ASÍ CONCIBO A MIÑA ASIGNATURA DE RELIXIÓN

Aproveito este medio de acercarme a comunidade educativa interesada en coñecer a asignatura de Relixión e a maneira de como a traballo na aula.

A relixión na escola responde a explicación dun feito que pervive na sociedade dende as primeiras existencias de vida humana na Terra.

Este feito estúdiase dende o plano antropolóxico e cultural, traducido ao traballo na aula, entendo que na concepción do ser humán o plano transcendental precisa de respostas polo que acudimos a disciplinas nombradas anteriormente como é a antropoloxía e tamén a teoloxía.

En canto ao cultural cabe destacar que a simbiosis da relixión con moitas das disciplinas é un feito (literatura, arte, historia......), simplemente para interpretar as noticias actuales coas que convivimos os coñecementos relixiosos están no transfondo de moitas delas.

A pluralidade social non debe excluir esta realidade, debemos camiñar cara un mundo con mentes abertas onde se respete as aportacións que se achegan dende distintos saberes.

Estes contidos serán traballados dende a propia experiencia individual e social tendo en conta o desenrolo evolutivo do alumnado.

O xogo e o diálogo serán os protagonistas á hora da metodoloxía empregada.

Estando a disposición de tod@s que queiran aclaran calqueira dúbida despídome cun cordial saúdo.