Reis 2021/22

Lectores en Reis

 

Ás crianzas de Reis gústanlle moito os libros, e desfrutan deles tanto sós como en compañía.

 

O VOLCÁN DA PALMA

 

Setembro comezou con un acontecemento que impresionou a todo o país e que invadeu a curiosidade de todos: A erupción do volcán en "Cumbre Vieja" na illa da Palma.

Este fenómeno natural foi aproveitado para traballar na clase, pois é un elemento moi motivador para as crianzas.

 

 

COMA SEMPRE, O OUTONO.

 

Que mellor forma de estrenar e coñecer o outono que probandoo! Uvas, castañas, kiwis, caquis, peras, mazás, mandarinas, laranxas, granadas, mango, aguacate, noces e avelás. Unha chea de froitas deliciosas que entraron na escola para non durar moito.

 

 
 
 

O XOGO SIMBÓLICO

 

 A través dos xogos simbólicos desenvólvese a creatividade e a imaxinación, ao ter que inventar historias sobre a marcha. Todo isto, mellora a espontaneidade e a fluidez verbal, e van aprendendo a responder ante diferentes situacións. Son xogos que deixan voar a imaxinación, onde podemos ser calquera persoa, onde os obxectos poden converterse en calquera cousa e onde o máis importante é divertirse.

 

 

 

As crianzas recrean mentalmente diferentes situacións, espacios, personaxes... e xogan con esa idea. Estos xogos axudan a comprender o contorno, as relacións e os roles sociais.

 

 

OS ESPAZOS XA ESTÁN PREPARADOS PARA ARRANCAR O CURSO

 

Como cada curso, setembro é un tempo para organizar, repensar, e prepararse para comezar con ganas e moita moita ilusión.

 

A nosa saliña dos contos e as letras ten unha nova casa de tela, onde ver  libros cos compañeiros cunha linterna, relaxarse ou agocharse!

 

Somos un equipo de  12 nenos e nenas e de mestres que compartimos e aprendemos uns dos outros.

Ivo, Aldán, Tristán, Luca, Alba Pallas, Alba Barreiro, Xana, Julia, Martín, Mar, Laura e Alan...¡Benvidos á escola!

Distribuir contido