Ed. Infantil

tarefas para infantil

Boas! aquí están as tarefas de Infantil para estes días de corentena. A coidarse moito!! Un saúdo

DECEMBRO E O NADAL

 

Temos a inmensa sorte de contar cunhas

marabillosas familias, que sempre están dispostas

a colaborar e traballar con nós para ofrecer o mellor

para os seus fillos.

 

 

Chegou decembro, e a nosa escola apareceu así de

bonita e colorida para recibir o Nadal.

 

A VIDA NA ESCOLA

 

A escola é un lugar no que acontecen moitas cousas

ao longo da xornada: saúdos, conversas, xogos,

cantos e bailes, traballos dirixidos e .... a vida misma!

 

 

 

Poñer a mesa, facer a comida, curar aos animais e

convertirse en decenas de personaxes.

Tamén hai moitas cousas que arranxar coas

ferramentas!

 

Ás veces ,os compañeiros precisan unha man amiga

que axude nalgunha tarefa que nos custa un pouco

máis. Que bonito é ver que sempre temos a alguén

que nos bota unha man!

 

Facer crebacabezas de animais en compañía tamén é

moito máis divertido!

 

Manter os espazos limpos e recollidos

é tarefa de todos.

E para gañar forza e habilidade nas mans non hai

coma debullar un pouco de millo!

 

Os materiais que nos permiten crear múltiples

escenarios son os máis utilizados, como estas pezas

de madeira que tanto xogo lles dan.

 

Traballamos a grafomotricidade practicando diversos

trazos con varios materiais.

 

OS ESPAZOS XA ESTÁN PREPARADOS PARA ARRANCAR O CURSO

 

Como cada curso, setembro é un tempo para organizar, repensar, e prepararse para comezar con ganas e moita moita ilusión.

 

A nosa saliña dos contos e as letras ten unha nova casa de tela, onde ver  libros cos compañeiros cunha linterna, relaxarse ou agocharse!

 

Somos un equipo de  12 nenos e nenas e de mestres que compartimos e aprendemos uns dos outros.

Ivo, Aldán, Tristán, Luca, Alba Pallas, Alba Barreiro, Xana, Julia, Martín, Mar, Laura e Alan...¡Benvidos á escola!

8 MARZO: JANE GOODALL E REBECA ATENCIA

 

   Este curso para conmemorar o dia da muller centrámonos na vida de 2 mulleres amantes da natureza e dos animais: Jane Goodal e Rebeca Atencia.

 

   Jane Goodal, naceu en Inglaterra e dende pequena  amosou un inmenso interese pola vida animal. Sendo nena, seu pai regaloulle un chimpancé de peluche, e xa de adulta adicou a súa vida ao estudo destos animais.

   As súas conclusións revolucionaron os coñecementos que se tiñan sobre os chimpancés e sobre o ser humano.

   Fundadora do "Instituto Jane Goodal" e o programa "Raices e Brotes", logrou e sigue traballando para mellorar a conservación e o benestar animal.

 

   Rebeca Atencia é unha ferrolana que se trasladou á África para cumplir o seu soño de axudar aos animais salvaxes a vivir en liberdade.

   Actualmente é directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na  República Democrática del Congo, dependiente do Instituto Jane Goodall.

 

Postais de Nadal

 

 

Todos os anos en decembro, o concello de Teo propón aos nenos participar no concurso de postais navideñas.

Expoñemos aquí as dos nosos artistas!

Arriba podedes ver as 5 árbores de Danna, Xana, Alba, Julia e Martín, os máis pequenos da escola.

 

 
 
 
 

 

E aquí tendes aos gañadores das postais, entre eles están Martín Conde,

Marcos e as postais das nenas e nenos de 3 anos. Foron 3 premios pequenos

pero que sempre fan moita ilusión.

Grazas ao concello de Teo pola proposta.

 

Os peques da escola xogan as casiñas.

 

O recanto da casa conta cunha cuna na que duermen 2 bebés, 4 pratos, 4 copas, 4 vasos, 4 taciñas de café, 4 culleres e comidas de madeira.

Xunto coa mesa e as cadeiras e unha pequena tumbona, este pequeno espazo, conforma unha esquiñiña  chea de vida, chea de situacións cotiás representadas polas nosos fantásticos nenos e nenas. 

 

GRAFISMO

 

   Na etapa de educación infantil, unha das tarefas que están presentes na escola e a práctica do trazo, fundamental para aprendizaxes en etapas posteriores, como por exemplo a escritura.

   Este traballo constitúe un paso previo e complementario ao trazo das distintas letras. e serve  para fortalecer a coordinación óculo-manual, maior precisión cos dedos, favorece a concentración...

 

 
Distribuir contido