Ed. Infantil

CIRCUITOS DE PSICOMOTRICIDADE CO PROFE JAVIER.

Estamos de sorte, pois temos unha nova sesión de psicomotricidade todos os luns!!

E co noso profe favorito!!!

Risa

 

TALLER DE COCIÑA: TARTA DE CHOCOLATE SIN GLUTEN

Utilizando o recetario da nosa clase, fíxemos a tarta que o curso pasado nos trouxo Telmo. Coa axuda da profe Bea e a colaboración de todos os nenos e nenas o biscoito saiu airoso e non quedou nada.

AO RICO BATIDO!

Hoxe na nosa escoliña, a mañàn estivo adicada a preparar un delicioso batido de amorosos e plátano, con iogurt de vainilla e leite. Estivo con nós Isa, a mamá de César, unha grande axuda. 
Completamos a merenda con cenoria, que previamente limpamos, para comela con hummus. As profes encantounos, e a algunhas nenas e nenos tamén. Ummm....

 Canso

MAIO 2019. UN AGASALLO MOI ESPECIAL!

Fai uns días, atopámonos cunha bonita sorpresa en Reis: Un agasallo. O agasallo viña cunha carta, que nos encomenda a todas e todos os nenos da nosa escoliña unha misión MOI IMPORTANTE. E o máis incríble é que no lo enviou unha FADA!
Será posible? Pois din por aí que habelas hainas!

Mirade, mirade...

TAREFAS PARA AS VACACIONS DA SEMANA SANTA: O FRASCO DA FELICIDADE

Antes de irnos de vacacións esta semana santa, preparamos o noso FRASCO DA FELICIDADE. Éunha proposta para facer na casa, e consiste en escribir cada noite antes de durmir, unha experiencia bonita do día e metela no bote. Trátase de entrenar ao noso cerebro a recordar as cousas boas ( pois normalmente quedase grabado o negativo), e así axudarnos a ser máis positivos e felices.
 

EN XANEIRO VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE SANTIAGO.

A visita a este museo foi moi motivadora para todo o alumnado, tanto para infantil como para primaria. Estivemos todos moi atentos, e aprendimos moitas cousas.

EXPERIMENTANDO: "LEITE COLORIDA".

QUE PASA SE A UNHA POUCA LEITE LLE BOTAMOS UNHAS PINGAS DE COLORANTE ALIMENTARIO?
LEITE CON COLORANTE
E SE DESPOIS CUN BASTONCILLO LLE ENGADIMOS UNHA GOTA DE XABÓN LÍQUIDO?
EXPERIMENTO ESTRELA

 BONITA ESTRELA!

As cores "escapan" cara o borde do prato! E si seguimos tocando aparecen novas formas e cores.

Esta é a explicación; O leite ademais de servirnos como base en branco para o noso "debuxo", consegue que os colorantes non se disolvan nela grazas ás graxas que contén, as cales os manteñen concentrados. Tamén actúa aquí una das principais características da auga, a chamada tensión superficial.

Este vistoso efecto débese a que o xabón é un repelente de graxas e, posto que os colorantes adoitan conter graxas animais, repéleos unha e outra vez. Ademais, ao introducir o bastoncillo no leite rompemos a tensión superficial, o que facilita a rápida separación das cores.
Distribuir contido