Reis 2020/21

DESPEDIDAS

 

Chegou o día das despedidas, foi un curso incrible cunhas persoas preciosas...

Comeza unha nova etapa, e toca despedirse...

Eso sí, levamos unha camiseta de recordo, da loba Berenguela, a nosa loba, o noso proxecto.

Tamén levamos con nós todos os momentos vividos, o cariño que nos temos, e os desexos de que a todos e todas a vida nos sonría en gran parte do noso camiño.

 

Hugo, Noa, Aleix, Ivo, Lía, Nico e Antón comezarán unha nova etapa en Primaria, pero seguirán na escola.

Martín, Marcos e Danna van á Ramallosa a vivir novas experiencias.

Moita sorte a todos!

 

CELEBRANDO OS ANIVERSARIOS DO VERÁN

 

Chega o verán, as vacacións, e non podermos rematar o curso sen soprar as velas con todas as crianzas que cumplen na época do ano máis calurosa. Lía, Nico, Xana, Luca e Antón tiveron o seu momento especial cos compañeiros na escola.

 

 

 

PASEOS AO MONTE

 

Por fin chegou o bo tempo, e saimos a unha finca de castiñeiros, que temos moi cerquiña da nosa escola, e pola que pasa o río Santa Lucía. Temos uns veciños marabillosos que nos deixan cruzar pola súa finca e  non ter que ir pola beirarrúa chea de tráfico.

 

 

Xa alí, merendamos nunha fermosa e grande mesa grazas aos propietarios que nos permiten disfrutar deste fermoso lugar.

 

 

Tirar pedras e desfrutar á beira do río...Isto é vida!

 

CORAZÓNS XENEALÓXICOS

 

   O 15 de maio conmemórase o día da familia. Esta vez quixemos centrarnos  nos ascendentes, e decir, pais e avós.  

   Escoitamos o conto "La mejor familia do mundo", que trata dunha nena orfa e as súas ilusións ao saber que vai ser adoptada. Agora xa sabemos que ter unha familia é un dereito, pois é a base de todas as persoas, e onde o cariño, o afecto e a comprensión nunca deben faltar.

   Porque somos afortunados de ter unha, e porque creemos que é importante  coñecer a nosa propia historia, queremos homexanear e honrar aos nosos seres queridos, aos que están e aos que non están.

   Felicidades a tod@s, polas diferentes e preciosas familias que sodes!

 

CAMPO DE FLORES

 

   Chegou a primavera, o campo énchese de flores e nós tamén queremos facer o noso propio campo florido.

   O primeiro paso foi extender pintura verde e azul na cartulina, usando depresores.

 

 

 

A LOBA BERENGUELA

 

   Este curso, e a través do proxecto Voz Natura, estamos traballando o coñecemento e coidado do entorno do Camiño de Santiago.

    Para iso, temos unha mascota, a loba Berenguela, que é a guardiana dos montes por onde pasa o Camiño.

   Dende o principio, a loba foi un elemento motivador moi atraente para as nenas e nenos e por iso decidimos  investigar máis sobre este tipo de animais.

 

MURAL A 7

 

   O traballo en equipo é fundamental pois entrena a capacidade de colaborar cos demáis nun proxecto para lograr un fin común.

   A verdade é que da gusto ver como chegan a acordos, como disfrutan facendo un traballo xuntos e contemplar o precioso mural que adorna a nosa sala.

 

 

 Choiva de abril, enche o carro e o carril.

 

 En maio aínda a vella queima o tallo.

CELEBRANDO ABRIL CON 4 FESTEXOS

 

"Parabéns para ti

nesta data querida

Moitas felicidades 

Moitos anos de vida.

Hoxe é un día de festa

cantan as nosas almas 

para ti miña vida

unha salva de palmas!"

 

UN FERMOSO 3 DE ABRIL DE FAI XA 6 ANOS NACEU O NOSO ALEIX, E ESTAMOS TODOS MOI MOI CONTENTOS DE PODER CELEBRALO CON ÉL.

 

 

E O DÍA 8 DE ABRIL , XA FAI 5 ANOS ,OS PAIS DE MARTÍN  FORON AS PERSOAS MÁIS FELICES DO MUNDO CANDO VIRON AO SEU FERMOSO FILLO DE OLLOS NEGROS.

 

 

E QUE DECIR DA NOSA PEQUERRECHA  ALBA, QUE NACÍA UN 24 DE ABRIL DO 2017 CON 7 MESES, E AGORA NOS ENAMORA A TODOS COA SÚA PRESENZA.

 

E DESPEDIMOS O MES DE ABRIL DA MELLOR DAS MANEIRAS, CELEBRANDO A VIDA DE IVO , QUE VEU AO MUNDO UN 30 DE ABRIL, PARA EMBELESAR A TODA PERSOA QUE TEN A SORTE DE COÑECELO. 

23 DE ABRIL: CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO CON REFRÁNS

 A riqueza lingüística e cultural   exprésase  tamén na multitude de refráns que se atopan na nosa lingua galega. 

No mes de Xaneiro cos pés no braseiro.

Abrígate por Febreiro con dúas capas e un sombreiro.

Marzo, marzal, de mañá inverno e de tarde verán.

Choiva de abril, enche o carro e o carril.

En Maio, aínda a vella queima o tallo.

Por San Xoán, a sardiña molla o pan.

Aí vén o mes de Santiago co seu canado!

Cando chove por Agosto, chove mel e mosto.

A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo Setembro.

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.

Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.

 

Distribuir contido