Skip to Content

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (25 de maio - 5 de xuño)

Ola familias!

Queremos presentarvos as actividades desta próxima quincena, pero antes de nada gustarianos lembrarvos que fagades o que poidades dentro das vosas posibilidades e situacións, ante todo disfrutade cos vosos fillas e fillos da actividade.

Unha aperta moi grande,

Candi e Lucía

 

ACTIVIDADE "TODO O DÍA NA CASIÑA"

Nesta ocasión o punto de partida da actividade destas dúas semanas vai ser a canción de Magin Blanco “Todo o día na casiña”. (Data para enviar esta actividade ata o 5 de xuño).

 

O que teredes que facer é o seguinte:

1.Escoitar a canción.

2.Falar cos nenos e nenas de como se senten nesta nova situación (tristes, contentos,aburridos…) e que é o que máis lles gosta de estar na casa.

3. A continuación farán un debuxo da súa familia, facendo fincapé nas expresións das caras das persoas da familia ( se están enfadadas, contentas, con rabia, tristes…)

4.Dende que teñan o debuxo feito e coloreado escribirán o nome e parentesco dos debuxados, contarán as letras e porán o número.

 

FACEMOS PINTURA DE XEO!

A seguinte actividade que vos propoñermos é moooooi refrescante!!! Dado que estes días comeza a facer calor…que vos parece se facemos pintura de xeo? Só precisades auga, colorantes alimentarios das cores que vos apetezan, palillos e cubiteiras. Cando estén ben conxelados podedes poñervos mans a obra!

 

XOGAMOS Ó ESCONDITE!


Nesta actividade a persoa adulta ou irmán maior debe esconder pola casa entre 5 e 20 obxectos (dependendo  do interiorizado que teña o nena ou nena o concepto de número e cantidade). Cada obxecto deberá estar numerado e o neno ou nena, unha vez que os vaia atopando, deberá ir colocandoos en orde numérica ascendente (1-2-3...) ,ainda que se queredes facer unha actividade de ampliación, podedes facelo en orde descendente ( 10-9-8...).

Se vedes que presenta moita dificultade podédesvos axudar da recta numérica, escribindo vós os números no chan ou nun folio para que vaian asociando as grafías.

 

PREPARAMOS RICOS XEADOS!!

Neste enlace poderedes acceder a un xogo moi divertido para facer ricos xeados!

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/crea-helados-para-tus-clientas-1-5/

 

A CANTAR!

A horta de Balbina


 

SEGUIMOS A BAILAR E A CANTAR CO RAP DA LINGUA! (MIGALLAS)



blog | by Dr. Radut