Ed. Infantil

O CÍRCULO.

 

UNHA DAS PRIMEIRAS PROPOSTAS NESTE SETEMBRO FOI TRABALLAR COS CÍRCULOS: OBSERVAMOS O ENTORNO E BUSCAMOS A FORMA CIRCULAR, OBXECTOS REDONDOS, ESFERAS, COMENTAMOS AS DIFERENZAS...

ADEMÁIS VEMOS O CADRO DE KANDINSKI "ALGUNOS CÍRCULOS" E OS NENOS CREAN A SÚA PROPIA COMPOSICIÓN.

 

VIDA NA ESCOLA DE REIS

Xa estamos en acción! A casiña gusta sempre moito, e o baile aínda máis!
Usando a caixa de luz con creatividade.

UN CURSO DIFERENTE PERO IGUAL DE EMOCIONANTE.

 

Despois de 6 meses, un largo confinamento primaveral,  e un verano moi diferente aos demáis, por fin, comenzamos a escola.

Son moitas as emocións que se presentan para este curso incerto, pero o que está claro é que o entusiasmo e a alegría por vernos e vivir experiencias xuntos, este curso tamén están presentes.

Ademáis a nosa escola está moito máis confortable e bonita, pois estrenamos grazas a inversión do concello, unha tarima preciosa!

 

 
 

 

 Todo está preparado para que cada alumno teña o seu material individual, a súa mesiña e cadeira, os seus caixóns.

Espazo e materiais listos para encher de risas, afectos, miradas, palabras, xogos e cancións a nosa escola. 

Damos a benvida :

Hugo, Noa, Aleix, Ivo Arias, Lía, Nico, Antón,

Ivo Otero, Aldán, Tristán, Martín C., Luca, Marcos, 

Danna, Xana, Alba, Julia e Martín G.

 

AS RUTINAS DA ESCOLA PARA ESTE TEMPO DE CUARENTENA

        

OLA TODOS E TODAS, ESTAMOS VIVINDO UNHA SITUACIÓN DISTINTA  NA NOSA SOCIEDADE, A QUE DEBEMOS ACOMODARNOS COMO INDIVIDUOS E COMO COMUNIDADE.

PERO ESTOU SEGURA DE QUE É UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA PARA PARAR O NOSO FRENÉTICO RITMO DE VIDA, PARA RECAPACITAR E PENSAR NO QUE É O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE,  PARA RECONECTAR DUN XEITO VERDADEIRO CON NÓS MESMOS E COS DEMÁIS.

EN DEFINITIVA, PARA DARNOS CONTA DO MARABILLOSA QUE É A VIDA E DAR GRACIAS POR ELA.

  A LABOR EDUCATIVA, É UNHA LABOR CONXUNTA, DE TODOS: UNHA TAREFA QUE AS FAMILIAS, AS NENAS E NENOS,  A ESCOLA E O CONXUNTO DA SOCIEDADE COMPARTEN.

POR ISO, IMOS SEGUIR COA TAREFA EDUCATIVA ENTRE TODOS, COLABORANDO E CONECTANDO A TRAVÉS DE DISTINTOS MEDIOS, POIS TEMOS A INMENSA SORTE DE DISPOÑER DE MILES DE FERRAMENTAS E RECURSOS. 

ESCANTARÍAME QUE POIDAMOS COMPARTIR CADA DÍA, E A TRAVÉS DESTA PÁXINA, UN  MOMENTO POSITIVO, UNHA EXPERIENCIA BONITA DE CADA UN DE NÓS.

ASÍ CANDO VOLVAMOS, E POIDAMOS DARNOS DE NOVO UN "ABRAZO DE CORAZÓN", TEÑAMOS UN  RECORDO DO QUE FOI ESTE TEMPO,  E A MESMA VEZ, UNHA FORMA DE CONECTAR E  COMPARTIR ALGO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DIARIAMENTE. 

CONVÍDOVOS  A  TODOS E TODAS A ...

"O FRASCO DA FELICIDADE DA NOSA ESCOLIÑA DE REIS".

ESTA VAI SER A NOSA PRIMEIRA RUTINA, QUE FAREMOS POLA NOITIÑA.

A CONTINUACIÓN  EXPOÑO  E PROPOÑO AS SEGUINTES PARA COMENZAR O DÍA E FACER DURANTE A MAÑÁN.

                                                                                                                                              

 

 

1ª: Na escola todos os días cantamos a canción de

"Doña semana" ou outras como os "Días da semana",

  os "Guardiáns do planeta" ou "Ecoloxista" de Pablo

Díaz.

 

2º:Poñer a data: Vemos que día é: Por exemplo,

martes. Traballos que realizamos coa palabra:

1º. Palmeamos o número de sílabas ou partes: Mar- tes. (2)

2º. Imos desgranando os sons das letras, NUNCA

DECIMOS O NOME DA LETRA, por exemplo "eme".

Pronunciamos o son "mmmm".

3º. Sinalamos cal é a letra inicial e final. Contamos

cantas letras ten.

4º. Localizamos o día do mes no calendario. Por

exemplo hoxe é 17 de marzo. Damos 17 saltos, 17

palmadas,etc. Contamos cara diante e cara atrás. 

 

 

 3º:Vemos os bits. Aquí tendes os enlaces:

http://losbitsdeinteligenciaanaegido.blogspot.com

/2012/04/banderas-de-espana.html

http://losbitsdeinteligenciaanaegido.blogspot.com

/2012/04/grandes-monumentos.html

http://ntic.educacion.es/w3/recursos/infantil

/bits_de_inteligencia/pages/main.htm

Nesta páxina estamos vendo os bits dos números e

cantidade do 1 ao 10 e do 11 ao 20.

 

 

4º: Aprendemos e recitamos a nosa poesía. Agora

estamos memorizando unha de Antonio García Teixeiro

que é así:

 

 

5º: Traballo de mesa: Na casa tendes distintos traballos

de grafomotricidade e fichas de traballo para facer.

Pode ser plastilina, construcións, unha

manualidade, pintar con témperas ou acuarelas, un experimento,

construír un instrumento musical, facer unha receita, etc... 

Os LUNS falamos do que fixemos a fin de semana, e

despois os nenos e nenas fan un debuxo sobre as súas

vivencias neste tempo. Tamén escriben algo, unha

palabra ou frase.

É importante que respetedes a escritura dos rapaces,

sexa cal sexa, garabatos, letras sen sentido para nós,

etc.. Preguntádelle qué puxeron; eu o que fago e

transcribir o que me din , en lápis e con letra máis

pequena que a

deles.

Para esta semana, do 16 ao 20 de marzo propoño:

-Ficha da fin de semana: luns, 16 de marzo.

 

- Acabar a manualidade do ourizo, na que hai que

acabar de pintar, e pegar palillos que serán as púas.

 

- Figuras xeométricas: O rectángulo. Primeiro o

coloreamos, o picamos e pegamos nun folio de cor. Os

máis maiores escriben o nome da figura.

 

Matemáticas: 3 anos (fichas 22, 23 e 24 do libro abn).

4 anos: (fichas 18, 19 e 20 do  libro abn)

5 anos (sumas 2 páxinas)

Grafomotricidade:

3 anos: 2 ou 3 fichas: liñas rectas, curvas...

4 anos: 3 ou 4 fichas: liñas rectas, curvas...

 

5 anos: Grafomotricidade números ( 1,2,3,4)

Grafomotricidade letras (vogais)

Lectura: vogais.

Exercicios de atención: 2 páxinas.

 

CONTOS ECOLÓXICOS: Enviareivos o enlace dun

conto para que vexades cos nenos. Despois realizarán o

debuxo, escribirán o seu nome e algo significativo da

historia no lugar correspondente. Sempre respetando a

escrita dos cativos e a etapa na que están.

 

 

6º: Toca moverse: correr, xogar, saltar. Tendes as

orientacións e actividades do profe Javier. Eu deixovos

de suxerencia os videos de ioga ( YOGIC) que aos

nenos e nenas da escola de Reis lles encantan.

https://www.youtube.com/watch?v=jdxYDxlBe5Q

 

Coñecemos a un xoven inventor incríble!

 Que o problema do plástico é un gran problema, creo que ninguén xa o dubida. Por sorte  as novas xeracións veñen pisando forte, concienciándose  co planeta e buscando solucións para limpar os ríos e mares.

Boyan Slatt é un xoven holandés que creou unha fundación "The Ocean CleanUp" e un barco que xa está empezando a recoller plásticos en ríos de Indonesia e Malasia.

 

Distribuir contido