ORIENTACIÓNS, PAUTAS E ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA A CUARENTENA

Nestes días é importante non perder os hábitos e as rutinas diarias. Para isto imos facer unha serie de recomendacións e propostas que se poden realizar na casa cos nosos nenos e nenas sobre todo cos que precisan apoio de AL.

É importante ter e seguir un horario diario, cunha serie de rutinas e non deixar todo á improvisación.

Existen unha serie de vídeos na páxina https://www.youtube.com/user/blogmaestrosal que pode ver toda a familia e participar de forma lúdica. Os contidos dos vídeos son moi variados. Deixo algúns exemplos:

En www.youtube.com podemos atopar moitos contacontos. Por exemplo na canle https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero atopamos contos como “La bruja rechinadientes”, “El elefante Elmer”, “Las princesas también se tiras pedos”, “Arturo y Clementina”... Contos que nos permiten abordar temas tan importantes como a igualdade, diversidade...

 

No blog http://siembraestrellas.blogspot.com/ atopamos moitísimos recursos relacionados con AL (estimulación da linguaxe oral, vocabulario, morfosintaxe, comprensión, lecto escritura...). Unha gran parte deste material o podedes atopar tanto en formato interactivo (polo que os nenos e nenas poden realizar as actividades nunha tablet ou ordenador) así como en formato listo para imprimir.

 

A continuación recollemos unha serie de páxinas onde podedes atopar gran cantidade de material para imprimir:

  https://www.orientacionandujar.es

  http://www.arasaac.org/

  https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/

  https://www.aulapt.org/educacion-especial/a-l/

 

Este tamén é un gran momento para aproveitar e darlle uso a todos eses xogos de mesa que temos na casa e que son lúdicos para os nosos nenos e nenas e ó mesmo tempo nos permiten traballar outras moitas habilidades e procesos cognitivos. Por exemplo: a oca, o parchís, o dominó, o tres en raia, o bingo, “¿Quién es quién?”, Palabrea, Lince, Dobble, Stop (persona, animal o cosa), Hedbanz...

 

Tamén podemos aproveitar as tarefas diarias para traballar vocabulario, lecto-escritura... Por exemplo escribindo os ingredientes e a receita do menú diario, elaborando un horario para estes días coas actividades que imos facer, escribir palabras empregando materiais como macarróns, fariña, espuma de afeitar...

 

É moi importante ler todos os días (contos, revistas, prensa...). Tras a lectura podemos falar sobre o contido, facer preguntas sobre o mesmo, facer un debuxo...

 

Esperamos que estas orientacións e materiais vos sexan de utilidade e axuda.

Un saúdo e moito ánimo.