Escola de Rañó
14 de Febreiro... FELIZ DÍA DO AMOR
¡¡ HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE SAN VALENTÍN OU DÍA DO AMOR !!
Moitos pensan que San Valentín se celebra dende hai pouco e que xurdiu polo interese dos grandes centros comerciais, pero a súa orixe remóntase á época do Imperio Romano.
Cara o século III gobernaba en Roma o emperador Claudio II, quen prohibiu os matrimonios dos mozos, porque na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras.
Naquela época San Valentín era o sacerdote e como non estaba de acordo cos ideais do emperador, pois o consideraba inxusto, decidiu desafialo celebrando en segredo matrimonios para os mozos/as nomorados/as.
Cando o emperador Claudio se enterou ordenou matalo, e foi o 14 de febreiro do ano 270 cando deron con San Valentín e o executaron.
Ese día, unha moza chamada Xulia, agradecida ao santo, plantou unha amendoeira de flores rosadas xunto á súa tumba. De aí que a amendoeira sexa símbolo de amor e amizade duradeiros e que o 14 DE FREBREIRO de cada ano se celebre o día de San Valentín ou DÍA DO AMOR ou dos NAMORADOS/AS.
ASÍ, DENDE O COLE DE RAÑÓ QUERÉMOSVOS DESEXAR A TODOS/AS UN..
MOI FELIZ DÍA DE SAN VALETÍN OU FELIZ DÍA DO AMOR.
(AÍNDA QUE NÓS SABEMOS QUE O AMOR E O CARIÑO SON FERMOSOS SENTIMENTOS QUE
DEBEMOS AMOSARLLE AS PERSOAS QUE QUEREMOS TODOS OS DÍAS)
http://www.youtube.com/watch?v=2UhKgOLyad0
2º TALLER DE COCIÑA: MACEDONIA
ESTA SEMANA OS PEQUENOS/AS COCIÑEIROS/AS DE RAÑÓ FIXERON UNHA RIQUÍSIMA MACEDONIA
1º PASO: PELAR A FROITA
2º PASO: CORTAR AS FROITAS EN TROCIÑOS PEQUENOS
3º PASO: EXPRIMIR AS LARANXAS
4º PASO: BOTAR A FROITA, O ZUME E UNHA PIZCA DE AZUCRE NUN BOL E MESTURAR TODO
E POR ÚLTIMO... A COMER !!!
1º TALLER DE COCIÑA: " MINIPIZZAS "
MANS Á OBRA... A COCIÑAR !!!
1º PASO: Cortar o pan en forma circular 2º PASO: Quentar o pan
3º PASO: Untar o pan con salsa de tomate
4º PASO: Cortar o queixo e o xamón york en cadradiños
5º PASO: Botar o queixo e o xamón york enriba do pan con tomate
6º PASO: Aderezar con ourego
E POR ÚLTIMO... ¡¡¡ A COMERRRRR !!!
30 de Xaneiro " DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"
O NOSO PARAUGAS POLA PAZ
E OS NOSOS DESEXOS E ILUSIÓNS...
- Desexamos que todos os nenos/as teñan o necesario para poder vivir ben (roupa, comida, casiña...) (Pablo, Leo)
- Desexamos que non haxa guerras (Samuel, Brais)
- Que as persoas malas cambien e sexan boas (Daniel)
- Desexamos que todas as persoas poidan disfrutar da súa vida (Borja)
- Desexamos que todos os nenos/as sexan felices porque necesitamosmáis nenos/as para xogar con eles/as e divertirnos (Borja)
- Desexamos que todos os nenos teñan xoguetes (Helena, Paula)
- Desexamos que nadei queime os montes e que non contaminen o medio ambiente (Jairo)
- Desexamos que todas as persoas teñan unha casa, que ninguén durma na rúa (Samuel)
- Desexamos que as persoas non pelexen e digan cousas feas (Aida)
- Desexamos que todo o mundo comparta e axude aos demais (Lucia)
EN DEFINITIVA...
OS NENOS E NENAS DE RAÑÓ DESEXAMOS QUE NO MUNDO REINE O AMOR , A FELICIDADE, A ALEGRÍA E A...
- APIs de Blogue
SEMANA DA FROITA
Ó longo desta semana aprendemos que as froitas son compoñentes esenciais dunha dieta equilibrada e saudable por varias razóns:
- Son ricas en vitaminas, minerais,fibra e antioxidantes.
- Axúdannos a manternos hidratados.
- Apenas teñen graxas.
- E o seu consumo diario axuda á prevención de moitas enfermidades e incluso algúns tipos de cancros.
QUE SOBROSAS MERENDAS !!!
- APIs de Blogue
Nova sesión de arte: PINTAMOS CON CORCHOS
UNHA SEMANA MÁIS...
OS/AS PEQUENOS/AS ASTISTAS DE RAÑÓ, NON PARAN DE FACER NOVAS OBRAS DE ARTE.
Desta vez, para facer os seus fermosos cadros, utilizaron corchos de botellas.
E o resultado final coma sempre BELÍSIMOOOO !!!
A SEGUIR ASÍ ARTISTAS
- APIs de Blogue
PARABÉNS DANI
DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL O NOSO AMIGUIÑO DANI ESTIVO DE CUMPLE !!! E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO...
Á VOLTA DAS VACACIÓNS QUÍXOO CELEBRAR CON TODOS NÓS!!!
PARA FESTEXALO TROUXONOS GALLETAS, ZUMES E UN BISCOITO DELICIOSO FEITO POLA SÚA AVOA!!!
UMMMM... RIQUÍSIMO !!!
PARABÉNS DANI !!!
7 ANIÑOS XA... ESTÁS FEITO UN MOZO !
GRAZAS POR CELEBRALO CONNOSCO
O PREMIO XA ESTÁ AQUÍ
Ao final do 1º trimestre os nenos/as de Rañó participamos nun concurso de deseño de galletas de Nadal e tivemos a gran sorte de que o deseño gañador do concurso fose o do noso compañeiro JAIRO !!!
E xa neste 2º trimestre, por fin recibimos o premio, UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DESEÑADAS POR JAIRO
e unha tarxeta de felicitación para o artista !!!
DELICIOSAS !!!
ACHÉGASE O NADAL !!!!
Comeza o mes de Decembro e con el achégase o Nadal , polo que os nenos e nenas de Rañó puxémonos mans á obra para decorar a nosa escola nestas datas tan especiais !!!
O NOSO BONECO DE NEVE
E A NOSA ÁRBORE DE NADAL
Nova sesión de arte: ARCIMBOLDO
Nesta nova sesión de arte tocounos experimentar con outras técnicas pláticas distintas: o collage, a cera arrastrada e a composición. Coa mesturas de todas estas técnicas relaizamos a nosa propia versión do ...
"O outono" de ARCIMBOLDO.
AQUÍ ESTAMOS MANS Á OBRA !!!
E AQUÍ TEMOS O RESULTADO FINAL... O NOSO OUTONO DE ARCIMBOLO
Pero non so aprendemos a realizar unha composición-collage senón que tamén aprendemos que Arcimboldo era un pintor italiano coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de froitas, follas, flores, animais ou obxectos.
Estes son algúns dos seus cadros que máis nos gustaron.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »