Ed. Física

Máis ideas

Aquí vos deixo outra remesa de propstas que seguramente sexan factibles en tódolos fogares:

-Con corda ou similar, aprender a saltar de modo individual ou "a comba". Tamén se pode simular ser ondas do mar, unha serpe...

-No colchón da cama facer saltos, simulacións de loitas, rebotes... sempre con moito coidado e sen esaxerar os movementos.

-Busca formas: Propoñemos unha forma e deben atopar cousas na casa que se correspondan traéndonolas a onde estemos ou simplemente voltando e contándonos onde a viron. Por exemplo, rectángulo e traer unha caixa de zapatos.

-Tobogán: se temos unhas escaleiras podemos pegar cartóns nunha metade dos escalons facendo que se poida subir por un lado e baixar polos cartóns coma un tobogán. Mais fácil e se temos unha tabla ou porta que podemos apoiar e faría a mesma función.

-Follas de xornais: podemos saltar de un a outro e conseguir chegar a algun punto sinalada, o mesmo só con dous, poñendo un para saltar en riba e collendo o que nos queda atrás e así sucesivamente.

Se temos algo máis de espazo podemos correr e conseguir que se quede pegado no peito sen usar as mans, facer batallas de bolas a ver quen consigue ter menos no seu campo cando remate un tempo prefixado...

Saudos e ánimo ,Javier.

Calquera cousa contactade comigo na aula virtual ou no correo javiersaavedra@edu.xunta.es

Distribuir contido