Skip to Content

Blogues

O SAMAÍN

Cantamos a cantiga titulada: Xa ven Samaín de Iván Vale, profesor de música do CEP Lois Tobio de Viveiro, utilizando pictogramas á hora de cantala.

Esta cantiga tamén a cantamos ao alumnado de primeiro do CEP Lois Tobio e ao alumnado de quinto de primaria do CEIP de Cervo, a través dunha videoconferencia.

 

 

 

           

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

Unha escritora e nai do centro relatounos o conto de "Quen ven esta noite", a través dunha videoconferencia para cada grupo-clase.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

En colaboración ca equipa da biblioteca, comezamos un curso máis coa posta en circulación das mochilas viaxeiras.

Disfrutamos da proxección nas diferentes pizarras dixitais de cada grupo-clase de contos en galego, realizados polo profesorado, familias e alumnado.

 

 

MATERIAL ESCOLAR DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

MATERIAL ESCOLAR PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

(CURSO 2020-2021)

 

- 6 MOLDES DE PLASTILINA JOVI.

 

- 1 ESTOXO DUNHA CREMALLEIRA.

 

- 1 GOMA MILAN 612 NATA.

 

- 1 LÁPIS TRIPLUS SLIM STAEDTLER.

 

- 1 ROTULADOR NEGRO EDDING 1200.

 

- 1 ROTULADOR PARA PIZARRA BRANCA.

 

- 1 CAIXA DE 10 ROTULADORES FINOS STAEDTLER (NORIS 326).

 

- 1 CARPETA DE ANEIS HORIZONTAL.

 

- 1 BOLÍGRAFO AZUL BORRABLE.

 

- 1 PEGAMENTO PRITT MEDIANO.

 

- 1 CAIXA DE PANOS.

 

- TOALLIÑAS HÚMIDAS.

 

- XEL DESINFECTANTE.

 

(TODO PECHADO NUNHA BOLSA CO NOME DO ALUMNO-A)

 

 

MATERIAL 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

No arquivo adxunto podedes descargar para imprimir a lista de material que a vosa filla/o ten que traer á escola.

Aproveitamos para comunicarvos que psicomotricidade será os luns para 6º A e os martes para 6ºB.

Grazas pola vosa colaboración.

MAKING OFF BUSCANDO O NORTE.

Bo día, familias!

Neste derradeiro día deste atípico curso queremos compartir con vos parte do traballo que os nenos e nenas estiveron a facer.

Ao abeiro de política lingüística e dento dos Plan Proxecta participamos na realización dunha curta a partir da adaptación dun conto.

Coa suspensión das clases presenciais tivemos un parón e non deu tempo a rematalo, pero para o curso que ven o teremos listo.

Pero para que vexades todo o que se traballou, aquí vos deixamos o making off como adianto!

Agardamos que vos guste e o disfrutedes!

 

 

Pasade un moi bo verán. Unha aperta moi grande de todo o claustro!

Espinete!!

A nosa compañeira Martina, de 4º B, quere compartir con todas e todos vós estas imaxes da mascota que ten a súa madriña. Trátase dun ourizo moi lindo e simpático, e o seu nome é Espinete. Tamén vos envía moitos saúdos a todas/os!!!

 

 

 

ECOSISTEMA DUN RÍO.

E aquí temos outro traballo de ecosistema ríos, Parabéns!

ECOSISTEMA DUN RÍO.

Grazas a todos polo voso traballo.

ACTIVIDADE FINAL DE CURSO

1º- ACTIVIDADES XERAIS.

  • Ler un pouquiño todos os días.

  • Contarlles algún conto e logo realizarlles preguntas sobre o mesmo, para traballar a comprensión.

  • Rodear nun calendario o día no que están, nomeando o mes, a estación do ano e o tempo atmosférico (podedes utilizar o calendario de Voz Natura que entregamos ás familias no Nadal)

  • Copiar unha oración aleatoria, tanto en minúscula coma en maiúscula (nunha libreta de pauta ancha ou nun folio realizando as liñas cunha regra, non é necesario imprimir).

  • Palabras cruzadas: escribir palabras a partir dunha primeira elexida polos nenos e nenas. Exemplo:

  • PELOTA
  • AMIGO
  • TOMATE
  • OSO                                                                                                                  
  • Realizar nun folio unha suma e unha resta sinxelas (non é necesario imprimir).

  • Debuxar.

  • Identificación das diferentes formas xeométricas (a través de imaxes, xogos, cousas que atopamos na casa…).

 

2º- ACTIVIDADE: ARTE NA ESCOLA.

Tendo en conta a proposta da páxina principal da nosa

web, propoñemos a realización dun debuxo da familia.

 A través do video coñeceredes a obra de moitos pintores

galegos e moi coñecidos.

 Ánimo artistas, esperamos as fotos das vosas obras de

arte.

O prazo de entrega do debuxo será ata o o día 15 de xuño

e debe ser enviado ao correo electrónico do cole. 

 

 familiassanroque@gmail.com.

 

 Ata pronto !!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut