Escola de Rañó

CHEGOU O SAMAÍN !!!

...E CON EL UNHAS TERRORÍFICAS CABAZAS TALLADAS POLOS NENOS E NENAS DO COLE DE RAÑÓ (por suposto, feitas coa axuda das mamás e papás). Moitas grazas familias !!

 

O noso propio Kandinsky!!

Como cada semana, na sesión de educación plástica, os nenos e nenas de Rañó experimentamos con distintas técnicas plásticas. Esta vez fixemos a nosa propia adaptación dunha obra moi coñecida de Vasili Kandinsky: "Cuadrados y círculos concéntricos". O resultado final foi precioso!! E con todos os nosos cadros xuntiños compuxemos unha gran obra maestra :))

O PROCESO:

 

 

 

 

 

E ESTE É O RESULTADO FINAL:

 

 

EIQUÍ ESTAMOS !

COMEZOU UN NOVO CURSO NA ESCOLA DE RAÑÓ!!

ESTAMOS TODOS/AS MOI ILUSIONADOS/AS E CON MOITAS GANAS DE APRENDER !!

AÍNDA QUE TAMÉN UN POUQUIÑO TRISTES PORQUE SE NOS FORON YERAY, RAÚL, RAQUEL E A NOSA QUERIDÍSIMA PROFE MIRIAN. PERO TAMÉN MOI CONTENTOS PORQUE TEMOS 3 NOVOS COMPIS: PABLO, PAULA E LEO E TAMÉN NOVOS PROFES... A PROFE PAULA E O PROFE JUAN !!

SEN DÚBIDA ESPÉRANOS UN MAGNÍFICO CURSO!!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


En todos os lugares do mundo celébrase o 5 DE XUÑO o Día Mundial do Medio Ambiente, designado polas Nacións Unidas, que ten como obxectivo aumentar a conciencia da necesidade de actuar para salvar a natureza.

Nas escolas do CRA estamos moi implicados nesta tarefa, a través das múltiples iniciativas que desenvolvimos neste curso para aforrar enerxía. Na escola de Rañó conmemoramos este día lendo as novas que as demais escolas recolleron na revista medioambiental do centro: "NO CRA DE RIANXO AFORRAMOS ENERXÍA".


O DOLMEN DE AXEITOS E O CASTRO DE BAROÑA

ESTA FIN DE SEMANA SAMUEL FIXO UNHA EXCURSIÓN AO DOLMEN DE AXEITOS E AO CASTRO DE BAROÑA

El Dolmen de Axeitos tiene forma poligonal, compuesto por ocho ortostatos de casi 2 metros que rodean el conjunto. La cubierta adquiere unas dimensiones de 4,5 x 3,5 metros. Es difícil saber con precisión la datación de este dolmen, ya que se desconoce cualquier posible hallázgo en su interior. Ningún resto nos indica la cronología, debido a los expolios de los dos últimos siglos por la creencia popular de que estos enterramientos escondían tesoros ocultos y maravillosos. Hay que recordar que antaño estas piedras eran enterradas, recibiendo el conjunto el nombre de mámoas. Sin embargo, la cultura megalítica se desarrolla en Galicia durante el terecer milenio antes de Cristo. Además los de cronología más antigua presentaban esta forma poligonal sencilla.


http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/ribeira/axeitos.html

PINTURA RUPESTRE

PINTURA RUPESTRE

ESTIVEMOS INVESTIGANDO EN PEQUENOS GRUPOS SOBRE AS CARACTERÍSTICAS MÁIS SALIENTABLES DA PINTURA RUPESTRE. AO PRINCIPIO RESULTOUNOS UN POUCO COMPLICADO BUSCAR E SELECCIONAR A INFORMACIÓN, PERO POUCO A POUCO FOMOS DESCARTANDO, ATA QUEDARNOS COA MÁIS RELEVANTE. POSTERIORMENTE FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN E AVERIGUAMOS QUE OS OUTROS GRUPOS TIÑAN RECOLLIDO ASPECTOS COMÚNS AOS NOSOS.

AS MÁMOAS DE OS CAMPIÑOS

AS MÁMOAS DE "OS CAMPIÑOS"

OS MESTRES E MESTRAS DO CRA DE RIANXO, ACOMPAÑADOS DAS FAMILIAS, REALIZAMOS UN ROTEIRO ATA ÁS MÁMOAS

DE "OS CAMPIÑOS" QUE FINALIZOU NOS PETRÓGIFOS DE O FOXO VELLO, AMBOS SITUADOS NA PARROQUIA DE LEIRO.

NA ESCOLA CONSTRUÍMOS TAMÉN MONUMENTOS MEGALÍTICOS E LLE PUXEMOS NOME:

AS MÁMOAS DO AREEIRO DE LEIRO.

Enterramos o corpo do falecido,

facendo un burato e cubríndoo con terra.

Construímos o dólmen a partir da colocación de  dúas pedras laterais

en vertical e unha pedra superior en horizontal.

Cubrímolo con area formando un túmulo.

Colocamos pedriñas na parte superior.


SEMANA DA FROITA

SEMANA  DA  FROITA

A MALETA DA POESÍA

A MALETA DA POESÍA

VISITA DOS OCEANÓGROFOS DE ECO-MAR

Hoxe recibimos a visita dos oceanógrafos do programa ECO-MAR. Nesta visita ensináronnos unha gran cualidade dos peixes: a capacidade de CAMUFLARSE, cambiando a cor e a forma para escapar dos inimigos e tamén para alimentarse sen ser vistos.

Descubrimos que o polbo cambia de forma imitando aos animais mariños perigosos, xa que así asustan aos demais peixes, evitando ser capturados. Tamén aprendemos a diferenciar un cabaliño de mar macho dunha femia e nos sorprendemos ao averiguar que o que garda as crías e pon os ovos é o macho.

Vimos un vídeo dun buzo que convivía e alimentaba ás quenllas e que se lle tocaba o nariz, movíanselle uns peliños que facía que permanecera case durmido; aproveitando o seu estado para poñelo facendo o pino.

Finalmente, recreamos o traballo dun "acuarista" que é a persoa que coida dos peixes e da súa contorna; igual que o noso amigo David.

Distribuir contido