2018-2019

Documentación do centro xerada no curso 2018-2019

Censo electoral familias 2018

Aquí podes consultar o censo no que figuran os membros das familias que teñen fillos ou fillas escolarizadas no C.R.A. de Rianxo.

Se non apareces ou observas algún erro, podes formular alegación ao censo ata o día 19 de novembro.

1.- Censo electoral familias

2.- Modelo de alegacións ao censo

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2018

Por resolución  do 25 de setembro de 2018 (DOG 8 de outubro de 2018) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocanse as eleccións para a renovación do Consello Escolar.

O Consello Escolar é organo de goberno principal dos centros educativos, a participación de todas as persoas é moi importante para acadar unha educación pública  que axude a formación de calidade, social e responsable dos nosos nenos e nenas.

Aquí podes acceder á seguinte información:

1.- Escrito ás familias

2.- Circular do Consello Escolar de Galicia

3.- Resolución pola que se convocan as eleccións para a renovación dos Consellos Escolares dos centros públicos de Galicia.

Outra información e documentación á que podedes acceder

1.- Información lexislativa

2.- Censo familias

3.- Calendario electoral

MAGOSTO 2018

(Ilustración de Suso Cubeiro para O Señor Mago e a folla, de Toño Nuñez)

XA ESTAMOS NO TEMPO DAS FOLLAS SECAS E DAS CASTAÑAS!
PERO PARA CELEBRARMONOS O MAGOSTO PRECISAMOS DUNHA MAÑÁ SEN CHUVIA, PARA ENCHER O PATIO DA ESCOLA DE RAÑÓ COS NOSOS XOGOS E CANTOS.
TAN PRONTO SAIBAMOS QUE ESCAMPA POÑEREMOS DATA E HORA A NOSA PRIMEIRA GRANDE FESTA DO CURSO.
ATENTAS E ATENTOS!
 

Chega o outono

Hoxe que é mércores 31 de Outubro estiven na Escola de Abuin. Alí estaba a profe Ana e todos os nenos e nenas, Uxía, Sara e Sofía, Aitana, Dylan, Gael, Alejandra e Noa, Alén, non sei me esquezo de alguén. A profe Ana trouxo unha bolsa da compra con moitas cousas para facer postres de outono e de medo: mandarinas decoradas, basoiras ...

Antes de comezar cantaron unha canción para saudarse, non lembro ben a letra, sei que remataba coa pregunta "Sodes felices", todas e todos dixemos que sí, claro, moi felices, agardando por uns postres tan ricos. Aquí vos deixo algunhas fotos do que vin en Abuin hoxe.

 

   
   
   
 
   

Bos días de outono a todas e a todos. E agardo que sexades moi felices todas e todos, como decía a canción que cantaron na Escola se Abuin para saudarse.

Tobías

Dia das bibliotecas

O día 24 de outubro celebrase o Día da Biblioteca que está especialmente adicado ao público infantil e xuvenil.

A proposta desta celebración xurde da Asociación Española de Amigos lo Libro Infantil e Xuvenil apoiada polo Ministerio de Cultura en recordo da destrucción na Biblioteca de Saraxevo en 1992.

Despois das obras na sede as profesoras e profesores estan ordenando a nosa Biblioteca de Daniel que pronto estará preparada para recibir aos nenos e nenas do C.R.A. e as súas familias.

Inda que non está preparada para recibirvos, as profesoras do Equipo de Biblioteca, prepararon un expositor con libros de medo, agora que se achega Novembro co Magosto, o Samain, e o día de Santos e Difuntos.

Aquí vos deixo unha foto do expositor a ver se recoñecedes algún libro: 

Expositor Biiblioteca de Daniel

 

Xa me despido convidando ás familias a visitar con vos  as bibliotecas que temos perto: a Biblioteca Municipal ou as Bibliotecas dos Colexios que non están en obras coma o noso. Tamén podesdes visitar o Blog das Bibliotecas Escolares de Galicia, sempre hai novas interesantes.

Boas lecturas en boa compañía.

Tobías

Orientación

 

 

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

Benqueridos amig@s!

Despois dun longo verán estou de volta convosco! Que ledicia vervos a tod@s de novo nas escolas. Sei que moit@s de vós tedes ganas de vir á biblioteca, pero nestes momentos estámola arranxando, xa que de tanto disfrutala estaba xa moi velliña. Pero prométovos que cando a vexades de novo, pagará moito a pena a espera!
Polo momento, estou desexando que me presentedes a tod@s os vosos novos amig@s de 3 anos! E para iso déixovos aquí este bonito video sobre min e as cousas que fixen, para que me presentedes aos nov@s amig@s!
Benvid@s de novo e moitos moitos bibliobicos para tod@s!

Daniel.

 

CONCERTO DIDÁCTICO

O MARTES 18 DE SETEMBRO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA DE RIANXO PARTICIPOU NUN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO PROPOSTO POLA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.

NESTA OCASIÓN, 1 TUBA, 1 BOMBARDINO E 2 TROMBÓNS ACHEGARÁRONNOS Á MUSICA DE CINE.

INICIO DE CURSO 2018-2019

BENVID@S AO NOVO CURSO

 O luns día 3 de setembro deron comezo as actividades do curso 2018-2019.

A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase nas aulas do CRA o mércores 12 de setembro, en horario de 10:00 a  12:00 h.

COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

As familias que precisen comunicarse co centro antes do 12 de setembro, poden facelo na sede do CRA na Atalaia- Asados en horario de 10:00 a 13:00 h.

ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO, 3 DE SETEMBRO

- Reunión xeral ás 11:00 na sede do CRA de Rianxo. Os mestres e mestras titor@s deben pasar antes polas escolas.

- As profesoras e profesores de nova incorporación ao centro deben achegarse á sede ás 10:00 h para realizar a toma de posesión.

Distribuir contido