Reis 2021/22

XOGANDO COA CHUVIA DE MARZO

 

A auga é un elemento de xogo que nunca,

nunca cansa...

ENTROIDO: CONVERTÍMONOS EN ORNITÓLOGOS E FESTEXAMOS

 

O ENTROIDO EN REIS

 

Cun sombreiro, un chaleco e uns prismáticos,

en ornitólogos nos convertimos!

 

EXPERTOS EN AVES: LUCA, XANA E ALBA.

 

LUCA: GABEADOR

 

Luca contounos que o gabeador é un paxaro que vive

aquí todo o ano, non emigra. Sobe polo tronco das

árbores facendo espirais e dando saltiños, como se

fose o "home-araña". Vive en árbores de folla caediza

e come bichos que hai no chan e nas fendiduras dos

troncos.

 

 

 

"GABEADOR, GABEADORIÑO

 

NON HAI PÓLA QUE CHE VALA,

 

UNHA VEZ QUE A PILISCACHES

 

XA NON VOLVES VISITALA".

 

 

Os pais de Luca, prepararon para todos os nenos, o

material para facer un gabeador.

 

 

XANA: CHASCA

 

 

O chasco ou chasca, en castelán tarabilla, é o paxariño

sobre o que nos falou Xana. O macho ten a cabeza e o

tronco negros e un colar branco,  mentres que a femia

ten o lomo castaño e sen colar. É un páxariño

frecuente en Galicia, e non viaxa, se o fai, faino

cerquiña, buscando o calor.

 

 

 

 ALBA: O MOUCHO

 

EXPERTOS EN AVES: ALAN E JULIA

 

ALAN: O FERREIRIÑO

 

 

O máis pequeno da clase escolleu

o ferreiriño para investigar. No seu traballo

viña pegado unha moeda dun céntimo, pois ese

éo tamaño dos seus ovos,

que poñen nos niños que fan dentro dos

troncos das árbores. 

 

 

JULIA: A PEGA

 
 

As pegas ou urracas en castelán, son unhas

aves moi listas e nerviosas que ante unha

mínima ameaza, emiten sinais de alerta.

Gústanlle as cousas brillantes, e teñen plumas

s negras brancas e azuladas. Son omnívoras,

comen un pouco de todo, e poden vivir ata 15

anos. Aniñan unha vez ao ano, na primavera,

nos troncos máis grosos das árbores e gusta de

ter sempre a mesma parexa.

Julia sabía moitas cousas sobre as pegas e

ademáis trouxo unha pega moi bonita que está

sobrevoando a nosa clase.

 

 

EXPERTOS EN AVES: MARTÍN E LAURA

 

MARTÍN: O PAPORRUBIO

 

 

¡O paporrubio e os seus fermosos ovos azuis

causaron sensación en Reis!

A verdade é que da gusto ver como disfrutan

aprendendo...¡Parabéns Martín!

 

 

 LAURA: A BUBELA

 

 

 

Laura contounos que a bubela cheira moi mal,

pois é o xeito que ten de protexer o seu niño. É

moi bonita, pois ten unha crista en forma de

abano e as plumas brancas e negras. Pasa en

Galicia a primavera e o verán e despois marcha

buscando o calor.

Moi bo traballo, Laura!

 

BANDEXA SENSORIAL DE INVERNO

 

Bicarnotato e auga!!! 

É o único que se precisa para facer neve, e disfrutar da

bandexa sensorial de inverno! Ademáis, contamos cos

animais do Polo Norte que lles axudan a recrear e

inventar mil historias brancas. 

 

TALLER"A CIENCIA NO MUNDO E A MULLER NA CIENCIA"

16 de febreiro

Hoxe viñeron unhas "chicas científicas" para falarnos de

mulleres que fixeron historia facendo grandes avances no

mundo da ciencia, e que non tiveron o recoñecemento e as

facilidades que merecían.

Recalcaron da importancia de ser curiosos, de ser

observadores, de facernos preguntas sobre o porque das

cousas...

Ademáis tiñan minerais, e fixeron algúns experimentos que

nos chamaron moitísimo a atención.

Grazas a Arenaria Coordinación pola experiencia tan

proveitosa para nós!

 
 
 

VOGAIS DIVERTIDAS

 

 

  Na escola plantéxanse actividades nas que se tocan as

letras para poder descubrir as súas formas. Outras

veces creamos as  letras en volume usando plastilina,

paus... Podemos ademáis compoñer palabras con letras

de madeira ou de papel e  realizar trazos sobre

diferentes superficies…

 

MANUALIDADES SOBRE O PROXECTO "AS AVES"

 

A ambientación da aula sempre é unha tarefa que nos leva

o seu tempo... Este trimestre imos aproveitar para facer voar

a nosa creatividade con estos paxariños tan lindos!

 

 

 

CELEBRANDO XANEIRO!

 

Chegou Xaneiro cheo de cumpleanos...Ivo que o 3 fixo 6 anos, ao igual que Aldán que naceu o día dos Reis Magos, como o mellor agasallo para a súa familia. O día 2 naceu Alba fai 5 anos, e aquí os temos a todos contentos de soprar unha vela máis cada ano!

 

Distribuir contido