Oza

O BUXO

 

               O BUXO

O buxo é unha planta ornamental de folla perenne moi fácil de cultivar. Dase en calquera tipo de chan. Non importa se está  ao sol ou á sombra, ainda que as folliñas terán un color máis oscuro si reciben menos luz.

Si se quere utilizar para modelar setos, debemos plantar 6 ou 7 exemplares por metro. Colocados a distancias iguais uns de outros.

Para podalo debemos utilizar unhas tixeiras de xardineiro ben afiadas. Empezando pola parte superior.Cortaranse 2 veces no ano. Podemos darlle distintas formas; figuras de animais, esferas, formas de fantasía...

Os romanos foron os primeiros en podar o buxo e outros arbustos en formas especiales como: columnas, pirámides, esferas ou figuras de animais.

Existen máis de 80 clases e centos de variedades. A máis coñecida é o buxus sempervirens. Este ten un crecimiento menos lento e é moi resistente ás xeadas.

Ao aire libre o buxo pode medrar máis ou menos 15 centímetros ao ano.

O buxo é un arbusto moi agradecido que esixe poucos coidados.

 

 

 

 

    Ademáis da súa utilización como planta ornamental   en Galicia ten outra utilidade, xa que se utiliza para a fabricación de gaitas, un exemplo o temos  na familia Seivane que leva facendo gaitas coa súa madeira dende o ano 1939.                              

Distribuir contido