Reis 2022/23
MAIO EN FAMILIA O 15 DE MAIO.
Todos listos, partimos rumbo a Olveira para facer o nosomaio na mellor compañía. Cheos de flores, de fiuncho, xestas, e en familia.
|
Xa en Olveira, foto de grupo, e baixamos a leira chea dep ampullos de Herminda dos Mestros.
|
Grazas a todas a nais, Amalia, Sonia , Estela, Iolanda,A ndrea, , Berta, Manola, María e as avoas Aurora deOlveira e Carmen de Rarís, mailó avó Manolo Garea logramos facer esta bonita actividade.
|
Unha vez rematado, volvimos a escola, e unha vez alícantamos a fermosa canción do maio que Iolanda, a nai de Aldán, fixo especialmente para a ocasión.
|
TALLER DE INSTRUMENTOS CON PABLO SEOANE EN AIDO
O venres 12 de maio, todas as escoliñas do Cra tivemos a sorte de contar con Pablo Seoane que nos explicou moitas cousas sobre os instrumentos, da súa historia, das partes da gaita e a pandereta... e fixo que todas as crianzas estivesen moi atentas a todo o que nos contaba.
|
TABLETAS ELECTRÓNICAS NOVAS NAS ESCOLIÑAS DO CRA
O luns 8 de maio, viñeron a colocar nas nosas aulas unhas súper tabletas ou súper pantallas que funcionan de marabilla. Son moi intuitivas, non teñen reflexos e cunha calidade de imaxe íncrible. Agora toca valoralas e disfrutalas moito.
|
ALBA BARREIRO E AS SÚAS 6 VOLTAS AO SOL.
Que bonito día de celebración pasamos! E non é para menos, pois a nosa marabillosa Alba celebra o seu 6 aniversario!
|
E de paso soplamos as velas de Miguel, irmán de Alba que naceu o 2 de setembro e ten 3 anos.
|
19 DE ABRIL DO 2023.....CHEGOU A BICHERÍA A REIS
Miguel é un biólogo especialista en insectos, e amante dos animais. Facía tempo que todos tíñamos ganas de que chegase este día, para ver animais e tamén para comprobar se é certo que con él, podes traballar o medo aos bichos.
|
Aquí estamos vendo e tocando, ao insecto máis grande do mundo, un insecto folla chamado "Ninfa da Xungla" de Malasia.
|
Bolboretas xigantescas que viven de 3 a 5 días...
|
Tarántulas e caracois...
|
ABRIL: FAMILIAS DE PROFESIONAIS
Ana axuda a persoas a recuperar certas funcións do cerebro que non funcionan ben debido a unha lesión. Ensina a nenos pequenos a como empezar a moverse, e falounos da importancia de pasar por todas as etapas do desenvolvemento, pois un bebé que pasa de estar acostado a sentado sen pasar pola etapa de arrastre, poder ter dificultades posteriores, como por exemplo, non diferenciar entre lonxe e preto.
|
Ana , nai de Tristán e Alán, traballa nunha clínica na que axudan a recuperación de persoas con dano cerebral. A nós ensinounos certas técnicas e xogos que emprega cos máis pequenos.
|
Outra visita foi a de Sonia e Hugo, pais de Xana, expertos en emerxencias sanitarias. Tiveron a todo o alumnado moi atento, e coa axuda dun peluche e unha canción moi "pegadiza", aprendemos a facer unha técnica de reanimación e a chamar ao 112.
|