Admisión de alumnos/as para o curso 2009-2010

Dende o 2 ata o 31 de Marzo, permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo para o curso 2009-10

  1. Documentación:
    1. Solicitude de admisión, follas 1, 2 e 3
    2. Fotocopia da folla do libro de familia na que está anotado o alumno ou alumna
    3. Certificado de empadroamento (obténse nas oficinas do Concello)
  2. Os modelos para a solicitude están dispoñibles:
    1. Na Sede do C.R.A. en Atalaia Asados, Escolas Antigas
    2. Nas Escolas
    3. Nesta web
    4. Na web da Consellería de Educación
  3. Unha vez cubertos e asinados entregaránse antes do 31 de Marzo ben na Sede do C.R.A., ben nas Escolas .
  4. Documentación que se pode baixar desta web:
    1. Documentos de solicitude  e información (formato pdf)
      1. Documento 1
      2. Documento 2
      3. Documento 3
      4. Información 1
      5. Información 2
    2. Vacantes en cada unha das escolas. Naquelas
      escolas nas que as vacantes sexan inferiores á demanda de prazas,
      abrirase un procedemento selectivo conforme ao disposto no Decreto de
      Admisión 30/2007
    3. Telefonos das escolas
    4. Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do
      alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten
      as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
      educación.

LÉMBRASE QUE O PROCESO DE MATRÍCULA CONCLUIRÁ NO MES DE XUÑO CANDO O
EQUIPO DIRECTIVO DÉ INSTRUCCIÓNS PARA PROCEDER Á FORMALIZACIÓN DA
MATRÍCULAS A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS ADMITIDOS E ADMITIDAS.