Reis 2021/22

CON MOITO GUSTO

 

 

Que importante é a educación emocional, e que ben

a traballaron con nós Sabela e Lucía!

Estiveron na nosa escola 2 xornadas

cunhas actividades

moi enriquecedoras, e que nos deron moito que

razonar e debater.

Comenzaron co conto de "Kiko e a man" e falaron

do que son as partes íntimas. Tratáronse varios

puntos a través de varias historias con títeres :


- Ninguén che pode tocar as túas partes íntimas,

soamente algunhas persoas poden facelo, como por

exemplo os pais e persoas coidadoras,  ou para

asearnos.

 

- Debemos diferenciar entre "segredos bos" e

segredos malos", que son os que NON nos fan

sentin ben. Esos hai que contalos SEMPRE.

 

- É normal sentir curiosidade e xogar a "xogos de

médicos", ( trátase de algo natural), pero sempre

debe ser con nenos e nenas de igual idade, nunca

con persoas máis maiores ou máis pequenas que

nós. O xogo sempre debe ser voluntario,

ninguén debe obrigarnos a xogar

a algo que non queremos. 

Se temos dúbidas  o mellor sempre é

falar con un ou varios adultos. 

 

 

 

Na primeira sesión vimos que

todos os corpos son distintos:

uns somos máis altos, máis fracos,

máis grosos, máis baixos, loiros, morenos, etc.

E igual que hai variedade de caras, de

ollos ou de pernas, existen variedade

  de penes  de vaxinas e de órganos

intersexuais, que son aqueles que non coinciden

co estrictamente masculino ou femenino. Ser

intersexual significa que naces

cunha variación que ocurre de forma natural nos

seres humanos, non se trata de ningún problema

médico. Estímase que un 1,7 por cento da

poboación, porcentaxe similar ás persoas  rubias

(pelirroxas) no mundo, teñen variacións das

características sexuais.  É moi importante coñecer e

respetar todas as diferencias, xa que todos somos

distintos e iguais ao mesmo tempo.

 

 

Contacontos para a Semana do Libro

 

A todas as crianzas lles fixo moita ilusión que as

mamás viñesen á escola a contarnos un conto.

Verónica, contounos "Viaxes da tortuga e a formiga",

Patricia narrounos unha historia real sobre un corvo

que se fixo amigo da familia, e que bautizaron como

Merlín. Sonia deleitounos co libro "O xigante segredo

do avó" e Amalia, a nai de Mar leu "Garavanciño".

 

 

Iolanda veu cargada coa súa guitarra e amenizou a historia

de Baldras o xigante, unha historia escrita por ela.

Moitas grazas a todas por compartir con nós!

"O xigante xa está aquí,

na nosa terra de Vilapedra,

non lle teñas medo non,

é noso amigo de corazón".

 

 

A horta en Reis

 

Esta primavera toca prantar: tomates cherry,

berenxenas, cabaciños, leitugas e remolachas

 

5 ABRIL: XOGOS DO MUNDO CON BIOSBARDOS

 

OBRADOIRO "XOGOS DO MUNDO"

 

Este obradoiro foi creado co fín de dar a coñecer os

xogos de taboleiros, billares tradicionais e xogos

pedagóxicos entre outros , orixinarios de paises e

culturas distintas da nosa e incluso doutras épocas .

Preséntase como un gran espazo, repartido por

áreas de xogo, onde os participantes poderán

experimentar xogos achegados dos 5 continentes.

 

 

Plantando un carballo. Agasallo da nosa Anpa.

 

O día 21 de marzo celébrase o día da árbore, e este

ano a nosa Ampa tivo o fermoso detalle de agasallar a

cada crianza do Cra cun pequeno carballo.

 

 

FESTA DE PASCUA E PRIMAVERA

 

Porque estamos contentos, porque chegou a primavera

, e porque nos imos de vacacións de Pascua,

organizamos unha festa!!!

Disfrazámonos, decoramos, maquillámonos,

fixemos un biscoito e ¡bailamos moito moito!

 

 

Semana da Biblio segundo trimestre 2022

 

A derradeira semana de marzo, celebramos

na escola, pois todavía non podemos

reunirnos en Aido, a actividade da

biblioteca. O equipo da biblio elaborou unha

actividade LIM interactiva sobre o conto "O

peizoque Roque" e outra máis manual onde

o alumnado propoñía palabras fermosas

igual que no conto e que se ían añadindo os

ovos dunha bubela ata confeccionar unha

especie de atrapasoños moi especial.

 

O experto Nacho Munilla visita ao Cra.

 

Estamos moi agradecidos de que unha persoa

tan involucrada e  experta en biodiversidade e

temas relacionados co medio ambiente, teña

un momento para adicarnos e amosarnos

todos os seus coñecementos e

o seu "saber ser". 

Graciñas Nacho!!!

 

Maleta literaria: Contos ecolóxicos

 

O Centro de Recursos do Ceida, enviounos unha maleta

literaria cunha serie de contos que traballan distintos

aspectos e valores de coidado mediambiental.

DÍA DA MULLER

 

Cada unha das crianzas tivo moi moi claro cales son

as mulleres máis importantes da súa vida: mamás,

avoas, tías, irmáns, amigas ou mestras...

 

Distribuir contido