2013-2014

A Festa do Santísimo

 

 

Ola a todos e a todas os nenos e nenas de Reli do CRA estamos rematando o noso percorrido a través das festas relixiosas tradiconais. E chegado o mes de xuño non podíamos rematar o curso sen adicarlle un ratiño a coñecer a tradicional "Festa do Corpus Christi" popularmente coñecida como "O Día do Santísimo".

A través dunha presentación de imaxes en power-point descubrimos que sempre se celebra no mes de xuño despois do día de Pentecoste, e que é unha festa adicada ao sacramanto da Comunión, de ahí o nome tan raro que recibe (jajaja) "Corpus Christi" está en latín e significa "Corpo de Cristo". E tamén descubrimos que o elemento máis característico deste día é a tracicional "procesión das alfombras"

 

 

Coñecimos para que se fan, como se fan, cando se fan, que materiais se utilizan na súa elaboración....

 

 

Tamén aprendimos que admiten gran cantidade de motivos nos debuxos que se representan, tanto relixiosos como florais, elementos do entorno....

 

 

E tamén aprendimos que é neste día cando nas parroquias se celebran as Primeiras Comunións e que despois os nenos e nenas poden desfilar na procesión acompañando ao Santísimo:

 

 

Tamén aprendimos que esta festa tradicionalmente se celebraba en xoves, ata o ano 1989 que foi trasladada ao domingo. Aínda que en moitas localidades tanto dentro como fóra de Galiza séguese celebrando en xoves como festivo local. Esta festa é moi popular e está moi arraigada na nosa cultura, en case todos os pobos fanse as tradicionais alfombras, e aquí en Galiza temos o pobo de Ponteareas onde se dí que se fan as alfombras máis fermosas do mundo, foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional, e cada ano ven xente de todas as partes do mundo para contemplar as alfombras consideradas obras de arte efímero. En relación con todo isto tamén aprendimos un refrán popular que fai referencia a estas festas relixiosas celebradas en xoves:

Tres xoves hai no ano

que relucen máis que o Sol

Xoves Santo, Corpus Christ¡

e o Día da Ascensión

 

Para rematar coloreamos uns debuxos sobre a actividade. Os máis pequeniños fixemos este:

 

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixemos este:

 

E os nenos e nenas de Primaria coloreamos este:

 

E andando, andando... rematamos a actividade e con ela o curso, só nos restaba eleborar uns cartafois onde gardar os nosos traballos para levalos á casa e compartilos coas nosas familias. Este foi o resultado:

 

 

Os nenos e nenas de 2º de Primaria ademáis levaron uns sobres onde recolleron os seus traballos sobre o Ciclo Litúrxico:

 

Con estas actividades rematamos o curso 2013-2014, un curso marabilloso cheo de descubrimentos e emocións. Esperamos que gozásedes dos nosos traballos que nos encanta compartir con todos vós a través do noso portal. De parte de todos os nenos e nenas de Relixión do CRA (e tamén da profe Celia) moitísimos bicos a todos e a todas e felices vacacións! Vémonos en setembro!

Rematando o Ciclo Litúrxico

Ao longo deste curso que está a punto de rematar os nenos e nenas de Reli seguimos coa nosa investigación a cerca do Ciclo Litúrxico. Despois do Tempo de Nadal entramos nun período de Tempo Ordinario que aproveitamos para coñecer as vestimentas litúrxicas que utilizan os sacerdotes ao longo do ano, e aprendimos moitas cousas: como son, cando se utilizan, a súa orixe, o significado..... Recollimos o noso traballo nus libriños que vos mostramos a continuación

Despois chegou o Tempo de Coresma, Semana Santa e Pascua. Para celebrar o tempo de Pascua fixemos un cadriños sobre a Resurrección de Xesús:

Despois adicamos un ratiño a explicar o Día de Pentecoste, que é o día no que remata o Tempo Pascual e fixemos estas tarxetas

 

onde recollemos dous dos símbolos máis coñecidos asociados con esta data na cultura cristiá: unha pomba branca representando ao Espirito Santo e as linguas de lume como representación da súa forza.

Para rematar esta viaxe nos centramos no Día de Corpus Christi, e fixemos unhas tarxetas conmemorativas:

 

E así rematou o noso percorrido polo ano litúrxico, esperamos que vos guste moito o noso traballo. Moitos biquiños e ata a próxima!

DÍA DE DESPEDIDAS...

CHEGOU O DÍA TAN ESPERADO...

 DÍA QUE TIÑAMOS MARCADO CUNHA ESTRELA NO NOSO ALMANAQUE INDICANDO QUE SERÍA O DERRADEIRO DESTE CURSO...

DÍA QUE IRIAMOS OUTRA VEZ DE VISITA Á PRAIA DA TORRE,...DÍA QUE INDICABA QUE NON TERÍAMOS QUE MADRUGAR,...

QUE  ESTÁ MÁIS PRÓXIMO O VERÁN...

 

PERO Á VEZ UN DÍA EMOTIVO, UN DÍA DE DESPEDIDAS...

XOEL, DÍDAC, ADRIÁN, PAULA, NOA VARELA, DÍDAC E VALERIA,

OS NOSOS MAIORES, XA VAN PARA PRIMARIA

 

NOA E MOISÉS CAMBIAN DE COLE...(AQUÍ QUÉDANVOS MOITOS E MOITAS AMIGAS)

 

PARA TODOS E TODAS VÓS OS NOSOS MELLORES DESEXOS NA NOVA ANDAINA EN PRIMARIA!!!

UNHA APERTA MOI FORTE!!!

E NÓS VOLVEREMOS A VERNOS EN SETEMBRO, NUN NOVO CURSO.

 

 

SEVE E PAS PRESÉNTANNOS UNHA PATARROXA

SEVE E PAS, COA AXUDA DA SÚA BISAVOA. PRESENTÁRONNOS A UNHA PATARROXA,

UN PEQUENO TIBURÓN PROPIO DAS NOSAS AUGAS.

ANDANDO AO XEITO (PESCA DE XOUBIÑAS)  O AVÓ DE SEVE E PAS ATOPOU NAS SÚAS REDES ESTE EXEMPLAR TAMÉN CHAMADO PEIXE GATO.

...OUTRA DAS  RIQUEZAS DOS NOSOS MARES

 E A NÓS, MOITO NOS GUSTA QUE OS NOSOS MAIORES VEÑAN CONTARNOS A SÚA SABIDURÍA

MOITAS GRAZAS, BISAVOA

 

HORIZONTE 2030

 

MARÍA, DE ARENARIA, VEU PRESENTARNOS UN NOVO PROXECTO E Á VEZ CONVIDARNOS

A PARTICIPAR NEL O CURSO QUE VEN.

CONSISTE NUNHA SERIE DE ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS A POTENCIAR O MEXILLÓN

COMO XERADOR DE RIQUEZA LOCAL E COMARCAL.

COMO NOS PARECEU DE GRAN INTERESE, AGRADECEMOS A SÚA CONVIDACIÓN E ACEPTÁMOLA GUSTOSAMENTE.

 

MOITA SORTE CAMPEÓNS

REMATA O CURSO E CHEGA O MOMENTO DAS DESPEDIDAS...

OS MAIORES DA NOSA ESCOLA SE NOS VAN PARA O CASTELAO, BRAIS E LEO MÚDANSE DE POBO

E SAMUEL SE NOS MARCHA PARA SUIZA.  Triste

 

POLO QUE SON DÍAS NOS QUE SE MESTURAN SENTIMENTOS DE DE ALEGRÍA, POLA CHEGADA DAS TAN DESEXADAS VACACIÓNS DE VERÁN, PERO TAMÉN SIENTIMENTOS DE TRISTEZA, PORQUE Á VOLTA XA NON TEREMOS CON NÓS A TOD@S ELES E BOTARÉMOLOS MOITIIIIIÍSIMO DE MENOS.

POR ISO DENDE AQUÍ QUERÉMOSLLE FACER A TODOS ELES UNHA PEQUENA HOMENAXE

E DESEXARLLE MOITA SORTE NA SÚA NOVA ANDADURA.

 

AMIGUIÑ@S... AQUÍ TENDES ALGÚNS DOS VOSOS MOMENTOS DO PASO POLA ESCOLA DE RAÑÓ.

  

     

 

 

 

REPTILES

NO DÍA DE ESTUDO DOS REPTILES DEMOS A BENVIDA A UNHA IGUANA E A CINCO TARTARUGAS

E TODO O APRENDIDO INTENTAMOS DEIXALO REXISTRADO NOS NOSOS TRABALLOS

aula de 4 e 5 anos

DEBUXOS CON ALEGRÍA...

... PARA TER UN MELLOR DÍA

ESTES DEBUXOS, FEITOS CON TODA A FORZA DA NOSA ALEGRÍA, ESTÁN ADICADOS Á PROFE MARI CARMEN, AO SEU HOME E AOS SEUS FILLOS.

Nenas e nenos da aula de 4 e 5 anos

UN RECREO DISTINTO

DISFRUTANDO DUN SOLEADO RECREO COA HAMACA DO MESTRE JUAN

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O martes 17 de xuño tivo lugar ás 18:30 horas na sede do Cra de Rianxo, en Atalaia, Asados, unha reunión coas familias dos nenos e nenas que comezarán a súa escolarización no noso centro para o vindeiro curso 2014-15.

Consulta aquí a información relacionada co proceso final de matrícula

Distribuir contido