ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Esperando que todos esteades ben, traemos varias propostas para esta semana.

Todos os arquivos correspondentes a cada actividade os atoparedes ó final da entrada.

-DADOS FONÉTICOS (R-RR-S-Z). Escollemos o panel do fonema que queiramos traballar. Debemos tirar o dado dúas veces. Unha vez para a columna vertical e outra para a horizontal. Buscamos a imaxe correspondente e dicímola en voz alta. Segundo o noso nivel podemos escribila en papel, empregando materiais como letras móbiles ou imantadas, con garavanzos ou lentellas o que tamén nos axudará a traballar a motricidade fina.

-CONCIENCIA SILÁBICA (sílabas con L). Debedes debuxar debaixo de cada imaxe tantos círculos como sílabas teña a palabra correspondente. A continuación coloreamos o círculo que se corresponda coas sílabas formadas con L. Desta forma estamos a traballar  conciencia silábica, discriminación e conciencia fonolóxica nunha soa actividade.

-COMPLETAR AS PALABRAS. Nesta actividade debemos completar as palabras coas sílabas que faltan. Son sílabas moi sinxelas polo que esta actividade pode ser realizada por alumnado de 5 anos en diante.

-TRES ACTIVIDADES PARA AMPLIAR O VOCABULARIO. TEMA: A PRIMAVERA.

Memory. Débense imprimir as imaxes e recortalas. Para xogar debemos colocalas na mesa de forma que non se vexa o debuxo. Despois por quendas debemos irlle dando a volta as tarxetas de dúas en dúas. Gaña quen logre máis parellas de imaxes iguais.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2368/Memory_Primavera.pdf

Dobble” sobre a primavera. Imprimimos as tarxetas e recortámolas. Debemos atopar a única imaxe igual que hai entre pares de tarxetas. Con este xogo ademais de traballar vocabulario estaremos a traballar a atención, concentración, discriminación visual...

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2036/Encuentra_el_elemento_comun_Primavera.pdf

Bingo. Deixamos dous bingos. Un con 9 imaxes por cartón e outro con 16.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/932/Bingo_primavera_3x3.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/932/Bingo_primavera_4x4.pdf

-RULETA DE CATEGORÍAS SEMÁNTICAS (actividade de vocabulario). Podemos imprimila ou facela, temos un vídeo de como construír ruletas con material reciclado na entrada anterior. Xiraremos a ruleta e segundo o campo semántico que nos toque elaboraremos unha lista de palabras correspondente a dita categoría. Por exemplo se nos toca medios de transporte: coche, avión, tren, bicicleta... Podemos facelo de forma oral ou escrita.

-COMPRENSIÓN LECTORA EN GALEGO. Deixamos dous niveis de dificultade, igual que a semana pasada.

 

Esperamos que vos sexan de utilidade e vos sirvan para ir repasando e reforzando. Como sempre recordamos que para calquera dúbida podedes poñervos en contacto no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.gal

Unha aperta. 

AdxuntoTamaño
Xogo dados fonéticos_ R - S - Z.pdf7.27 MB
Conciencia silábica L.pdf152.47 KB
Completar sílabas.pdf161.36 KB
Ruleta Categorias Semánticas.pdf270.97 KB
Comprensión galego 1.pdf476.69 KB
Comprensión galego 2.pdf437.81 KB