Ed. Relixiosa

ASÍ CONCIBO A MIÑA ASIGNATURA DE RELIXIÓN

Aproveito este medio de acercarme a comunidade educativa interesada en coñecer a asignatura de Relixión e a maneira de como a traballo na aula.

A relixión na escola responde a explicación dun feito que pervive na sociedade dende as primeiras existencias de vida humana na Terra.

Este feito estúdiase dende o plano antropolóxico e cultural, traducido ao traballo na aula, entendo que na concepción do ser humán o plano transcendental precisa de respostas polo que acudimos a disciplinas nombradas anteriormente como é a antropoloxía e tamén a teoloxía.

En canto ao cultural cabe destacar que a simbiosis da relixión con moitas das disciplinas é un feito (literatura, arte, historia......), simplemente para interpretar as noticias actuales coas que convivimos os coñecementos relixiosos están no transfondo de moitas delas.

A pluralidade social non debe excluir esta realidade, debemos camiñar cara un mundo con mentes abertas onde se respete as aportacións que se achegan dende distintos saberes.

Estes contidos serán traballados dende a propia experiencia individual e social tendo en conta o desenrolo evolutivo do alumnado.

O xogo e o diálogo serán os protagonistas á hora da metodoloxía empregada.

Estando a disposición de tod@s que queiran aclaran calqueira dúbida despídome cun cordial saúdo.

 

 

CAMIÑO DA PAZ

Quero aproveitar este medio para desexar, os meus alumn@s e as súas familias, boa saúde, tocounos unha época onde temos que ter paciencia e esperar que todo retorne a normalidade que de seguro vai a pasar.

A presencialidade impídenos dialogar, comparar, experimentar....en definitiva aprender entre todos, de tódolos xeitos con esta canción que vos envío, dalgunha forma nos sentimos xuntos.

O día 30 de Xaneiro celébrase o día da Paz, intentaremos ca letra e coas imaxes da canción chegar o seu significado.

Desexo que axiña voltedes as aulas.

Recibide un saúdo da profe Pili

SAÚDOS A TOD@S

Na véspera da data da paz quero saudarvos a tod@s os que por diversos motivos non puidestes vir á escola, non dubidedes que estamos tod@s desexandondo que volvades a encher a aula de vida e ilusión,mándovos unha das miñas cancións preferidas para o día da paz e un dos contos onde faríamos maxia na escola para transportar a nosa vida, ata prontiño.

SON MOI IMPORTANTE

Sempre é un pracer volver a contactar con tod@s, prometín seguir coa programación de Maio pero fixo tanta calor que me pareceu un despropósito liarvos con nada.

Ahora as temperaturas cambiaron e comparto traballos que fariamos na nosa escola en condicións normais.

Defínese a autoestima como a capacidade que ten unha persoa para valorarse, respetarse e aceptarse a sí mesmas tal e como é.

O estudo da antropoloxía supón un dos maiores retos da relixión, a persoa según a tradición cristiá caracterízase e diferenciase das demáis criaturas pola relación necesaria cos demáis.

Esta relación sempre debe ser constructiva e beneficiosa sumando aspectos positivos a nosa existencia, neste punto trato o tema do acoso escolar, para facerlles ver e sentir que ninguén ten dereito a fastidiar o desenvolemento normal e polo tanto usurpar unha felicidade necesaria para o disfrute da vida.

Neste senso fago fincapé na autoestima que definía anteriormente, os mestr@s e tod@s os adultos que comparten a vida dos nen@s temos a obriga de custodiar e garantir as condicións necesarias para manter intacta a ilusión e gozo de quererse a si mesmos sempre.

Se algunha vez sinten a necesidade de contar algún problema teñen que estar seguros que nos maiores atoparán a solución.

Propoño un xogo: Contar situacións nas que nos sentimos felices e importantes e situacións nas que nos sentimos tristes.

Se esto o fixeramos na aula axudaríanos para coñecernos mellor e darnos conta da importancia das emocións.

O corto que poño de seguido paréceme apropiado para tratar este tema.

https://www.youtube.com/watch?v=8hgNwjTLMRw&feature=youtu.be

Despídome con un ata pronto, teredes novas da profe Pili. Un abrazo

 

 

A FAMILIA UNIVERSAL

Non me esquecín de vós, simplemente me da pena que non disfrutedes deste bo tempo que compensa os días de confinamento.

É tempo de disfrutar e ser moi felices correndo e xogando ahora que podedes, simplemente por si en algún momento, despois dos deberes dos vosos titores vos apetece, cóntovos outros temas que traballaríamos neste mes.

A FAMILIA: Cando falamos de familia temos que entender o significado amplo que ten este concepto:

A familia é a base da sociedade, onde se aprenden os valores que se poñen en práctica e condicionan o progreso da humanidade.

Ó longo da historia os tipos de familia foronse ampliando, dende o punto de vista da área de relixión tódalas familias deben caracterizarse pola axuda, polo perdón e polo amor universal.

Nesta situación imos considerar familia ó conxunto de persoas que habitan no planeta e loitan todos por vencer a este terrible coronavirus.

Os meus alumn@s de primaria vanse imaxinar, coa axuda do globo terráqueo, unha viaxe a outro país que eles queiran e teríanlle que contar esta experiencia da cuarentena o outro nen@ que vivise nese país. 

Os nen@s de infantil debuxarían a algún membro da súa familia.

 Déixovos un dos múltiples vídeos que nos fala dunha tipoloxía de familia:


 Despídome de tod@s sentíndovos da miña familia.

APRENDEMOS UN POUCO

Ola a tod@s, síntome seguro que como vós, desconcertada por estar tanto tempo nunha situación moi distinta a habitual, pero estou segura que nos servirá para valorar positivamente todo o cotiá que antes pasabamos por alto.

O traballo que faciamos no cole sempre estaba precedido dunha explicación onde tod@s participabamos, cada quen a súa maneira e segundo as súas posibilidades, para así alcanzar a aprendizaxe proposta.

De todas formas vou facer un pequeno resumo da miña programación do mes de maio.

O tema que vou tratar son os maios:

Ó longo da historia os pobos sentiron gran admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, a divinización da natureza era moi frecuente.

Os maios encádranse no calendario entre mediados de abril e mediados de maio ou incluso hai quen pensa que ata o San Xoán.

En canto a súa orixe non hai consenso entre os historiadores: algúns pensan que naceu no Neolítico, outros na cultura clásica greco-romana e tamén se aposta pola súa aparición no mundo celta.

 Na cultura cristiá a celebración céntrase no aspecto da fecundidade, ó igual que a natureza nos ofrece en todo o seu esplendor os seus froitos, o feito de nacer sempre é un acontecemento digno de celebración.

En canto á posta en práctica desta festa atopamos diferencias segundo os fins sexan agrarios ou lúdicos.

Dentro dos agrarios destaco a colocación "dunha xesta amarela ou branca" nas casas, establos e cada vez máis frecuente nos coches.

Se o fin é lúdico as flores recobran o gran protagonismo, dende ramos de flores que os nen@s trucaban por lambetadas ata arcos ou cruces de flores exaltando a ledicia da resurrección do mundo primaveral e o adormecemento do inverno.

Como actividade, @s que queirades, propoño encher de vida o noso cole cun debuxo onde apareza adornado de flores, deste xeito ainda que de maneira artística sentimos que volvemos a disfrutar da escola.

Os nen@s de primaria esta ilustración acompáñana dunha copla típica dos maios, se non coñecedes ningunha xa vos serviría esta:

Onte despideuse

o dichoso mes de Abril

dicindo que o seu primo Maio

traería flores mil.

Despídome de vós añorándovos moito e emprazándovos ata un novo tema.

Un abrazo. 

 

 

CELEBRAMOS A VIDA

Antes que nada desexar de todo corazón que tod@s esteades ben de saúde.

Diríxome  a vós para recordarvos que esta semán se celebran dúas conmemoracións importantes que sempre facía mención delas nas nosas aulas.

O día 22 de Abril recórdase o Día da Terra ,dado que a vida é unha das cuestións que sempre estudiou a relixión, paréceme  apropiado adicar a importancia do coidado da nosa casa en maiúscula porque se o planeta está en malas condicións repercute na nosa experiencia.

Nomeo a palabra VIDA con maiúscula, tantas veces pensada nestes intres angustiosos que nos toca asimilar,pero sempre seguros que o seu propio significado aporta as forzas seguras dunha saída victoriosa capaz de sobrepoñerse as dificultades que se aparecen.

Fai moi pouco celebrábamola Pascua, que non é outra cousa que a victoria da VIDA, e me gustaría compartir con tod@s vos un vídeo que nos mostra a importancia de que pequenos grans de area axudan a facer unha"TERRA ONDE TRIUNFE A VIDA"

Outro día moi importante é o Día do Libro, sempre intento inculcarlle que o secreto de saber soñar e elexir está agochado nos libros, para formar mentes libres é necesario o disfrute dos libros, un dos vídeos que recomendo é:

APELAMOS A CONFIANZA

Dame moito desánimo volver a conectarme con vós por este medio. Se por algo se caracteriza a escola é pola riqueza que aporta as relacións humanas entre mestr@/alumn@ e entre os propios alumn@s.

 Temos que ter a esperanza que esta situación non durará moito tempo e mentres tanto quero facervos partícipes dun poema de Federico García Lorca, recordando que o 21 de Marzo foi o Día Mundial da poesía, a medida que leo a poesía imaxínome que todos, nestes intres, nos gustaría converternos en bolboretas:

MARIPOSA DEL AIRE 

 Non podo deixar de acordarme da Semana Santa, nunca ata ahora foi tan excepcional, dende a escola sempre a tratábamos dende o punto de vista do perdón e da confianza.

Quero resaltar a palabra CONFIANZA e apelar a que a vida nun abrir e cerrar de ollos volveremos a disfrutala e saboreala como estábamos acostumados.

Despídome desexándovos todo o mellor e esperando volver a reencontraranos.

 

 

PARA REFLEXIONAR

Dende a área de relixión fago chegar os meus ánimos e inquedanzas a todo o mundo e en especial os meus alumn@s.

A miña forma de traballara asignatura non responde a calqueira tarefa que vos puidera enviar senón máis ben a un trato persoal onde a teoría a tratar está adaptada a linguaxe e realidade dos nen@s que teño enfrente.

Para acadar os obxectivos propostos emprego o diálogo como ferramenta fundamental, partindo das vivenzas e ideas previas de cada alumn@ achegámonos o verdadeiro coñecemento.

O que de verdade me sae do corazón e pensar que todos imos superar esta época e seremos capaces de sobrelevar da mellor forma posible esta situación.

Recomendo a visualización e comentario cos nen@s do seguinte vídeo

 

Moitos ánimos e saúde.

A ESPERANZA

NO UMBRAL DO HOURIZONTE
ESCOITEI A PALABRA ESPERANZA
DENDE AQUEL DÍA APRENDÍN
QUE A VIDA É MÁXICA.

Distribuir contido