LIBROLAND
Coñecedes LIBROLAND?
Libroland é o proxecto que aglutina todas as actividades que realizamos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria en relación coa lectura e a creación literaria:
- Concursos literarios.
- Booktube.
- Tómbola lectora.
- Exposicións temporais e outras actividades puntuais relacionadas coa lectura e a escritura.
Libroland conta, ademais dun espazo físico (o taboleiro do corredor) onde se expón a información sobre as actividades que realizamos, cun espazo virtual, dentro da plataforma Agueiro. Aí é donde se publica tamén a información sobre os concursos literarios, as fotografías tomadas na nosa "Tómbola lectora" (celebrada anualmente) e outras actividades, como a nosa canle de vídeos BOOKTUBE, onde o alumnado nos fala a través de vídeos sobre os libros que máis lle gustan.
Podedes acceder a LIBROLAND premendo na imaxe inferior, ou senón tedes tamén un acceso permanente na columna esquerda web do centro, na sección "Os nosos blogs".
Visitádenos!