O BUXO
O BUXO
O buxo é unha planta ornamental de folla perenne moi fácil de cultivar. Dase en calquera tipo de chan. Non importa se está ao sol ou á sombra, ainda que as folliñas terán un color máis oscuro si reciben menos luz.
Si se quere utilizar para modelar setos, debemos plantar 6 ou 7 exemplares por metro. Colocados a distancias iguais uns de outros.
Para podalo debemos utilizar unhas tixeiras de xardineiro ben afiadas. Empezando pola parte superior.Cortaranse 2 veces no ano. Podemos darlle distintas formas; figuras de animais, esferas, formas de fantasía...
Os romanos foron os primeiros en podar o buxo e outros arbustos en formas especiales como: columnas, pirámides, esferas ou figuras de animais.
Existen máis de 80 clases e centos de variedades. A máis coñecida é o buxus sempervirens. Este ten un crecimiento menos lento e é moi resistente ás xeadas.
Ao aire libre o buxo pode medrar máis ou menos 15 centímetros ao ano.
O buxo é un arbusto moi agradecido que esixe poucos coidados.
Ademáis da súa utilización como planta ornamental en Galicia ten outra utilidade, xa que se utiliza para a fabricación de gaitas, un exemplo o temos na familia Seivane que leva facendo gaitas coa súa madeira dende o ano 1939.