Audición e linguaxe

NOVAS ACTIVIDADES DE AL

Como cada semana aquí vos deixamos as propostas dende o departamento de Audición e Linguaxe.

LINCE. ATENCIÓN E CONCIENCIA FONOLÓXICA. Debes atopar a imaxe igual e dicir o seu nome.

-Fonema /rr/

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2545/Juego_del_Lince_El_detective_de_la_R_vibrante.pdf

-Fonema /l/

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2545/Juego_del_Lince_El_detective_de_la_L.pdf

-Fonema /s/

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2545/Juego_del_Lince_El_detective_de_la_S.pdf

CONCIENCIA FONOLÓXICA. Fonemas /S/ e /θ/. Rodea ou sinala as imaxes que levan o fonema indicado.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2658/Trabajamos_la_conciencia_fonologica_Fonemas_S-C-Z.pdf

SILABEA. CONCIENCIA SILÁBICA. (En arquivo adxunto) Colócanse todas as cartas sobre a mesa boca abaixo. Cada persoa saca una carta e trata de facer tríos coas cartas que hai enriba da mesa, xa sexa por cor (verde-verde-verde), por número de sílabas (pe-flor-ñu) ou combinados (dúas cartas da mesma cor e dúas cartas co mesmo número de sílabas).

BINGO. VOCABULARIO.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2618/Bingo_Partes_Habitaciones_Casa.pdf

MORFOSINTAXE. Creamos frases tirando dous dados.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2653/Creamos_frases_divertidas_jugando_a_los_dados.pdf

LECTO-ESCRITURA. Aquí tes 5 mini contos con preguntas de comprensión.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/5-minicuentos-comprensivos-tematica-las-plantas.pdf

Para calquera dúbida ou cuestión tedes o correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE AL

Bo día, aquí tedes as propostas desta semana.

CADERNO ACTIVIDADES FONEMA /R/. (En arquivo adxunto) Actividades variadas de todos os niveis para traballar a discriminación e conciencia fonolóxica.

CONCIENCIA SEMÁNTICA. Colorea da mesma cor os conceptos que teñan relación.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/05/actividad-conciencia-sem%C3%A1ntica-relacionamos-palabras.pdf

CAMPOS SEMÁNTICOS. Rodea as imaxes segundo o campo semántico indicado.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2574/Rodear_campos_semanticos.pdf

CONCIENCIA LÉXICA. Debes separar las frases en palabras.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2017/08/Ejercicios-de-Conciencia-L%C3%A9xica-Separar-las-frases-largas-en-palabras.pdf

COMPRENSIÓN DE PREGUNTAS. Nesta actividade atoparás unha serie de tarxetas con unha pregunta, unha imaxe e dúas respostas posibles. Debes escoller a correcta.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/tarjetas-comprension-preguntas.pdf

COMPRENSIÓN LECTORA. Aquí tedes dous textos con preguntas de comprensión.

https://webdelmaestro.com/wp-content/uploads/2013/07/Fiti-y-Bra.pdf

https://webdelmaestro.com/wp-content/uploads/2013/07/El-gallo-Pelayo.pdf

 

Calquera dúbida, contactade no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA ESTA SEMANA

Bo día, aquí tedes as propostas para esta semana.

DOBBLE. O xogo componse de 25 cartas con debuxos relacionados co material escolar. Debes coller dúas cartas e atopar o único elemento común que hai entre elas o máis rápido posible. Así estaremos a traballar a atención, concentración, discriminación visual e vocabulario.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2566/Juego_Dobble_Material_escolar.pdf

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. Aquí vos deixamos varios cadernos de estimulación da linguaxe oral nos que se traballan fonemas concretos. Deixamos os fonemas nos que se tende a ter máis dificultades.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_F.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_L.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_R.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_RR.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_S.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2559/Estimulacion_del_lenguaje_Fonema_Z.pdf

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020. Nesta actividade debemos ler a descrición que Ricardo Carbalho Calero facía do galo na súa obra “As pitas baixo a Chuvia”. A continuación debes pintar o galo tal e como se di na lectura.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2576/Letras_galegas_2020_Ricardo_Carvalho_Calero.pdf

CAMPOS SEMÁNTICOS. Debes rodear as imaxes que pertenzan ó campo semántico que se indica en cada caso.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2574/Rodear_campos_semanticos.pdf

LECTURA DE PSEUDOPALABRAS. Con este tipo de actividade estamos a traballar a ruta fonolóxica, é dicir estamos a adestrar a correcta conversión grafema-fonema imprescindible no correcto desenvolvemento da lectura.

https://www.slideshare.net/majoluflor/lectura-pseudopalabras-39772536

CADERNO PARA TRABALLAR AS SÍLABAS TRABADAS. Aquí atoparedes diferentes actividades para traballar as sílabas trabadas.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/11/LAS-S%C3%8DLABAS-TRABADAS.pdf

COMPRENSIÓN LECTORA

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2017/05/Qui%C3%A9n-le-da-un-beso-al-sapo.pdf

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2017/05/Una-mona-traviesa.pdf

 

Calquera dúbida, poñédevos en contacto no correo diana.gonzález.dejesus@edu.xunta.es

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Bo día!! Aquí tedes as propostas para esta semana.

SERIES FONEMA /L/. Continúa as series pronunciando en alto o nome das imaxes.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/837/Fonema__L_Series.pdf

MEMORY FONEMA /L/.Débense imprimir as imaxes e recortalas. Para xogar debemos colocalas na mesa de forma que non se vexa o debuxo. Despois por quendas debemos irlle dando a volta as tarxetas de dúas en dúas dicindo o nome das imaxes en voz alta. Gaña quen logre máis parellas de imaxes iguais.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/837/Memory_L.pdf

VÍDEO para traballar o FONEMA /L/.

https://www.youtube.com/watch?v=HSj0vAMcVV4

EMPEZA IGUAL QUE... (fonema /L/). Nesa actividade estaremos traballando a conciencia fonolóxica e silábica. Debemos buscar as imaxes que empezan pola mesma sílaba que se indica. Ademais estaremos a traballar vocabulario variado.

https://drive.google.com/file/d/1RU4u3FoLE22WdG8T4vi18-zyuKyzOzkz/view

PASAPALABRA. Actividade de vocabulario. Está indicada para 6 anos xa que poden escribir a resposta os propios nenos, pero tamén é valida para máis pequenos se teñen a algún familiar que lle escriba a resposta.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5696001-ruleta_de_pasapalabra_2.html

DITADOS. (En arquivos adxuntos) Aquí tedes diferentes textos que poden empregarse como lecturas, ditados ou para facer copias. En cada un deles trabállase un aspecto concreto como sílabas trabadas, normas ortográficas ou diminutivos.

Esperamos que vos sexan de axuda. Calquera dúbida contactade no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.es

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Bo día como cada semana aquí tedes as propostas de Audición e Linguaxe. Os documentos adxuntos están ó final da entrada.

PROGRAMA DE ADESTRAMENTO DE INSTRUCIÓNS ESCRITAS. Con este tipo de actividade traballamos a atención, concentración e a comprensión lectora.

https://orientacionandujar.files.wordpress.com/2012/05/programa-de-entrenamiento-de-instruciones-escritas.pdf

 

BUSCAR O FONEMA/S/. Con esta actividade traballamos a conciencia fonolóxica. Debes colorear os debuxos que levan o fonema /s/ no seu nome.

 

TRABALLAMOS O FONEMA S. Leemos sílabas con /s/, completamos palabras con sílabas formadas por /s/, rodeamos os debuxos que levan /s/ no seu nome.

 

VÍDEOS PARA TRABALLAR VOCABULARIO. Neste caso imos traballar as profesións xa que o pasado 1 de maio celebramos o Día do Traballador.

https://youtu.be/L4QQJEmDHcE

https://youtu.be/10VKh09rVRY

https://youtu.be/Bkgq-yaSrQg

 

ORDEAMOS PALABRAS. Debemos ordenar palabras para formar frases con sentido.

Calquera dúbida poñédevos en contacto no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.es

Un saúdo.

NOVAS ACTIVIDADES DE AL

Bos días! Esperamos que sigades todos ben, cada vez falta menos para volver a vernos!

Coma cada semana traemos unha recompilación de actividades para continuar repasando que nos axudarán a asegurar todas aprendizaxes. Recordade que os archivos adxuntos aparecen ó final da entrada.

-ATENCIÓN. Recollemos aquí varias fichas de atención coas que tamén traballamos vocabulario, discriminación visual e lateralidade.

Superheroes.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1839/Discriminacion_visual_y_atencion_1.PDF

Alimentos.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1839/Discriminacion_visual_y_atencion_2.PDF

Medios de transporte e prendas de vestir.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1839/Discriminacion_visual_y_atencion_4.PDF

Lateralidade.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1839/Discriminacion_visual_y_lateralidad_1.PDF

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1839/Discriminacion_visual_y_lateralidad_2.pdf

-CADERNO DE CONCIENCIA FONOLÓXICA. Aquí poderedes atopar varias actividades de conciencia fonolóxica de distinta dificultade. É moi importante traballar este aspecto para un correcto desenvolvemento da articulación.

-VOCABULARIO. Material que nos serve para ampliar vocabulario e traballar campos semánticos. Este material está baseado na metodoloxía TEACCH. Debes clasificar as imaxes segundo corresponda en cada casiña.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2347/Casitas_semanticas.pdf

-CADERNO DISCRIMINACIÓN P-B-D-Q. Aquí recóllense varias actividades para traballar a discriminación destas letras que en ocasións producen confusións.

-COMPLETAR PALABRAS con sílabas formadas por P ou T.

-COMPLETA-SEPARA-ALARGA-CREA. Nesta proposta debes realizar 4 actividades.

   1- Completar o texto coas palabras que faltan.

   2- Separar as palabras para que o texto teña sentido.

   3- Completar a historia como nós queiramos.

   4- Inventar unha breve historia facendo referencia ó debuxo que aparece na parte esquerda.

 

Esperamos que vos gusten e se tedes calquera dúbida contactade no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Unha aperta.

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Esperando que todos esteades ben, traemos varias propostas para esta semana.

Todos os arquivos correspondentes a cada actividade os atoparedes ó final da entrada.

-DADOS FONÉTICOS (R-RR-S-Z). Escollemos o panel do fonema que queiramos traballar. Debemos tirar o dado dúas veces. Unha vez para a columna vertical e outra para a horizontal. Buscamos a imaxe correspondente e dicímola en voz alta. Segundo o noso nivel podemos escribila en papel, empregando materiais como letras móbiles ou imantadas, con garavanzos ou lentellas o que tamén nos axudará a traballar a motricidade fina.

-CONCIENCIA SILÁBICA (sílabas con L). Debedes debuxar debaixo de cada imaxe tantos círculos como sílabas teña a palabra correspondente. A continuación coloreamos o círculo que se corresponda coas sílabas formadas con L. Desta forma estamos a traballar  conciencia silábica, discriminación e conciencia fonolóxica nunha soa actividade.

-COMPLETAR AS PALABRAS. Nesta actividade debemos completar as palabras coas sílabas que faltan. Son sílabas moi sinxelas polo que esta actividade pode ser realizada por alumnado de 5 anos en diante.

-TRES ACTIVIDADES PARA AMPLIAR O VOCABULARIO. TEMA: A PRIMAVERA.

Memory. Débense imprimir as imaxes e recortalas. Para xogar debemos colocalas na mesa de forma que non se vexa o debuxo. Despois por quendas debemos irlle dando a volta as tarxetas de dúas en dúas. Gaña quen logre máis parellas de imaxes iguais.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2368/Memory_Primavera.pdf

Dobble” sobre a primavera. Imprimimos as tarxetas e recortámolas. Debemos atopar a única imaxe igual que hai entre pares de tarxetas. Con este xogo ademais de traballar vocabulario estaremos a traballar a atención, concentración, discriminación visual...

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2036/Encuentra_el_elemento_comun_Primavera.pdf

Bingo. Deixamos dous bingos. Un con 9 imaxes por cartón e outro con 16.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/932/Bingo_primavera_3x3.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/932/Bingo_primavera_4x4.pdf

-RULETA DE CATEGORÍAS SEMÁNTICAS (actividade de vocabulario). Podemos imprimila ou facela, temos un vídeo de como construír ruletas con material reciclado na entrada anterior. Xiraremos a ruleta e segundo o campo semántico que nos toque elaboraremos unha lista de palabras correspondente a dita categoría. Por exemplo se nos toca medios de transporte: coche, avión, tren, bicicleta... Podemos facelo de forma oral ou escrita.

-COMPRENSIÓN LECTORA EN GALEGO. Deixamos dous niveis de dificultade, igual que a semana pasada.

 

Esperamos que vos sexan de utilidade e vos sirvan para ir repasando e reforzando. Como sempre recordamos que para calquera dúbida podedes poñervos en contacto no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Unha aperta. 

NOVAS ACTIVIDADES

Bo día a todas e a todos. Esperamos que tod@s esteades ben e que nestes días de vacacións, aínda que un pouco diferentes, puiderades facer moitas cousas divertidas.

Hoxe traemos dous bloques de actividades diferenciados:

ACTIVIDADES DE LECTO ESCRITURA E COMPRENSIÓN LECTORA

Ó final desta entrada atoparedes dous arquivos con actividades de reforzo de lecto-escritura e comprensión lectora. Hai dous niveis de dificultade. En eles atoparedes diferentes textos con preguntas e diversas actividades de comprensión. 

 

ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A CORRECTA ARTICULACIÓN DO FONEMA /R/ E /RR/.

O fonema /rr/ (r forte) é un dos últimos en acadarse por ser o máis complexo de todos e por iso un dos que máis nos costa articular correctamente. Por iso hoxe traemos unha serie de actividades específicas para traballar este fonema.

Vídeo aprendemos a pronunciar o fonema erre múltiple.

https://www.youtube.com/watch?v=t3cmqQV1Jt8

Vídeo repetimos palabras con erre.

https://www.youtube.com/watch?v=jBFmZC2l_bk

Vídeo repetimos palabras con sinfóns

https://www.youtube.com/watch?v=E2tdB3kvNZ8

Trabalinguas con erre.

-El perro de Roque

https://www.youtube.com/watch?list=PLBlXYndKHP7gKJHgHT1yEpuAGRwBWJ3Lx&v=2TsZO9tq3ME

-Parra tenía una perra

https://www.youtube.com/watch?list=PLBlXYndKHP7gKJHgHT1yEpuAGRwBWJ3Lx&v=BFWXRANwGOI

-Erre con erre.

https://www.youtube.com/watch?list=PLBlXYndKHP7gKJHgHT1yEpuAGRwBWJ3Lx&v=ClBujJcpvv0

Buscamos palabras con /rr/ e con /r/.

https://www.dropbox.com/s/t0uii680jludzqm/BUSCA%20r-rr.pdf?dl=0

OCA da erre.

http://4.bp.blogspot.com/-OQ_4DqP42i4/UJ2UarjfbgI/AAAAAAAAEXI/ISLO-1EMqzY/s1600/oca+erre.png

LINCE da erre.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2229/Juego_Lince_R_suave.pdf

Xogo “Hundir la flota” adaptado para traballar o fonema erre.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2099/Juego_Guerra_de_fonemas_con_peces_y_barcos.pdf

Bingo sílabas iniciais. Aínda que este material está pensado para traballar con articulemas, podemos adaptalo para xogar na casa, escribindo nun papel todas os nomes das imaxes que aparecen nos distintos cartóns do bingo ou fotocopiando as propias imaxes e recortándoas. Metémolas nunha bolsa e imos sacando os nomes/imaxes, repetimos a palabra e tapamos a imaxe no noso cartón.

https://drive.google.com/file/d/1YHnz5g90bIp1Og0QyULXgRTuzEx0uYyI/view

Discriminación de fonemas. En este arquivo atoparedes 15 imaxes adicadas a cada fonema concreto. Para traballar o fonema /rr/ podedes imprimir as imaxes deste fonema e as doutro fonema polo que se acostuma a confundir ou substituír por exemplo o fonema /r/ ou /l/. O neno/a deberá dicir en que imaxe escoita o fonema que queremos traballar, neste caso o /rr/.

https://drive.google.com/file/d/1zEfPzQLPW7W0Bj8WYsQPI7kIQmc7Bann/view

Ruleta de sons. Conciencia fonémica. Para esta actividade é necesario ter unha ruleta (tipo ruleta de IKEA) ou podemos construila nos mesmos con cartón reciclado. Aquí vos deixamos un vídeo de como facelo: https://www.youtube.com/watch?v=4XWlQTIPRIg&t=5s

-Fonema /r/ en posición media e final.

https://drive.google.com/file/d/1oHRPoWn2hJk_gv9w8xU2AJJ2DFUB_4nA/view

-Fonema /rr/ en posición inicial e media. 

https://drive.google.com/file/d/1q9JBTjy-Q1yYYc5Mn5I4377mgoAA18NX/view

 

Esperamos que vos gusten as actividades e vos sexan de axuda. 

Calquer dúbida por favor poñédevos en contacto a través do correo: diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.es

 

NOVAS RECOMENDACIÓNS E ACTIVIDADES

Boas a todos e a todas.

Hoxe traemos novas recomendacións e actividades que podemos facer ó longo destes días.

-Temos a disposición de tod@s unha plataforma chamada ONDA EDUCA con programas de rehabilitación e estimulación da linguaxe totalmente GRATUITA. Aquí vos deixamos o enlace:

https://espacioonda.ondaeduca.com/oels/php/view.php?utm_campaign=acceso-libre-x-covid&utm_medium=email&utm_source=acumbamail

 

-Tamén vos deixamos unha serie de APPS educativas tanto para Ipad como para Android. Atoparedes apps para traballar as emocións, discriminación auditiva, causa-efecto, atención, memoria, vocabulario, secuencias temporais, series, grafomotricidade, lectoescritura, percepción visual... Deixamos o link:

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/recopilatorio-aplicaciones-para-el-ipad/

 

-A continuación deixamos o enlace a unha serie de actividades para o aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades lingüísticas. Hai actividades tanto para Educación Infantil como para os distintos niveis de Educación Primaria.

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas?fbclid=IwAR2-spVwk7nC-wsRhH_FTCcN30Gz8MYRVPXT_5bhbHEwyKuvcU1IfTLfPUk

 

-Tamén vos deixamos unha recompilación de actividades de AL e PT. Algunhas delas xa están recollidas na nosa publicación anterior, pero hai novas ideas que poden resultar interesantes.

https://nubecitasdesabidura.blogspot.com/2020/03/recopilacion-de-materiales-para.html?m=1&fbclid=IwAR35wckBDEH38JOkJAr2hBkqJDLLxjJpvcbdrvxFkfhgEcbCTdq9a_tFIG8

 

ACLARACIÓN:

En relación a un dos enlaces que deixamos na entrada anterior http://siembraestrellas.blogspot.com/  queremos aclarar un par de cousas:

-Cando vos pida meter unha contrasinal tedes que darlle a “SOLO LECTURA”.

-Tal e como vos comentamos, atoparedes material tanto en formato interactivo (Power Point) como para imprimir, pero como existen varias entradas en cada unha das actividades cos diferentes formatos deixámosvos unha lenda para que identifiquedes ben cada un deles:

PPT: Ipad.

PPS: practicamente calquera ordenador.

PPSX o PPTX: Android.

LINUX, UBUNTU: recoméndase traballar online dende One Drive.

PDF: material para imprimir

 

Por último mandarvos moito ánimo e moita forza!

Calquera dúbida non dubidedes en contactar a través do correo: diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Unha aperta.

ORIENTACIÓNS, PAUTAS E ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA A CUARENTENA

Nestes días é importante non perder os hábitos e as rutinas diarias. Para isto imos facer unha serie de recomendacións e propostas que se poden realizar na casa cos nosos nenos e nenas sobre todo cos que precisan apoio de AL.

É importante ter e seguir un horario diario, cunha serie de rutinas e non deixar todo á improvisación.

Existen unha serie de vídeos na páxina https://www.youtube.com/user/blogmaestrosal que pode ver toda a familia e participar de forma lúdica. Os contidos dos vídeos son moi variados. Deixo algúns exemplos:

En www.youtube.com podemos atopar moitos contacontos. Por exemplo na canle https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero atopamos contos como “La bruja rechinadientes”, “El elefante Elmer”, “Las princesas también se tiras pedos”, “Arturo y Clementina”... Contos que nos permiten abordar temas tan importantes como a igualdade, diversidade...

 

No blog http://siembraestrellas.blogspot.com/ atopamos moitísimos recursos relacionados con AL (estimulación da linguaxe oral, vocabulario, morfosintaxe, comprensión, lecto escritura...). Unha gran parte deste material o podedes atopar tanto en formato interactivo (polo que os nenos e nenas poden realizar as actividades nunha tablet ou ordenador) así como en formato listo para imprimir.

 

A continuación recollemos unha serie de páxinas onde podedes atopar gran cantidade de material para imprimir:

  https://www.orientacionandujar.es

  http://www.arasaac.org/

  https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/

  https://www.aulapt.org/educacion-especial/a-l/

 

Este tamén é un gran momento para aproveitar e darlle uso a todos eses xogos de mesa que temos na casa e que son lúdicos para os nosos nenos e nenas e ó mesmo tempo nos permiten traballar outras moitas habilidades e procesos cognitivos. Por exemplo: a oca, o parchís, o dominó, o tres en raia, o bingo, “¿Quién es quién?”, Palabrea, Lince, Dobble, Stop (persona, animal o cosa), Hedbanz...

 

Tamén podemos aproveitar as tarefas diarias para traballar vocabulario, lecto-escritura... Por exemplo escribindo os ingredientes e a receita do menú diario, elaborando un horario para estes días coas actividades que imos facer, escribir palabras empregando materiais como macarróns, fariña, espuma de afeitar...

 

É moi importante ler todos os días (contos, revistas, prensa...). Tras a lectura podemos falar sobre o contido, facer preguntas sobre o mesmo, facer un debuxo...

 

Esperamos que estas orientacións e materiais vos sexan de utilidade e axuda.

Un saúdo e moito ánimo.

Distribuir contido