[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde de 9 de maio de 2018 (DOG 95,  de 21/5/2018), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en  EP, ESO e EE.

·          Tipos de axuda e destinatarios.

-          Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos de  ESO.

-          Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

-          Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial.

·          Requisitos.

-          Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

-          Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

o    Os datos son os do exercicio fiscal de 2016.

o    Sumaranse os recadros 392 e 405 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/16.

o    No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal  de Administración Tributaria.

·         Presentación de solicitudes.

-          Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros  da Consellería de Educación.

-          Poden optar polas seguintes formas de presentación:

a)       No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2017 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula.Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase  e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar.

b)       Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.

·         Documentación que se debe achegar.

-          Anexo II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables.

-          Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2016 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …).

-           Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso.

-          Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso.

-          De non autorizar a consulta telemática,  á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2016 e o resto da documentación xustificativa.

·         Contía das axudas.

-          Libros de texto (só alumnado de 1º, 2º EP e NEAE):

o    170 € para as rendas per cápita inferiores a 5400 €

o    90 € para as rendas entre 5400 € e 9000 €

-          O alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% recibirá unha axuda de 250 € con independencia da renda per cápita familiar. Material escolar:

o    50 € por alumno cunha renda per cápita inferior a 5400 €.

·         Fondo solidario de libros.

-          Participan nel todos os alumnos dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos da ESO que presenten a solicitude pertinente.

-          A este alumnado asignaráselle os libros por orde inversa á renda per capita da unidade familiar ata esgotar as existencias do centro, se ben teñen preferencia os alumnos en garda e tutela da Xunta de Galicia ou aqueles cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

-          Cando os libros non cheguen, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios para entregar: 6 libros ás rendas inferiores a 5400 € e 4 libros ás situadas no tramo entre 5400€ e 9000 €.

·         Obrigas dos beneficiarios:

-          En caso de recibir vales para material ou libros de texto, deben adquirir os libros de texto indicados polo centro e o material escolar necesario.

-          Os participantes no Fondo deben devolver en bo estado os libros de texto recibidos ou mercados co Fondo do curso 2016/17 e comprometerse a conservar os que reciben para o curso 2017/2018. A non devolución será causa de exclusión da participación no fondo.

 

 

AdxuntoTamaño
Orde9maio2018_Fondosolidario.pdf1.13 MB
solicitude_anexos_I e_II.pdf2.02 MB