Escola de Abuin

PLANTAMOS BULBOS DE OUTONO

No Samaín aprendemos mooooitas cousas, entre elas, que nalgunhas vilas galegas, entre elas Rianxo, aínda se acostuma a cultivar flores nas casas para levar aos defuntos ao día seguinte da noite de Samaín. Pois ben, nós tamén imos cultivar as nosas flores. Luis, o papá de Sergio, tróuxonos catro especies de bulbos que, cando xerminen han ser ben fermosos e nós vimos as partes dun bulbo, buscamos as súas fotos en internet para ver como van locer no xardín cando medren e despois...

Vendo as partes do bulbo: raíz, bulbo e talo

 

          

    narcisos                                            xacintos                                                      iris                                                    ixias 

 

En tarros de cristal cada un de nós "plantou" o seu xacinto; agora só queda ir vendo como medran...

 

Tamén, coa axuda das familias que nos prepararon o terreo, puidemos plantar nun recuncho do noso patio, ixias, narcisos e iris.  

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA!!! 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Todos os anos lembramos nesta data a historia de Xela no conto "Xela volveuse vampira" e este ano plantamos a nosa semente para parar a VIOLENCIA DE XÉNERO, mirade que plantas máis fermosas medraron, porque contra a violencia...

TODAS AS MANS SON NECESARIAS.

 

Carta dunha mestra aos pais

 

Queridas familias:

Preparando as actividades coas que imos traballar esta conmemoración na escola, atopeime con esta imaxe, trátase dun cartel realizado por Ellisabeth Martínez, gañador da oitava edición do Concurso de Artes Visuais contra a Violencia de Xénero, organizado pola Consellería de Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid.

Impactoume a imaxe: AMOR E RESPECTO. Amor e respecto cara a muller. Dous valores que teñen que nacer en nós mesmas. Por iso, está moi ben dicirlle ás vosas fillas que son fermosas (de seguro que o son, para calquer pai ou nai a súa crianza é a máis fermosa do mundo), facerlles saber que sempre, aínda cando sexan persoas adultas e xa non o precisen, as ides protexer porque son o voso ben máis prezado... pero reflexionade un intre o importante que será para ela e para a súa autoestima saber que credes que son fortes, independentes, orixinais, creativas, emprendedoras, intelixentes, capaces... Pensade un segundo (non vos fará falla máis tempo) nesa cualidade que a define, e facédelle un agasallo lembrándolla nesta data tan significativa para que nunca a esquenza.

Facédelle ver tamén o afortunadas que son polo feito de nacer nunha época e nun país no que as mulleres desfrutan dos mesmos dereitos e privilexios ca os homes porque aínda que é o xusto e o normal non sempre foi así, e nalgúns lugares do mundo desgrazadamente aínda non o é. E, por suposto, que valoren os esforzos doutras mulleres e tamén de moitos homes que loitaron e loitan pola igualdade. FELIZ DIA!

Unha aperta,

Ysa, a mestra da Escola de Abuín.

O NOSO AMIGO DANIEL

Recibimos a visita da nosa amiga Silvia que traía con ela unha grande sorpresa. Aínda que o noso amigo Daniel sempre está presente na nosa biblioteca, agora vaino estar pero de verdade, porque temos un fermoso boneco elaborado por Silvia que nos acompañará coa súa presenza. MOITAS GRAZAS SILVIA!! por esta fermosura de Daniel. ES UNHA ARTISTAZA!!!

MOITOS BICOS D@S NEN@S DE ABUÍN E DO -AGORA TAMÉN- TEU DANIEL Beso

 

A CHEGADA DO OUTONO

Cando chegou o outono,

o primeiro que fixemos foi sair ao patio a recoller follas de diversas formas e tamaños. 

Debuxamos todo aquelo que sabiamos do outono,

que resultou ser moito máis do que pensabamos.

Coa colaboración das nosas familias,

degustamos unha rica merenda de froitos do outono...

 da que demos boa conta Risa 

despois de observalos, ver de que cor eran, como era a súa textura, comparar como eran por dentro e por fóra, ulilos...

 

E aquí tedes algúns traballiños: o mural do outono e a aldea de Abuín,

que adornamos con elementos da estación.

Así locen agora na nosa escola:

 

 

 

 

 

ARTE-FOLLA

Coas folliñas que recollimos no patio e outros elementos naturais (landras, paos, sementes...) elaboramos a nosa dibu-galería de ARTE-FOLLA. Foi unha actividade colaborativa na que nos axudamos os uns aos outros porque, como é lóxico, dúas imaxinacións traballan máis ca unha. Estes son os resultados, que vos parecen?

O DÍA DO SORRISO

Na Escola de Abuín abraiámonos de que existan tantas conmemoracións, pero esta fíxonos moita graza: o 4 de Outubro foi O DÍA DO SORRISO. Ós nenos e nenas desta escola sorprendeunos... acaso non deberiamos sorrir todos os días? Non imos enumerar aquí os beneficios de sorrir, só dicir que SE VES A ALGUÉN SEN UN SORRISO, DÁLLE O TEU! Aquí vos deixamos as nosas, con estas fermosas fotos imos facer uns crebacabezas. MIL BICOS E SORRISOS!Sorriso

 

 

PARTICIPAMOS NO CONCURSO "METE UNHA VACA NO ACUARIO"

Participamos nun concurso proposto polos Museos Científicos Coruñeses  e consistente en decorar unha vaca con motivos relacionados coa acuicultura. Pareceunos unha proposta interesante e o premio: unha visita ao museo, resultounos non menos atractivo. Así decoramos vacas con manchas de mexilón, vacas cubertas de "algas mariñas", vacas que comparten cola cunha carpa... en fin, a nós parécennos unhas vacas cando menos orixinais, non si? Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

http://es.mc2coruna.org/2013/10/mete-una-vaca-en-el-aquarium.html

ACEPTAMOS A INVITACIÓN DO NOSO AMIGO DANIEL PARA A SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA E MÚSICA

O pasado día 11 de novembro desprazámonos en autobús ata a sede do C.R.A. en Asados para asistir á primeira sesión trimestral de Animación á lectura e Educación Musical do curso. Días antes recibiramos na nosa Escola unha carta-invitación do noso amigo Daniel que prometía moitas sorpresas. Así foi, como por arte de maxia a biblioteca da sede convirtírase nun luxoso castelo onde as súas maxestades, o Rei Sindo e a Raíña Adolfina nos recibiron con moito agarimo. Escoitamos a espeluznante historia de "A figueira de Pelostortos", un xigante non moi valente e nada xeneroso, e bailamos e cantamos o moderno rap do conto.

 


Ademáis, co mestre Rubén acompañamos con instrumentos de percusión e danzamos a Suite Orquestral nº 2 en si menor de Johann Sebastian Bach.

 

 


E aínda nos quedou tempo para ler o conto colectivo que arredor da temática do medo fixeramos xunto coas Escolas de Rañó e Pazo. Amosámosvos un anaquiño...

 

 

 

Que si nos gustou? Ollade esta imaxe: VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS!!!

 

COMEZA A CELEBRACIÓN!

OLA A TOD@S! Un curso máis, a Escola de Abuín inicia a súa actividade na web do C.R.A. E facémolo nunha escola con espazos renovados, acorde ás idades do noso alumnado que este ano académico cursan ensinanzas de 4º e 5º de Educación Infantil e... como non? con novas ilusións, novos proxectos, novos sorrisos...

Este é o noso paraíso... e queremos compartilo con tod@s vós. E posto que este curso imos traballar arredor das celebracións... BENVIDOS E... QUE COMECE A FESTAAAA!! 

MATERIAL IMPRESO PARA O CURSO 2013/2014

 

Material impreso 4º de Educación Infantil (3 anos):

  • Mis trazos 1. Santillana. ISBN 978 84 680 1535 4.

  • Mis trazos 2. Santillana. ISBN 978 84 680 1536 1.

 

Material impreso 5º de Educación Infantil (4 anos):

  • Mis trazos 1. Santillana. ISBN 978 84 680 1535 4.

  • Mis trazos 2. Santillana. ISBN 978 84 680 1536 1.

  • Cheeky Monkey 2. Ed. McMillan. ISBN 978 0 2300 1148 9.

 

Material impreso 1º de Educación Primaria.

  • Matemáticas 1 Proyecto "Los caminos del saber". Ed. Santillana 2011. ISBN: 978 84 294 9124 1.

  • Música 1. Ed. Anaya 2011. ISBN: 978 84 678 0001 2.

  • Inglés FIND OUT 1, PUPILS BOOK. Ed. McMillan. ISBN: 978 1 4050 7816 0.

 

Material impreso 2º de Educación Primaria.

  • Matemáticas 2 Proyecto "Los caminos del saber". Ed. Santillana 2011. ISBN: 978 84 294 9670 3. 

  • Música 2. Ed. Anaya 2011. ISBN: 978 84 678 0003 6. 

  • Inglés FIND OUT 2, PUPILS BOOK. Ed. McMillan. ISBN: 978 1 4050 7826 9.

Distribuir contido