Bamonde

ESCRIBO AQUÍ ALGO.

eU PODO ESCRIBIR O QUE EU QUEIRA,,

PODO CAMBIAR O TIPO DE LETRA,

FACELO MÁIS GRANDE

SESAMO 

 

calendario con oso comendo mel 

 

 

 

A ESCOLA DE BAMONDE XA TEN INTERNET DE VERDADE

XA TA!, XA CHEGARON!

Parece mentira, pero a Universidade de Barcelona, deu parte a París para que autorizaran a instalación, e encargaran a 2 madrileños que viñeran a Bamonde a poñer a antena. Puxeron as coordenadas no seu GPS, e houbo que ir buscalos ao cemiterio de Santa María de Teo. Pero unha vez na nosa escola, que momentazo!!!, cando pidemos quitar dfinitivamente a clavixa do teléfono do ordenador portátil e viaxamos pola rede a non sei cantos megas...

LUIS ORIENTANO A ANTENA

Os nenos, que de megas non saben, pero de poder falar cos seus amigos sí, agradecéronlle a Luis e a Luis o regalo que nos trouxeron. Se a foto tivera son, escoitariamos un GRACIAAAAAASSS fortísimo.

 GRACIAAAAAAS!!!

 

 

ANTROIDO NO CRA DE TEO: Hoxe é Feira, imos aló...

   Estamos no ano 2008???  NOOOOON, é máis ben a mediados do século pasado, semella que andamos polos anos 50...Chegou o DÍA DE FEIRA ao CRA de Teo, imos aló para vender o que producimos e mercar o que nos falta. Nesta FEIRA, haberá diferentes postos e tendas nas que tod@s imos participar.  

V Edición dos Premios Educacompostela

O pasado mércores 3 de outubro tivo lugar o fallo da V Edición dos Premios Educacompostela
2007 que ten como obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir aqueles materiais
educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de
Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
O xurado está constituído por: Guadalupe Rodríguez Silva (Concelleira Delegada de Educación,
presidenta do xurado), Xosé M. Rodríguez-Abella Gómez (Xefe do Servizo de Educación e
Mocidade), Jesús Rodríguez Rodríguez (Representante de Nova Escola Galega), José Manuel
Malheiro Gutiérrez (Representante de Nova Escola Galega), Antonio F. Rial Sánchez (Director
do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Fac. de Ciencias da Educación),
Gonzalo Anaya García (Director do Centro de Formación e Recursos de Santiago), Ana María
Guerra Cañizo (Representante da Asociación Galega de Editores), e Beatriz Varela Morales
(Técnica de Educación e Mocidade e secretaria dos premios).
Despois das oportunas deliberacións, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

1º Premio, para o traballo titulado “Como traballar a lóxica matemática a partir das rutinas da aula”.
O grupo de traballo está composto por:
María Blanco Corral (CRA de Teo – Bamonde),
Mª Dolores González Marquina (CRA de Teo – Oza) ,
Manuel Ángel Masaguer Rodríguez (CRA de Teo – Campos),
Mª Ángeles Pousa Díaz (CRA de Teo – Aido),
Nuria Fernández Fariñas (CEIP de Laredo – Redondela),
Mª José Iglesias Valiño (CEIP Figueroa – A Estrada),
Begoña López Fernández (CEIP de Portonovo),
Mª Nora Pousa Díaz (CEIP A Ramallosa – Teo)
Susana Viqueira Cobas (CEIP Santo Paio de Abaixo -Reboreda ).Coordinadora

Distribuir contido