2011-2012

MARISQUEO A PÉ

Ola, son Paula e vouvos contar cousas que me contou a miña avoa das mariscadoras, porque ela tivo ese traballo durante moitos anos.

As mariscadoras o que fan é coller ameixas e berberechos e logo levalos para a lonxa, onde os venden e que así a xente os poida comprar.


 En casi todas as praias se recollen as ameixas e os berberechos e este traballo quen o realiza son as mariscadoras. Fano a poucos metros da auga e incluso algunas veces se teñen que meter no mar para poder coller as ameixas que están agachadas. Polo inverno tamén teñen que ir mariscar e estar abaixadas na auga… e aínda que leven un traxe de neopreno que as abriga teñen frío igual e é un traballo moi duro.

A ameixa encóntrase na area que é unha maneira de esconderse e estar a salvo cando a marea baixa.


Agora vouvos a contar para que se traballaba antes neste oficio. Pois as mulleres buscaban este traballo como unha axuda para a economía familiar, como xente que non tiña moito diñeiro ou tiña que ter cartos para poder pagar os seus gastos…

Pero na actualidade esto vese como un oficio calquera, e xa moita xente traballa a coller ameixas e berberechos, sobre todo a xente que vive nas costas e que ten as praias ó lado da casa.

Como podedes ver todas as que marisquean son mulleres !

PAULA CESPÓN

UN MAR MOI ESPECIAL

 

      Ao longo de todo este curso no CRA de Rianxo nos mergullamos nunha viaxe maravillosa para coñecer o mar. En Relixión, os nenos e nenas de Primaria tamén traballamos este tema pero dándolle un enfoque moi especial: a través dunha divertida actividade plástica sobre o mar, traballamos os valores cristiáns sobre a amizade.

     Dende o punto de vista cristián este concepto é algo fundamental xa que nos remite directamente ao concepto do “amor ao próximo” do que tanto falaba Xesús, por iso cada ano procuramos crear unha actividade na que traballamos valores tan importantes como o amor, o respeto, a tolerancia… e  procuramos traballar en grupo, axudándonos uns aos outros  compartindo o material.

    Con esta actividade aprendimos como facer un mar moi especial en 5 pasos moi sinxelos que agora vos mostramos:  

1.      1. Nunha cartulina branca debuxa o fondo do mar e repasao con rotulador negro. Nun folio a parte debuxa os animais mariños que máis che gusten e rapásaos tamén con rotulador negro.  E despois colle unha blonda de papel e píntalle os bordes de dourado:

        

        

     

  

 

          2.  A continuación  pensa un nome para o teu mar, escríbeo e repásao con rotuladores de cores. Dentro dos peixes escribe palabras que reflictan os valores da amizade como amor, cariño, respecto, paz… e repásaos tamén con rotuladores:

        

        

  

  

3.       3. Con ceras brandas colorea o fondo do mar e os peixes. E despois colle un trozo de papel e frótao con forza por enriba para difuminar o color:

         

         

  

   

4.       4. Despois recorta os peixes e pégaos no fondo do mar como máis te guste, e a cartulina co fondo do mar e os peixes a pegas encima da blonda, deixando os bordes pintados de dourado a modo de marco:

         

          

  

  

 

5.       5. Por último decora con rotuladores dourados e prateados e con purpurina, e …tachán!, xa tes o teu “mar da amizade” para agasallar a quen ti queiras:

         


      


        Bueno xa ves o fácil que resulta esta actividade, e cando remates non só vas acadar un precioso cadro do mar, senón que se te mergullas coa túa imaxinación neste mar poderás pescar amor e amigos, e todo o que ti queiras. Polo que te  aconsellamos que  si te lanzas o fagas en compañía dalguén querido porque dese xeito desfrutarás o dobre. Se non nos crees mira a galería de fotos sobre a actividade  e xa verás que ben o pasamos nós todos xuntos:

 

 

Os nenos

e nenas de Primaria de Relixión do CRA de Rianxo vos envían moitos bicos ¡ata a próxima!

XOGOS CON PARACAÍDAS

PARA REMATAR O CURSO ADICAMOS UNHA SESIÓN A XOGOS COOPERATIVOS CON PARACAÍDAS. XOGAMOS A ONDIÑAS E TEMPORAL, AOS INTERCAMBIOS BAIXO O PARACAÍDAS, AO GATO E O RATO, O CANGREXO, FACEMOS PALOMITAS,... E O QUE MÁIS NOS GUSTA: AS OVELLIÑAS E O LOBO.

 

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes de Xuño

e xa por adiantado os do verán, polo que podemos dicir que:

Iria ten 8 anos, Noe 7 e Iker, Félix e Kiara xa son chic@s de 4!

PARABÉNS!!!

GAIVOTA PATIAMARELA

AS GAIVOTAS PATIAMARELAS SON  BEN COÑECIDAS POR NÓS. EN RIANXO PODÉMOLAS VER CON FRECUENCIA.

NA ILLA DE SÁLVORA, PUIDEMOS, SEN EMBARGO, OBSERVAR O QUE NUNCA VÍRAMOS EN RIANXO: AS SÚAS CRÍAS POUCO DESPOIS DE TER SAÍDO DOS OVOS!

GASTÓN, UN TIBURÓN TOURO

Eu fun ó Aquarium Finisterrae a visitar a Gastón, un tiburón touro (Carcharias taurus) de 3 metros de lonxitude e 100 quilos de peso.

Gastón naceu hai 16 anos fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Cando tiña 3 anos foi capturado e trasladado a un acuario de Francia e anos máis tarde ó de Coruña.

Os tiburóns touro viven preto da costa e cazan en grupo, sobre todo cara ao crepúsculo. Son depredadores voraces que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos.
Ademais, son os únicos tiburóns que saen á superficie para tomar aire. Gárdano no estómago para manter a súa flotabilidade e non afundirse ata o fondo.

Fran

FISTERRA, O FIN DO MUNDO

ESTE QUE VEDES ÁS MIÑAS COSTAS É O MAR DE FISTERRA.
CANDO CHEGARON A ESTE LUGAR OS ROMANOS NON TIVERON DÚBIDA EN CHAMARLLE "FINIS TERRAE" , O FIN DA TERRA.
DURANTE CENTOS DE ANOS PENSOUSE QUE NESTAS AUGAS, ONDE O SOL SE DEITABA TÓDALAS NOITES,  ESTABA O FIN DO MUNDO E SE ABRÍAN AS PORTAS DOS CEOS OU DOS INFERNOS...

Fran

PUNTA DO SALTO LADRÓN

ESTA É A PUNTA DO SALTO LADRÓN.
AÍNDA QUE COA MAREA CHEA PARECE UNHA ILLA, NA BAIXAMAR VESE QUE ESTÁ UNIDA Á COSTA

MEUS PAIS CONTÁRONME UNHA HISTORIA QUE EXPLICA A ORIXE DO SEU NOME:

HAI MOITOS ANOS EN ESPAÑA HOUBO UNHA GUERRA QUE DIVIDIU Á XENTE EN DOUS BANDOS. OS QUE GAÑARON A GUERRA FIXERON MOITOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN ONDE APRESARON A MOITAS PERSOAS. EN RIANXO TAMÉN FIXERON UN.

DAQUELA NON HABÍA ESTRADAS COMA AS DE HOXE E PARA MOVER Á XENTE DUN LADO A OUTRO DA RÍA ERAN MOI BÓS OS BARCOS.

NUNHA NOITE DE MOITA NÉBOA, UN BARCO CARGADO DE PRESOS QUE SE DIRIXÍA A RIANXO AGHEGOUSE MOITO A TERRA. ENTÓN UN DOS PRESOS SALTOU A AUGA , SUBEUSE Á PEDRA QUE VEDES NA IMAXE E DENDE ALÍ ESCAPOU PARA O MONTE.
OS GARDAS ADOITABAN CHAMARLLE ÓS PRESOS "LADRÓNS"  E POR ESO NAQUELA NOITE, VENDO COMO SE LLE ESCAPABA UN DELES, PUXÉRONXE A BERRAR:" Ó LADRÓN! Ó LADRÓN!!"...

E POR ISO A ESTA PUNTA CHÁMANLLE PUNTA DE SALTO LADRÓN

Familia de Fran

DO RÍO DE MUÍÑOS Ó RÍO DA GRENLA

 


Á ESQUERDA PODEDES VER O RÍO DE MUÍÑOS

ANTIGAMENTE DENDE AQUÍ TIRÁBANSE DOS APARELLOS  DENDE A TERRA. OS MARIÑEIORS SAÍAN NUNHA LANCHA DE REMOS E ÍAN SOLTANDO A REDE POLO MAR. DESPOIS TRAÍAN AS DÚAS PUNTAS DA REDE A TERRA E DENDE ALÍ A XENTE TIRABA , ATA QUE A REDE CHEGABA Á PRAIA CHEA DE PEIXE: SARDIÑAS, XOUBAS, ALGUNHA RAIA E, CON SORTE, RABALIZAS

Á DEREITA, O RÍO DA GRENLA

ESTE Á UNHA ZONA DE INMENSA RIQUEZA DE FLORA E FAUNA. NA DESEMBOCADURA DO RÍO DA GRENLA HAI MOITOS LOUREIROS, AMENEIROS, SALGUEIROS, CARBALLOS, PIÑEIROS E EUCALIPTOS.
OS XIRÍNS, PEGAS, CORVOS, POMBAS TRUCAZAS, XÍLGAROS, MERLOS, RULAS, MIÑATOS, CURUXAS, AGUIAS CULEBREIRAS, COELLOS, XABARÍNS E RAPOSOS CONVIRTEN ESTE LUGAR NUN PUNTO DA COSTA DE RIANXO CUNHA GRANDE DIVERSIDADE DE FAUNA.

FRAN

Fran cun colar de margaridas collidas no río da Grenla

NA PRAIA DE TRONCO

NA PRAIA DO TRONCO, COA SÚA FINA AREA, A MIÑA IRMÁ NOELA E MÁIS EU FIXEMOS UN CASTELO E ADORNÁMOLO CON ALGAS E CUNCHAS.

EU TAMÉN FIXEN UN RÍO E NON SE SABÍA SE O RÍO COLLÍA A AUGA DO MAR OU O MAR COLLÍA A AUGA DO RÍO...

FRAN

Distribuir contido