[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde de 9 de maio de 2018 (DOG 95,  de 21/5/2018), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en  EP, ESO e EE.

·          Tipos de axuda e destinatarios.

-          Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos de  ESO.

-          Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

-          Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial.

·          Requisitos.

-          Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

-          Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

o    Os datos son os do exercicio fiscal de 2016.

o    Sumaranse os recadros 392 e 405 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/16.

o    No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal  de Administración Tributaria.

·         Presentación de solicitudes.

-          Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros  da Consellería de Educación.

-          Poden optar polas seguintes formas de presentación:

a)       No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2017 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula.Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase  e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar.

b)       Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.

·         Documentación que se debe achegar.

-          Anexo II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables.

-          Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2016 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …).

-           Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso.

-          Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso.

-          De non autorizar a consulta telemática,  á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2016 e o resto da documentación xustificativa.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO. CURSO 2018/19

No arquivo adxunto figura a listaxe definitiva do alumnado para o vindeiro curso escolar 2018/19.

Do 20 ao 30 de xuño este alumnado  deberá formalizar a matrícula.

OBRADOIROS DE DORES TEMBRÁS

E seguimos con actividades do Mes do Libro. Hoxe, una selección de alumnos de 5º e 6º de primaria e todos os de 4º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer á poeta Dores Tembrás e achegarse con ela ao labor da poesía. Moitas grazas, Dores, por vires ao noso colexio e aprendernos tantas cousas fermosas.

                   

alumnos de 5º e 6º de primaria

 

                 

                                  alumnos de 4º ESO

 

ESCRITORA MES DE MAIO

O Día das Letras Galegas está adicado a María Victoria Moreno, e o equipo da biblioteca súmase á homenaxe que lle renden todos os alumnos do CPI. É a autora do mes de maio.

Viaxe a Cantabria - Traballo mapas topográficos

Con motivo da viaxe a Cantabria do alumnado de 3º de ESO, estivéronse facendo na aula traballos previos con mapas topográficos dos lugares a visitar, así como o traballo coas diferentes escalas e medicións, a través da páxina web do Instituto Xeográfico Nacional, e cos perfís topográficos sacados a partires dos diferentes mapas.

 

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Os alumnos de infantil celebraron o Día do Libro compartindo con todos nós os seus libros "prefes". Non te perdas a exposición.

23 DE ABRIL. EXPURGO DE LIBROS

Celebramos o Día do Libro regalando libros!

Hoxe durante o recreo todos os rapaces e rapazas que quixeron levaron cadanseu libro. Se te esquenciches, aínda chegas a tempo: mañá repetimos!!!

           

LEONARDO E OS FONTANEIROS

 O luns 16 o alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu en Porto de Son á representación de Leonardo e os fontaneiros, adaptación para o teatro da obra da nosa homenaxeada María Victoria Moreno. Tivo moi ben acollida entre os  alumnos e alumnas do noso CPI.

               

Distribuir contido