Educación Musical

A FRAUTISTA DE HAMELIN

Na escola de Rañó fixemos unha xuntanza moi especial, pasamos o día cos nenos e nenas da escola de Abuín. A profe Rosa fixo uns xogos moi divertidos de presentación, por si algún ou algunha de nós todavía non nos coñecíamos. Con motivo da celebración do día da auga, investigamos sobre aquelas accións que podíamos levar a cabo para aforrar auga. E vaia se discurrimos que sairon cousas fascinantes!!!


Pero o momento máis especial do día foi a chegada dos músicos e músicas de Rianxo. Escoitamos ao mestre Rubén narrando o conto de "A frautista de Hamelin", acompañado pola melodía dos instrumentos. Se incluso escoitamos os chirridos dos ratos!!! Mamás, irmáns, avoas e avós nos acompañaron e, por suposto, agradecerlles a súa presenza.


Chegou a hora da merenda... ummm, despois de tanta actividade xa nos veu a fame, e que mellor maneira de gozar da merenda que ao fresco das árbores.


Xogamos aos relevos coa mestra maría e rematamos o día cun xoguiño da auga "Se aforramos, todos e todas gañamos".


Bueno, pero casi mellor O VEMOS:



 

A FRAUTISTA E OS OUTROS MÚSICOS

MOITO GOSTAMOS DO CONCERTO DA FRAUTISTA DE HAMELIN.
BUENO, DA FRAUTISTA, DO TECLISTA, DO SAXOFONISTA E DAS CLARINETISTAS !!
GOSTAMOS DA HISTORIA, DA MÚSICA, DA INTERPRETACIÓN...
E CANDO REMATOU: ENTREGAMOS AS MOEDAS DE OURO, FALAMOS UN POUQUIÑO E TOCAMOS INSTRUMENTOS !! ( TOCÁMOLOS COAS MANS, PERO TOCÁMOLOS!!!)

Gozando coa música e cos contos

Este segundo trimestre non podía faltar a visita a nosa BIBLIOTECA. Alí realizamos unha gran variedade de actividades organizadas por dous mestres: Rubén e María.   


Con Rubén descubrimos a música de Haendel, escoitando as súas obras, gozando coa práctica instrumental e danzando ao ritmo da música. 


Coa mestra María escoitamos contos narrados e os visualizamos a través da pantalla dixital. Ademais presentamos algúns dos nosos traballiños recollidos no caderno de Daniel.


La fábrica de nubes. Arianne Faber



         


El mundo al revés. María Helena Walsh


Aquí vos achegamos unha pequeña mostra desta sesión... Gozade con ela!!! Grazas María, grazas Rubén. 


     

CONCERTO DIDÁCTICO

VARIOS MEMBROS DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁN REALIZANDO NAS NOSAS AULAS O CONCERTO DIDÁCTICO " A FRAUTISTA DE HAMELIN".

A OBRA, DE COMPOSICIÓN PROPIA, ESTÁ DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR: MESTRES, ALUMNOS E FAMILIAS
*
CONSULTADE ESTA NOVA NA

Escola do Pazo

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

Escola de Capela

MÚSICA ACUÁTICA

A PRINCIPIOS DO SÉCULO XVIII ( XA VAN ALÁ 300 ANOS ), GEORG FRIEDRICH HAENDEL COMPUXO UNHA MÚSICA ESPECIAL.

O REI DE INGLATERRA QUERÍA ESCOITAR UN CONCERTO MENTRAS NAVEGABA POLO RÍO TÁMESIS E, COMO DAQUELA A MÚSICA NON SE PODÍA GRAVAR, HAENDEL COMPUXO TRES SUITES DE MÚSICA ACUÁTICA  PARA QUE CINCUENTA MÚSICOS A INTERPRETASEN NUNHA BARCA QUE NAVEGABA A CARÓN DA DO REI.

RUBÉN, O NOSO PROFESOR DE MÚSICA, PRESENTOUNOS A HAENDEL E A SÚA MÚSICA ACUÁTICA NAS SESIÓNS QUE REALIZAMOS DURANTE A PASADA SEMANA EN ASADOS.

CON ESTA HISTORIA, REMONTÁMONOS A AQUELA ÉPOCA E POIDEMOS SENTIRNOS MÚSICOS NA BARCAZA OU DANZANTES NUN SALÓN REAL.

A aula de música e a biblioteca

Aínda que xa pasou tempo desta saída, os nen@s de Rañó e as mestras non a esquecen. Que ben o pasamos co mestre Rubén, cantando, tocando diversos instrumentos, danzando... E coa mestra María gozando coa lectura do conto de Pétala e descubrindo un recuncho tan marabilloso como é a biblioteca.

GRAZAS POR FACERNOS DISFRUTAR TANTO! Esperamos con impaciencia a próxima saída.

 

SEMANA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

OS DÍAS 15, 16 E 17 DE NOVEMBRO TODALAS ESCOLAS DO CENTRO PARTICIPARON NAS SESIÓNS DE MÚSICA E BIBLIOTECA ORGANIZADAS NA SEDE DO CRA EN ATALAIA, ASADOS.

SE QUEREDES VISIONAR AS DISTINTAS NOVAS ELABORADAS POLAS ESCOLAS SOBRE ESTAS ACTIVIDADES PREMEDE NOS SEGUINTES ENLACES:

Música e Biblioteca. Escola de Capela

Aula de música. Escola de Cruceiro

Onde estás? Escola de Cruceiro

Biblioteca e Aula de música. Escola de Pazo

Sesión de biblioteca e música. Escola de Outeiro

Aula de música e biblioteca. Escola de Rañó 

 

AULA DE MÚSICA

ATENCIÓN, ATENCIÓN!

OS VERMES XA ESTÁN A SUBIR POLAS BAQUETAS...

OS MÚSICOS XA TOCAN OS SEUS INSTRUMENTOS...

É O MOMENTO DE CANTAR...

E DE BAILAR...

É A AULA DE MÚSICA!!!

DEBUXOS DA AULA DE MÚSICA

ESTES SON OS DEBUXOS QUE FIXEMOS  

 DA AULA DE MÚSICA  

   
   
   

 GUSTOUNOS MOITO A GAITA E,

GUSTARIANOS 

 APRENDER A TOCALA

 

 

 

AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE MARZO, TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. DESPLAZARANSE Á SEDE DO CENTRO ( EN ATALAIA, ASADOS ) PARA REALIZAR AS SESIÓNS TRIMESTRAIS DE MÚSICA E BIBLIOTECA.

Distribuir contido