2008-2009
S.P. "A Contorna de Rianxo" 28 de xaneiro de 2.009
Seminario permanente:“.A CONTORNA DE RIANXO RECURSOS EDUCATIVOS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA”
Data: Mércores 28-01-09
Centro: CRA de Rianxo
Asuntos:
1.- Reunións anteriores (informe de 14 de xaneiro de 2009): portal-web e o C.R.A., modificacións estructurais no portal – web, Unidade didáctica
2.- Actuacións feitas
Novo estructura e contidos no portal, comentar
A unidade didáctica concreción da súa estructura:
-textos a traballar (adaptación da narración de Castelao “A aldea abandonada”, tentar poner o texto no portal
-outros textos de autores cercanos: Faustino Rey Romero, de Isorna, José María Brea Segade de Taragoña
-Lenda e cantigas
-estructuración do Libro –web sobre Rianxo
-Actividades de exploración
-Os recursos TIC, para traballar a unidade: portal, contidos, software
- Estructuración dos materiais para o profesorado
- Estructuración dos materiais para os alumnos e alumnas.
As comunicación co claustro: reunión martes 20 de xaneiro e correo electrónico de Tobías
3.- Tarefas para realizar.
- APIs de Blogue
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
Semana Polideportivo
SEMANA POLIDEPORTIVO
2 AO 5 DE FEBREIRO
Luns 2: Capela e Outeiro
Martes 3 Quintáns, Rañó e Abuin
Mércores 4 Cuvide e Cruceiro
Xoves 5 Vacariza e Pazo.
Recollida na 1ª escola ás 9.00 e recollida no poli ás 13.10 (hai que ser moi puntuais).
A profesora de Educación Física
- APIs de Blogue
ESTE ANO OS REIS MAGOS....
TROUXÉRONNOS MOITAS COUSAS PARA A ESCOLA. CADA UN DE NOS
ABREU UN REGALO.SABEDES QUE ERAN?
12 LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA, UN CARRIÑO DA LIMPEZA
E UNHA PRANCHA COA SÚA MESA PARA A CASIÑA
Como todolos xoves, Ángel foi o primeiro en chegar,
pouco a pouco chegaron todos os nenos e nenas. Menuda sorpresa!!!
Ben, algo xa esperabamos, pois fomos moi bos e escribímoslles
unhas cartas moi chulas.
Nerea contounos que Os Reis Magos desembarcaron no nautico,
e viñeron polo paseo. A nosa escola queda moi cerca e deulles tempo
a pasar por aquí antes de marchar de novo para Oriente.
No patio da escola vimos as pegadas dos camellos e algúns caramelos
que lles caeron. Este ano seguiremos sendo igual de bos,
vale a pena!!
Materiais para a celebración do Día da Paz
No curso 06-07, elaboráronse os seguintes materiais ao redor do Día da Paz:
"As Normas da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Cruceiro.
"O Foguete da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Capela.
Esta presentacións están depositadas na Web Antiga do C.R.A., podedes acceder a estes traballos no enlace que se inserta a seguir:
Podedes aportar máis traballos para compartir na web.
- APIs de Blogue
TÁBOA DE INFORMACIÓNS
DOCUMENTOS PARA A REALIZACIÓN DAS MEMORIAS DE FIN DE CURSO
CONVOCATORIAS REUNIÓNS
S.P. "A Contorna de Rianxo"
- 28 de xaneiro de 2.009
- 18 de Febreiro de 2.009
ACTAS REUNIÓNS
Educación Infantil
- 20 de Xaneiro de 2.009
Educación Primaria
- 3 de Marzo de 2.009
- 18 de Decembro de 2.008
Equipo de Biblioteca:
Orientación
Coordenadora Orientación Rianxo
S.P. A Contorna de Rianxo
INFORMACIÓNS E MATERIAIS:
- Boletín de Biblioteca Nadal 08-09
- Materiais para o Día da Paz
- Orientacións da Direccións Xeral de Orientación e Innovación Educativa para a elaboración de Programacións Docentes e Informes de Avaliación Final (28 de xaneiro de 2.009) Documento PDF.
- Cancións do Entroido 2.009
- APIs de Blogue
EQUIPO E.I. Reunión 20 de xaneiro de 2.009
En relación ao acordo que tomamos no equipo de infantil de deixar
aberta a posibilidade de reducir entre 2 ou 3 horas en función das
circunstancias de cada unidade, quero explicar que foi debido ao que
observamos este curso nas distintas escolas. Nalgunhas, so entraron
dous e adaptáronse moi ben. Noutras entraron moitos máis e foi difícil
a súa adaptación. En fin, xa sabemos que as circunstancias poden chegar
a ser moi diferentes... ( número de nenos, niveis ). Na xuntanza deste
martes volveuse a falar e pareceunos ben. Aínda se fixo outra
suxerencia, que estaría ben reducir unha hora con todo o grupo, como xa
se facía antes en xuño e setembro, para traballo de organización da
aula de cada mestre. Pero eso como vén dado no calendario escolar ...
De todas maneiras podemos seguir concretando os detalles. Saúdos.
A RESPONSABLE DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL
ADELA NOVO GUTIERREZ
RIANXO A 20 DE XANEIRO DE 2.009
- APIs de Blogue
EQUIPO DOCENTE DE EDUCACIÓN PRIMARIA 18-12-08
EQUIPO DOCENTE DE PRIMARIA
Membros asistentes:
-Ana Mª Varela Ferreiro (Inglés)
-Ana Mª Fernández Alfaro (Pedagoxía Terapéutica)
-Mª del Carmen Horta Insua (Primaria)
-Purificación Salgueiro Martínez (Infantil-Directora)
-Tobías Betanzos Rego (Orientador)
-Ana María de Castro Corral (Primaria)
-Maria Luisa Rodríguez Veloso ( Música)
-Enrique Gil Gil (Primaria- Secretario)
-Mª Josefa Otero Romero ( E.Fisíca-Xefa de estudos)
ASUNTOS DA ORDE DO DÍA
• .Período de adaptación en infantil.
• .Planificar saida ao planetario
• .Acordar sobre novos libros de comprensión lectora.
ACORDOS E CONCLUSIÓNS
-Sobre a proposta que chega dende infantil, sobre o periodo de adaptación dos nenos e nenas de 3 anos (propoñen que sexa de 2 a 3 horas con libertade de elexir cada titora),pensase que e mellor que haxa uniformidade no tempo que podería ser:
1ª semana ----------------3 H
2ª semana ----------------2 H
-A saida ao Planetario e Domus para o 11 de febreiro queda como sigue:
-11:00 H chegada a Domus
-11:00 -11:30 visita a Domus
- 11:30 as 12:45 cine (os dinosaurios)
- 13:00 as 13:45 xantar (temos reservado o comedor)
- 13:45 as 15:30 Domus ou casa Ciencias
-15:30 as 16:15 Planetario
-Quedase en facer os cadernos de comprensión sobre os libros seguintes:
1. “.Quen me quere adoptar.”(Xerais)
2. “Os tres amigos” (Xerais)
3. “O coche de carreiras” (Xerais)
Sen máis asuntos a tratar péchase a sesión as 18:30
En Asados a 18 de decembro do 2008
A coordinadora.: Ana María de Castro Corral
- APIs de Blogue
CONVIDACIÓN DE ANO NOVO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »