SON MOI IMPORTANTE

Sempre é un pracer volver a contactar con tod@s, prometín seguir coa programación de Maio pero fixo tanta calor que me pareceu un despropósito liarvos con nada.

Ahora as temperaturas cambiaron e comparto traballos que fariamos na nosa escola en condicións normais.

Defínese a autoestima como a capacidade que ten unha persoa para valorarse, respetarse e aceptarse a sí mesmas tal e como é.

O estudo da antropoloxía supón un dos maiores retos da relixión, a persoa según a tradición cristiá caracterízase e diferenciase das demáis criaturas pola relación necesaria cos demáis.

Esta relación sempre debe ser constructiva e beneficiosa sumando aspectos positivos a nosa existencia, neste punto trato o tema do acoso escolar, para facerlles ver e sentir que ninguén ten dereito a fastidiar o desenvolemento normal e polo tanto usurpar unha felicidade necesaria para o disfrute da vida.

Neste senso fago fincapé na autoestima que definía anteriormente, os mestr@s e tod@s os adultos que comparten a vida dos nen@s temos a obriga de custodiar e garantir as condicións necesarias para manter intacta a ilusión e gozo de quererse a si mesmos sempre.

Se algunha vez sinten a necesidade de contar algún problema teñen que estar seguros que nos maiores atoparán a solución.

Propoño un xogo: Contar situacións nas que nos sentimos felices e importantes e situacións nas que nos sentimos tristes.

Se esto o fixeramos na aula axudaríanos para coñecernos mellor e darnos conta da importancia das emocións.

O corto que poño de seguido paréceme apropiado para tratar este tema.

https://www.youtube.com/watch?v=8hgNwjTLMRw&feature=youtu.be

Despídome con un ata pronto, teredes novas da profe Pili. Un abrazo