Reis 2021/22

UN XUÑO CHEO DE FESTAS

 

Jenni, que fixo as prácticas con nós o curso pasado, veu visitarnos e fíxonos moitísima ilusión vela de novo e darlle unha aperta!

 

Ademáis celebramos os aniversarios das crianzas que cumplen anos no verán, que son: Xana ( cumprirá 5 anos), Luca ( 6 voltas ao sol) e Mar ( 4 velas para soprar)!

 

 

CHEGA O MOMENTO DE DESPEDIRSE DE INFANTIL

 

Todo ten un principio e todo ten un final, e para 4 estupendas persoas está rematando o seu ciclo de educación infantil. Isto merece unha forma especial  de conmemoralo.

 

 

¡ Os 4 fantásticos!

VISITAMOS "AVIFAUNA" EN OUTEIRO DE REI, LUGO

 

O PROXECTO ANUAL SOBRE AS AVES, NON PUIDO TER

MELLOR BROCHE FINAL QUE A VISITA A ESTE PARQUE

ORNITOLÓXICO.

 

 

VIMOS AVES RAPACES NOCTURNAS E AVES CORREDORAS COMO AVESTRUCES.

 

 

FLAMINGOS....

 

 

PAVOS REAIS...

 

 

 

Alba cumple 5 anos!

 

Alba Barreiro cumpleu 5 anos, e nós quixemos celebralo con ela facendo un rico biscoito e soprando a vela!

DÍA DA FAMILIA

 

Unha chea de familias!

 

OBRADOIRO DE NIÑOS E DE AVES

 

Unha actividade que nos cautivou foi a que nos trouxo

Yasmina, educadora ambiental de Menais, contounos

moitas cousas sobre os paxaros e as aves. As máis

importantes, que temos que coidar os nosos montes

autóctonos, pois son as casas destes animais. Os

eucaliptos non lle valen, e explicounos porqué. Outro

problema é a contaminación, os plásticos e os pesticidas

insecticidas que fan que enfermen e morran .

Todos precisamos a Natureza, ¡coidémola!

 

 

Distribuir contido