Skip to Content

Blogues

O CAMIÑO DO MAR

Neste curso estamos a traballar un proxecto sobre Viveiro e o Camiño do Mar que nos conduce a Santiago de Compostela.

Realizamos unha saída pola ruta do mar de Viveiro, con dous guías peregrinos que nos explicaron a ruta e os aspectos máis importantes deste camiño.

 VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

Así mesmo, estamos a  traballar a peregrinaxe á Compostela con todo tipo de traballos e  partindo do conto Bo camiño Valentino. 

  A través dos seguintes enlaces, podedes disfrutar con moitos xogos, como sopas de letras, xogos de memoria visual e auditiva e bits entre outros, referentes aos contidos aprendidos.

https://obloguede6b.blogspot.com/2021/01/o-camino-das-estrelas.html

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/176407/structure/&emded=true

O blogue 

 

O APALPADOR VISITOUNOS!!

Hoxe 22 de decembro foi un día cargado de emotivas sorpresas e non puido faltar a visita do Apalpador, a través dun video que nos enviou él mesmo dende o Courel.

O alumnado pasouno xenial, coñeceron onde vive e o gracioso que é o noso querido Apalpador.

ONDE ESTÁN AS RAÍÑAS DE ORIENTE?

Hoxe disfrutamos co conto coeducativo que nos enviou a nosa mascota da biblioteca "O moucho Librín" titulado:

Onde están as raíñas de Oriente?

https://youtu.be/lyET-AdO84s

 

O APALPADOR (DOMUS Vi)

 

Neste Nadal os nosos amigos e amigas do xeriátrico de Viveiro DOMUS Vi quixeron facer de novo para nós a representación do Apalpador.

Como este curso é diferente para todos, enviaron á nosa escola un video onde o noso alumnado puido disfrutar vendo de novo ao noso entrañable e querido Apalpador.

Grazas por todo un ano máis!!

 

 

 

OS NOSOS APALPADORES

Aquí están os apalpadores, xa rematados.

Noraboa a tod@s!!

ADORNOS E CAROUTAS DO APALPADOR

 As nosas nenas e nenos realizaron adornos para a árbore de Nadal e caroutas do Apalpador.

Sodes uns artistazos!!

 

CHEGOU O NADAL

Os nenos e nenas pintaron as fiestras da escola con fermosos motivos e paisaxes de Nadal.

Fixádevos a ver quen atopa ao Apalpador!

Noraboa, sodes uns artistas!!

ÁRBORES DE NADAL

Xa comezamos a decorar os corredores con fermosas árbores de Nadal, relizadas polas nosas nenas e nenos.

Mirade que artistas!!

POSTAIS DE NADAL

 
Decoramos a árbore da What do you want to do ?

New mail

Decoramos a árbore da entrada da nosa escola con postais de Nadal. realizadas polo noso alumnado en relación á temática do Camiño de Santiago.
 
 
What do you want to do ?

New mail

Distribuir contido


by Dr. Radut