Ed. Física

Máis ideas, quinto vídeo

Sinxelo xogo de coordinación e golpeos. Se vos animades a probalo enviade o vídeo a javiersaavedra@edu.xunta.gal

https://youtu.be/frZTjhBUrQg

Máis ideas, cuarto vídeo

Esta vez centrada nos circuitos. Calqueira idea ou suxerencia xa sabedes: javiersaavedra@edu.xunta.es .

Espero as vosas propostas!

https://youtu.be/eytaycF3WAU

Máis ideas, terceio vídeo.

Novo vídeo con máis ideas para facer na casa. Esta vez centrada no traballo do equilibrio. Calqueira idea ou suxerencia : javiersaavedra@edu.xunta.es

https://www.youtube.com/watch?v=gAEcR-BeGpo&feature=youtu.be

Máis ideas, propostas de compañeir@s

Esta vez recollo propostas de compañeir@s que tamén me pareceron moi interesantes e divertidas para manterse en movemento, espero que vos gusten:

  • -Proposta para toda a familia para facer na clase cunha interesante instoria que seguiremos paso a paso aquí.
  • Conto motor no que teredes que ir imitando animais e movementos que van aparecendo aquí.
  • Se queredes bailar, estes rapac@s teñen unhas boas coreografías con música marchosa aquí.
  • Dende Educación Galicia propoñen unha iniciación o Ioga para os que teñades curiosidade nesta disciplina aquí.

Coidádevos, aproveitade as saidas e calqueira dúbida, idea ou suxerencia escribideme a javiersaavedra@edu.xunta.es !

Máis ideas

Nestes días nos que xa poden sair unha hora simplemente invitarvos a fomentar neles calquer tipo de movemento:

Aproveitar para saltar, correr, andar en bici, en patíns, xogar as palas, escondite, botar e lanzar balóns ou pelotas… todo depende do que teñades a man e o espazo dispoñible claro e seguindo as normas de respetar distancias claro.

Tamén podedes continuar facendo calquera das ideas que vos dei días anteriores aquí na web ou probar este divertido xogo que elaborou unha compañeira que podedes realizar no fogar e só precisades un dado:

https://drive.google.com/file/d/1fZY-vqcF3TnqHKaNGXP5tDzG7BnF6jQj/view

Non dubidedes en escribirme o correo javiersaavedra@edu.xunta.es para calqueira dúbida!

Máis ideas, segundo vídeo

Outra remesa de propostas sinxelas sen motio material e pouco espazo. Para calquera dúbida ou suxerencia non dubidedes en escribirme a javiersaavedra@edu.xunta.es

Ideas terceira semana.

Para esta terceira semana deixo máis ideas e suxerencias de actividades motrices que podedes realizar c@s nen@s en pouco espazo:

-Limbo: Ponse unha corda , pau de vasoira ou similar en horizontal, deben pasar por debaixo arqueando a espalda e mirando cara arriba, cada véz baixase un pouco máis ata que non se poida pasar:

-Diana: con bolas ou avions de papel intentar meter nunha porta dun armario, nunha papeleira, nun cíeruclo pintado no chan...

-Bolos: Con botellas e bolas de papel ou similar.

-Circuito: Percorrido usando todo o que se nos ocorra: pasar por debaixo dunha mesa, subir polas cadiras, cruzar o pasillo a pata coxa, tocar as toallas do baño dun salto... Logo que el@s nos propoñan outro a nos.

-Adiviña: imitar animais, oficios, series infantis... e el@s deben adiviñar de que se trata, logo ó reves.

-Estatuas musicais: ponse unha música para bailar e cando se pare deben quedar quietos ata que se reanude a canción.

-Cores: con tres obxectos de diferente cor escondidos nas nosas mans, según amosemos un deberán facer rápidamente unha acción asociada a ese cor, por exeplo, tres bolas de cores que escondemos nas mans tras a nosa espalda, se mostramos a verde deben dar un salto, se mostramos a azul sentarse, se sacamos a amarela dar unha palmada... pódese facer cada vez máis rápido ou meter algun cor/acción máis.

Busqueda do tesouro: escóndese algo na casa e deben atopalo, podemos dar pistas ou axudar con "frío/quente".

Distribuir contido