Skip to Content

Blogues

Día de Irlanda!

O pasado 17 de marzo estivemos celebrando esta festividade. O teacher puxo perruca, sombreiro e mandilón verdes, para explicar por qué a xente viste desta cor, os desfiles en Dublín, etc. Asemade, danzamos ó ritmo de Jack Hartmann´s St Patrick Day Dance and Freeze! Tamén xogamos no EDI e aprendimos o que é un leprechaun, hehehehe!!

Intercambio de experiencias coas TIC!

Un dos obxectivos do Plan Dixital para este curso 2022-2023 é o de divulgar experiencias coas TIC noutros centros. Polo tanto, puxémonos en contacto co CEIP Plurilingüe Vista Alegre na localidade de Burela (a 24 km), e dito centro enviounos algunhas das que levan a cabo.

 

Encerado Dixital Interactivo

O alumnado de infantil construeu frases con imaxes a través da páxina web do programa Comunicarnos (Siembra estrellas) de Beatriz Haro. Hai un enlace dispoñible. Na EEI San Roque, tamén empregamos o EDI con frecuencia, e tomamos nota!

http://siembraestrellas.blogspot.com/2019/09/programa-comunicarnos-lenguaje-oral-los.html

 

 

Tableta

En Burela, como podemos observar, empréganas en formato xigante. Nós, en cambio, preferimos que sexan en formato reducido!

 

 

Croma

Abordando o proxecto do cine, neste caso. A maquillaxe e os efectos especiais foron os protagonistas, empregando, polo tanto, o croma e filtros dos teléfonos móbiles. Este recurso tamén o estamos comezando a empregar este curso 22-23 no San Roque!

Move your body!!!

Nestes días de inverno tardío, estamos aprendendo algunhas partes do corpo grazas ó tema musical "Head, Shoulders, Knees & Toes". Ademais, reflexionamos sobre a relevancia do exercicio físico, pois esta idea forma parte do proxecto EDUsaúde.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Empregando os EDI´s!!

Con motivo do Día da Paz, entre outras moitas actividades, estamos empregando os encerados dixitais interactivos das aulas, para coñecer os diversos símbolos da Paz, segundo UNICEF. Por exemplo: o armamento roto, a pomba, os dedos en "V", etc. A páxina que usamos para crear os xogos foi Learning Apps, a cal é gratuita, intuitiva... E encantoulle ás/ós nosas/os peques!

 

Realidade Virtual

Neste novo curso 2022-2023, empregamos, entre outros recursos, as gafas de realidade virtual, mediante as cales o noso alumnado goza de experiencias visualmente entretidas, por exemplo, descubrindo os animais que viven no fondo do mar, etc.

 

 

 

The Pirate Song!

Cal é a mellor forma de aprender os números dende o 1 ata o 15 en inglés? Pois cremos que é cantando coma as/os piratas! Emporiso a compañía Mister Kipley ofrécenos en Youtube este tema interpretado por un corsario que atravesou os 7 mares!

 

Home activities!! Actividades para casa!!

Hi, there! How you doing? // Boas! Que tal?

Sabemos que algunhas/algúns de vós estades nos vosos fogares, e por este motivo deixámosvos as seguintes actividades, para seguir practicando a lingua inglesa. Vémonos! See you!

 

4º curso

Visualizade o seguinte vídeo sobre a numeración dende o 1 ata o 3, e posteriormente, gravade nun arquivo de audio á/ó vosa/o nena/o dicindo ditas cifras en inglés, e enviádeo ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal

 

 5º Curso

1. Vede o vídeo xuntos/as, e facede que a/o vosa/o nena/o repita en voz alta: Blue, yellow, red, green, orange and purple xunto cos saúdos: Hello, I´m OK! Bye-bye!. Enviade o arquivo de audio ou de vídeo ó seguinte correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal

 

6º curso

Visualizade os vídeos que aparecen a continuación, e gravade á/ó vosa/o nena/o dicindo as seguintes partes do corpo: headears, eyes, nose, mouth, shoulders, knees arms, legs e toes. Engade tamén os saúdos Hello, I´m OK! e a despedida Bye-bye! Have a nice day!. Lembrade envialo ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal


 

Samaín 2021

Como celebramos esta festa terrorífica? O noso alumnado elaborou arañas con material de refugallo coa axuda das súas familias, co obxectivo de decorar a escola con este becho que da tanto medo! Asemade, na entrada situamos unha exposición de libros de temática de terror, monstros, vampiros, etc. Ha, ha, ha, ha, ha!!!!

Transporte

Dispoñemos de servizo de transporte escolar para o alumnado, dirixido, fundamentalmente, ó que lle corresponda este centro educativo e que viva a máis de 2 quilómetros de distancia do mesmo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut