[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO.CURSO 2018_19

Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto relativos ao curso 2018/2019

FONDO SOLIDARIO 2018/2019

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2018/19.O prazo de reclamación rematará o 6/7/2018. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as listaxes de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria.

Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,30 h., ata o 25 de xullo de 2018.

PROXECTO RÍOS 2017/2018 - BAIXADA Ó RÍO PESQUEIRA (1º ESO)

 

 

 

Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. 

Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 

4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira.

Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.

 

Admisión ciclos de grao medio para o curso 2018-2019

O día 25  de xuño comeza o prazo de presentación de solicitudes para a admisión a ciclos formativos do curso 2018/2019. 

No documento adxunto pódese consultar o calendario completo do proceso de admisión e no seguinte enlace  toda a información relativa a ciclos:

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019

 

 

VISITA DE 1º ESO Á FUNDACIÓN MANOLO PAZ

O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista.

http://www.fundacionmanolopaz.gal/

 

Manolo Paz 02

 

A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

A Consellería de Educación publicou as listaxes definitivas de admitidos, ordenados por puntuación, para as actividades de formación en linguas estranxeiras.

 

Poden consultarse no taboleiro do centro e no seguinte enlace:

 

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

O MEU RECUNCHO LECTOR

Esta semana saberemos os nomes dos gañadores do concurso de fotografía. Mentres, ide mirando as instantáneas coas que participastes

PALABRAS NOSAS, PALABRAS FERMOSAS

Os alumnos e alumnas do club de lectura de 3º e 4º de primaria festexaron o día das nosas letras escollendo a palabra que máis lle gusta a cada un. Logo fixeron este mural:

 

Distribuir contido