Memoria de Relixión Católica . Curso 2010- 2011
Ao longo deste curso na asignatura de Relixión Católica traballamos un montón e aprendimos moitas cousas, por iso querémosvos mostrar un resumen do noso traballo.
Aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, sobre os valores cristiáns e sobre a Igrexa traballando cos nosos libros de fichas:
Tamén aprendimos cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia:
Fixemos debuxos dos Reis Magos, de procesións, ou sobre a nosa familia...e cando rematabamos o traballo a profe deixábanos debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño, por iso non fixemoa moitos debuxos:
Tamén traballamos co ordenador e ca pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no portal educativo do CRA, como cando fixemos un intercambio de tarxetas para conmemorar o Día da Paz, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:
E despois fixemos "cousiñas" para levar para a casa. Polo Nadal fixemos uns adornos para colgar na árbore, que vos mostramos a continuación:
Cando estudiamos o Sacramento do Bautismo deseñamos a nosa propia Cuncha Bautismal:
E os compañeiros de primaria fixeron unhas bonitas "Flores da Amizade", que supoñemos xa vístedes:
Bueno pois todo isto fixemos en Relixión, agora solo queda desexarvos a todos unhas felices vacacións, todo o mundo a descansar e a recargar pilas para iniciar o próximo curso cheos de ilusión i enerxía. Moitos , moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!
- APIs de Blogue