XORNADA DE PORTAS ABERTAS
No arquivo adxunto atoparedes información da data de portas abertas do noso colexio, estaremos encantados de recibirvos.
INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS
Dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ámbolos días incluidos, ábrese o prazo para a reserva de praza nos centros adscritos.
Os centros adscritos que corresponden ao CRA de Teo (Código de centro:15026169) son:
- CEIP A IGREXA-CALO (Código de centro:15017041) (escola de Casalonga)
- CEIP DA RAMALLOSA (Código de centro: 15017107) ( escola de Cacheiras, Raxó, Recesende e Reis)
O alumnado que debe facer esta reserva é o que está actualmente cursando o 2º curso de primaria.
Para poder presentar esta solicitude pode optarse por tres opcións distintas:
1- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro xunto coa fotocopia do libro de familia, os titores/as entregaranvos os impresos e unha vez cubertos teredes que volvelos a entregar no centro debidamente cubertos e asinados.
2- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Na aplicación de admisión alumnado na opción de solicitudes eleximos a de reserva/admisión e crear, aparecerá unha pantalla para cubrir todos os datos solicitados (persoais, contacto, autorizacións.......) , unha vez cubertos confirmade a solicitude para así poder descargala e asinala.
3- Cubrir a solicutude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Para ista opción é preciso acceder a admisión alumnado con Chave 365 ou certificado dixital. Deberán cubrir tódolos datos pertinentes e achegar escaneados toda a documentación.
A ruta a seguir no caso da opción 2 e 3 é a seguinte:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
É importante que ademáis da sinatura do proxenitor/a solicitante estea cuberto o ANEXO I-bis de consentimento do outro/a proxenitor/a.
Nos arquivos adxuntos atoparedes a solicitude pertinente (en galego e castelán)
CONCESIÓN DIRECTA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Segundo a Orde do 29 de Abril de 2022, recoñécese o dereito de recibir axudas para adquisición de libros de texto e material escolar as familias que cumpriron determinados requisitos.
Unha vez entregados os vales as persoas beneficiarias, por mor das consecuencias económicas adversas, ampliaranse en 25 € as axudas para os beneficiarios do cheque de material escolar, en términos de renda, os que non sobrepasaron 6000 € na súa renda per cápita.
Dende o colexio avisarase para recollelo, estamos a espera da publicación no Diario Oficial de Galicia para poder xeralos.
No arquivo adxunto aparece a citada orde.
Un saúdo.
PERÍODO FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Ábrese o prazo para formalizar a matrícula dende o día 20 ao 30 de Xuño, ambos incluídos.
No arquivo adxunto atoparedes o impreso de formalización que terá que vir debidamente cuberto e asinado, ademáis é preciso entregar a seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia.
- D.N.I dos proxentires do alumno/a.
- D.N.I do alumno/a en caso de telo.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
Para entregar esta documentación haberá que chamar previamente ao seguinte número de teléfono: 683149343 onde se concertará unha cita.
LISTADO DE LIBROS DE CARA AO VINDEIRO CURSO 2022/23
Nos arquivos adxuntos atoparedes o listado de libros das diferentes escolas de Educación Infantil e de Educación Primaria.
ORDE DO CALENDARIO ESCOLAR
Remítovos a Orde do Calendario Escolar de cara ao vindeiro curso:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37164
NOVO PROTOCOLO DE ADAPTACION AO CONTEXTO DA COVID-19
No seguinte enlace atoparedes as novidades da versión do novo protocolo referente as medidas Covid:
BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO
Dende o 19 de Maio ata o 30 de Setembro de 2022 ábrese o prazo para solicitar becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
A información para cubrir a solicitude atoparedela na seguinte ligazón:
Unha vez cuberta é preciso imprimila en papel e asinala a familia, o gabinete psicopedagóxico deberá cubrir o que lle corresponda para finalmente entregala no Departamento de Orientación do colexio co resto dos documentos que esixa a convocatoria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23
Segundo a Orde do 29 de Abril de 2022 establécese un período que abrangue dende o 19 de Maio ata o 22 de Xuño, para solicitar axudas destinadas a adquisición de libros e de material escolar.
A presentación pode facerse de tres formas distintas:
- Presencial na Sede do CRA de Teo coa solicitude e o Anexo II debidamente cubertos e asinados.
- Mediante a aplicación Fondo Libros , terán que imprimir a solicitude e o Anexo II, cubertos, asinados e entregalos no centro.
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario de Chave 365.
Para optar a estas axudas a renda per cápita non pode superar os 10.000€, no caso de axudas de libros, con respecto a axudas de material escolar non pasar de 6.000€. (O exercicio fiscal corresponde o ano2020 e calcúlase coa suma das casillas 435 e 460 dividido entre os membros computables da unidade familiar).
A documentación a presentar xunto coa solicitude será a seguinte:
- Anexo II
- Copia do libro de familia, onde figure o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar.
No caso de separación ou divorcio deberá presentar sentenza ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso de non contar con libro de familia poderase presentar un certificado de convivencia ou un informe dos servizos sociais do concello onde resida a familia.
- De ser o caso certificado de discapacidade do alumno/a ou calquer membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
- De ser o caso documentación xustificativa de violencia de xénero no ámbito familiar.
- De ser o caso resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Nos arquivos adxuntos atoparedes a solicitude (Anexo I) e o Anexo II
INFORMACION CON RESPECTO AO PROCESO DE ADMISION
