Reis 2021/22

FELIZ NADAL

 

Que o 2022 nos traia a todos moita saúde e moita sorte...

Non queremos nada máis!

 

 

FESTA DE NADAL

 

É o último día antes das vacacións, un día cheo de sorpresas como a visita de Papá Noel, os agasallos do amigo invisible,  a celebración do 4º aniversario de Martín e a MERENDOLA!

 

 

O noso Martín sopra a vela pois o día de Nadal, o próximo 25 de decembro cumprirá 4 voltas á terra, 4 aniños xa...

 

A VISITA DE PAPÁ NOEL

 

Papá Noel chegou a escoliña de Reis moi cedo, para inundarnos de ilusión e de moita alegría, pois tratounos con moito cariño e simpatía, facéndonos rir e dándonos moi bos consellos.

 

O AMIGO INVISIBLE

 

Que emoción! Chegou o momento de ver que agasallo levaremos á casa!

As familias fixeron xoguetes e adornos verdadeiramente bonitos, e as crianzas estaban entusiasmadas por ver quen levaba o que eles fixeran, e por suposto por sabes cal lle tocaba!

TRABALLOS DO INVERNO E DO TRIMESTRE

 

O inverno comézase a notar, e por iso chegou o momento de ambientar á clase con ambientes que evocan frío. Esta vez utilizamos unhas cartulinas negras pintadas con témpera branca como base, e triángulos de cartón reciclado, para colorear as árbores con ceras brandas. Por último, fixemos neve usando bastonciños.

 

 

Nas bandexas sensoriais atopámonos cun ambiente de Nadal creado con arroz tintado de verde e vermello, algodóns de cores facendo de neve e bonecos e adornos propios desta época.

 
 
 

 

Estas son as portadas do trimestre... Hai uns renos moi moi fermosos!

AS POSTAIS PARA OS COMPAÑEIROS DO CRA

 

Chega o Nadal, a  festividade que  tanto lles gusta

aos nenos , e como non podemos xuntarnos co resto

das escola, este ano imos intercambiar unha postal

cos compis do Cra.

 

 

A portada fixémola decorando un abeto

coas pegadas dos  dedos.

Dentro está personalizada cunha árbore, que cada

crianza fixo con moita ilusión.

 

DECEMBRO E O NADAL

 

Temos a inmensa sorte de contar cunhas

marabillosas familias, que sempre están dispostas

a colaborar e traballar con nós para ofrecer o mellor

para os seus fillos.

 

 

Chegou decembro, e a nosa escola apareceu así de

bonita e colorida para recibir o Nadal.

 

A VIDA NA ESCOLA

 

A escola é un lugar no que acontecen moitas cousas

ao longo da xornada: saúdos, conversas, xogos,

cantos e bailes, traballos dirixidos e .... a vida misma!

 

 

 

Poñer a mesa, facer a comida, curar aos animais e

convertirse en decenas de personaxes.

Tamén hai moitas cousas que arranxar coas

ferramentas!

 

Ás veces ,os compañeiros precisan unha man amiga

que axude nalgunha tarefa que nos custa un pouco

máis. Que bonito é ver que sempre temos a alguén

que nos bota unha man!

 

Facer crebacabezas de animais en compañía tamén é

moito máis divertido!

 

Manter os espazos limpos e recollidos

é tarefa de todos.

E para gañar forza e habilidade nas mans non hai

coma debullar un pouco de millo!

 

Os materiais que nos permiten crear múltiples

escenarios son os máis utilizados, como estas pezas

de madeira que tanto xogo lles dan.

 

Traballamos a grafomotricidade practicando diversos

trazos con varios materiais.

 

AGASALLOS PARA A ESCOLA

 

O pequeno da clase estivo de cumple,

e quixo festexalo con nós

mercando uns xoguetes de madeira, que

pasarán a formar parte dos materiais da aula.

Aos seus compañeiros pareceulles unha idea

xenial e xogaron un montón!

ARTUR E CLEMENTINA, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero

, os nenos escoitaron, falaron e opinaron sobre a

historia de Artur e Clementina, 2 tartarugas que

empezan  1 historia de amor que acaba

convertíndose nunha cárcere  para Valentina.

 

 

Da sonada colección “A favor de las niñas”,  é unha

historia fabulada que reivindica o rol feminino na

sociedade, combate os estereotipos sexistas e


denuncia a discriminación.

Distribuir contido