5ºB |
Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria adentrouse no coñecemento da unidade máis pequena dun ser vivo: a célula animal e a célula vexetal, indagando nos seus compoñentes e o seu funcionamento. Como resultado, cada alumno e alumna realizou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica e a Competencia Artística, nun clima de diversión e aprendizaxe.
|
|||
Este curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron na I Olimpiada Matemática do C.P.I. Cernadas de Castro. Nela enfrentábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida. |
|||
Coñecedes LIBROLAND? Libroland é o proxecto que aglutina todas as actividades que realizamos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria en relación coa lectura e a creación literaria: - Concursos literarios. - Booktube. - Tómbola lectora. - Exposicións temporais e outras actividades puntuais relacionadas coa lectura e a escritura.
Libroland conta, ademais dun espazo físico (o taboleiro do corredor) onde se expón a información sobre as actividades que realizamos, cun espazo virtual, dentro da plataforma Agueiro. Aí é donde se publica tamén a información sobre os concursos literarios, as fotografías tomadas na nosa "Tómbola lectora" (celebrada anualmente) e outras actividades, como a nosa canle de vídeos BOOKTUBE, onde o alumnado nos fala a través de vídeos sobre os libros que máis lle gustan.
Podedes acceder a LIBROLAND premendo na imaxe inferior, ou senón tedes tamén un acceso permanente na columna esquerda web do centro, na sección "Os nosos blogs".
Visitádenos!
|
|||
Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas! Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len! E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan. Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos! Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.
|
|||
No grupo de 5º B, en MaTeMáTiCaS Ma |
|||
En MaTeMáTiCaS MaN |
|||
O noso corpo por dentro ten un montón de aparatos encargados de realizar as funcións vitais: nutrición, reprodución e relación. Para estudalos pareceunos boa idea representalos con plastilina. Esta é unha mostra do noso traballo.
|
|||
En 5º B, dentro das nosas sesións de MaTeMáTiCaS M |
|||