A FAMILIA UNIVERSAL

Non me esquecín de vós, simplemente me da pena que non disfrutedes deste bo tempo que compensa os días de confinamento.

É tempo de disfrutar e ser moi felices correndo e xogando ahora que podedes, simplemente por si en algún momento, despois dos deberes dos vosos titores vos apetece, cóntovos outros temas que traballaríamos neste mes.

A FAMILIA: Cando falamos de familia temos que entender o significado amplo que ten este concepto:

A familia é a base da sociedade, onde se aprenden os valores que se poñen en práctica e condicionan o progreso da humanidade.

Ó longo da historia os tipos de familia foronse ampliando, dende o punto de vista da área de relixión tódalas familias deben caracterizarse pola axuda, polo perdón e polo amor universal.

Nesta situación imos considerar familia ó conxunto de persoas que habitan no planeta e loitan todos por vencer a este terrible coronavirus.

Os meus alumn@s de primaria vanse imaxinar, coa axuda do globo terráqueo, unha viaxe a outro país que eles queiran e teríanlle que contar esta experiencia da cuarentena o outro nen@ que vivise nese país. 

Os nen@s de infantil debuxarían a algún membro da súa familia.

 Déixovos un dos múltiples vídeos que nos fala dunha tipoloxía de familia:


 Despídome de tod@s sentíndovos da miña familia.