMOS COMO LES

Comezaron a participar algunhas familias nesta actividade, a través dun video proxectado na pizarra dixital.

Noraboa familia, unha marabilla!! 

 

XOGOS DO SAMAÍN

Nas diferentes aulas xogamos co noso alumnado con xogos das letras, de lóxica-matemática, puzzles, de discriminación visual, sodokus, na pizarra dixital...

 

 

 

TALLERES DO SAMAÍN

Nas aulas disfrutamos con talleres de plástica: taller de globos terroríficos,taller de cabazas,taller de casas encantadas...

 

MURAIS DO MEDO

Decoramos a zona alta dos corredores con murais de monstros, caroutas e debuxos, realizados por todo o alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut