CELEBRAMOS A VIDA

Antes que nada desexar de todo corazón que tod@s esteades ben de saúde.

Diríxome  a vós para recordarvos que esta semán se celebran dúas conmemoracións importantes que sempre facía mención delas nas nosas aulas.

O día 22 de Abril recórdase o Día da Terra ,dado que a vida é unha das cuestións que sempre estudiou a relixión, paréceme  apropiado adicar a importancia do coidado da nosa casa en maiúscula porque se o planeta está en malas condicións repercute na nosa experiencia.

Nomeo a palabra VIDA con maiúscula, tantas veces pensada nestes intres angustiosos que nos toca asimilar,pero sempre seguros que o seu propio significado aporta as forzas seguras dunha saída victoriosa capaz de sobrepoñerse as dificultades que se aparecen.

Fai moi pouco celebrábamola Pascua, que non é outra cousa que a victoria da VIDA, e me gustaría compartir con tod@s vos un vídeo que nos mostra a importancia de que pequenos grans de area axudan a facer unha"TERRA ONDE TRIUNFE A VIDA"

Outro día moi importante é o Día do Libro, sempre intento inculcarlle que o secreto de saber soñar e elexir está agochado nos libros, para formar mentes libres é necesario o disfrute dos libros, un dos vídeos que recomendo é: