Descubrimos o número π

No grupo de 5º B, en MaTeMáTiCaS MaNiPuLaTiVaS, quixemos poñernos na pel dos grandes matemáticos e levamos a cabo un proceso de descubrimento do número π:

  1. Buscamos pola aula obxectos con forma de circunferencia.
  2. Medimos a súa lonxitude e diámetro.
  3. Facemos unha división: lonxitude/diámetro.
  4. Comparamos os resultados.

 

E que descubrimos? Que os resultados eran moi semellantes!Sorprendido

 

As medicións non foran moi exactas, pero puidemos ver que os cocientes obtidos coincidían, cando menos, nas súas dúas primeiras cifras: 3,1...

O que obteriamos, en caso de que as medicións fosen exactas sería este número infinito, o número π, que é:

3,14159265358979323846…

 

Grazas a isto, puidemos obter a fórmula que nos permitirá calcular a lonxitude de calquera circunferencia:

L=diámetro x π

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 40 semanas
Enquisas hai 6 anos 39 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 38 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 38 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 37 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>