ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Bo día!! Aquí tedes as propostas para esta semana.

SERIES FONEMA /L/. Continúa as series pronunciando en alto o nome das imaxes.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/837/Fonema__L_Series.pdf

MEMORY FONEMA /L/.Débense imprimir as imaxes e recortalas. Para xogar debemos colocalas na mesa de forma que non se vexa o debuxo. Despois por quendas debemos irlle dando a volta as tarxetas de dúas en dúas dicindo o nome das imaxes en voz alta. Gaña quen logre máis parellas de imaxes iguais.

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/837/Memory_L.pdf

VÍDEO para traballar o FONEMA /L/.

https://www.youtube.com/watch?v=HSj0vAMcVV4

EMPEZA IGUAL QUE... (fonema /L/). Nesa actividade estaremos traballando a conciencia fonolóxica e silábica. Debemos buscar as imaxes que empezan pola mesma sílaba que se indica. Ademais estaremos a traballar vocabulario variado.

https://drive.google.com/file/d/1RU4u3FoLE22WdG8T4vi18-zyuKyzOzkz/view

PASAPALABRA. Actividade de vocabulario. Está indicada para 6 anos xa que poden escribir a resposta os propios nenos, pero tamén é valida para máis pequenos se teñen a algún familiar que lle escriba a resposta.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5696001-ruleta_de_pasapalabra_2.html

DITADOS. (En arquivos adxuntos) Aquí tedes diferentes textos que poden empregarse como lecturas, ditados ou para facer copias. En cada un deles trabállase un aspecto concreto como sílabas trabadas, normas ortográficas ou diminutivos.

Esperamos que vos sexan de axuda. Calquera dúbida contactade no correo diana.gonzalez.dejesus@edu.xunta.es

Un saúdo.

AdxuntoTamaño
dictados.pdf104.08 KB